Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
O ORZAMENTO PÚBLICO EN ENSINO VENEZUELANO É UN DOS MÁIS ALTOS EN LATINOAMÉRICA

Unesco sitúa a Venezuela como un dos países sudamericanos con maior escolaridade

A Organización das Nacións Unidas para a Educación Ciencia e a Cultura (Unesco), situou a Venezuela como un dos países con maior número de escolarización no seu informe sobre os avances na educación da rexión suramericana.

Xurxo Martínez Crespo - 10:31 07/05/2008

Así o informou o director da Oficina Multipaís da Unesco para os países andinos, Edouard Matoco, durante unha reunión de traballo que sostivo co Ministro para a Educación Superior (MES), Luís Acuña.

"O obxectivo deste encontro é fortalecer a integración a nivel rexional. Eu creo que en materia de educación Venezuela executa estratexias acertadas que nós como organización compartimos", sinalou Matoco.

Neste encontro Matoco expuxo ante os representantes do MES os programas no ensino que adianta a Unesco como o que impulsa en materia de Dereitos Humanos.

"Tamén vimos traballando con todos os países para que se impulse unha educación intercultural, nese sentido imos organizar con Venezuela, Bolivia e Ecuador un encontro con mozos e profesores para intercambiar opinións sobre o tema da diversidade cultural", mencionou.

Ademais, resaltou o papel que asume Venezuela dentro dos programas de execución da Unesco.

O funcionario expresou a súa preocupación en relación ao tema da calidade da educación e a certificación de títulos entre países. "O desenvolvemento das nacións pasa pola formación dos países", dixo.

Pola súa banda, o ministro Luís Acuña recalcou que as nacións suramericanas deben entrelazarse en diversas áreas.

"Estamos impulsando a integración dos pobos en todos os niveis o cultural, educativo, económico e Venezuela está comprometido con iso", precisou.

Acuña expresou o seu interese nos programas que en materia de educación inclusiva promove a Unesco, xa que o goberno nacional através de distintos organismos e misións impulsa o recoñecemento dos sectores excluídos do sistema educativo.

Así mesmo, declasrou que o traballo que realiza o MES non só abrangue o ensino superior senón o tema da alfabetización e a análise do currículo nos distintos niveis educativos.

"Universalizar o ensino superior significa activar novas modalidades de estudos", indicou.

O próximo 4 de xullo realizarase en Cartaxena (Colombia) a conferencia mundial de ensino superior onde se discutirán todos os programas que executa a Unesco para a rexión andina e a nivel mundial.


3/5 (2 votos)