Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Consellaría dá marcha atrás

Educación Física recupera as súas dúas horas no Bacharelato

Esta cuarta feira modificouse o borrador do decreto que mantén a carga horaria desta materia.

Redacción - 18:10 07/05/2008
Imaxe das mobilizacións de CIG-Ensino e STEG

Imaxe das mobilizacións de CIG-Ensino e STEG

A Consellaría de Educación informou desta modificación de última hora á Confederación Galega de ANPAs e Centros Públicos (CONFAPA) e á Xunta Autonómica de Directores, durante unha xuntanza que mantiveron esta cuarta feira de mañá.

Após a reunión, Educación mandou un comunicado no que anuncia que vai aumentar nunha hora a carga horaria da materia de Educación Física, de tal xeito que pasa de unha a dúas horas á semana.

Unha hora máis para Educación Física, porque é no que máis "coincide a comunidade educativa"
O primeiro borrador do decreto que prepara o Goberno prevía, nun comezo, que esta materia ocupase só unha hora no primeiro curso (xusto o que estabelecen os requisitos mínimos marcados polo Ministerio de Educación e Ciencia), mais despois de "analizar na última semana as distintas opinións que espertou o borrador do decreto entre a comunidade educativa" (entre elas as mobilizacións e a folga, organizada polos sindicato CIG-Ensino e á que se sumou o STEG), decidiuse roubarlle unha hora á nova materia Ciencias para o Mundo Contemporáneo, e manter a ámbalas dúas materias coas súas dúas horas.

Filosofía e Historia quedan como estaban

En relación ás demandas de incrementar unha hora máis as materias de Filosofía e Cidadanía e Historia de España a costa de levar fóra do horario lectivo a materia de Relixión, a Consellaría subliña que esta posibilidade "non é viábel", debido ao acordo que ten o Ministerio de Educación coa Santa Sé (no que se salienta que esta materia debe ter unha "consideración fundamental").

Educación tamén adianta, no seu comunicado, que o proxecto do decreto, xa modificado, vai ser remitido "proximamente" ao Consello Consultivo de Galiza.


5/5 (2 votos)

Comentarios (12)

ecoe #1 7/Maio/2008 ecoe

Cómo non han deixar Filosofía/Historia como estaban os mexapilas do PRISOE. Íanse meter co Vaticano! Ha, ha, ha. Nin de coña!

ecoe #2 7/Maio/2008 ecoe

Ademáis a Filosofía e a Historia son "subversivas" en áulas, pois a pouco que se esperten os "tarriños" os estudantes, deseguida han comparar co presente (entre outras cousas tamén é historia e pasado)!

Albert #3 7/Maio/2008 Albert

Que noxo, e a relixión católica na escola pública. Creo que noutros lares mesmo a dereita sabe manexar un sistema público de ensino máis afastado da relixion.

UnDeTantos #4 7/Maio/2008 UnDeTantos

A correr!!!

cela #5 7/Maio/2008 cela

Si e que estes son de multiples cores...falan de educacion para a cidadania nas leis educativas e logo carganlle oras a relixion e aumentan un curso desta mesma...se en segundo a hai...habera exame de fe en selectividade?

bertus #6 8/Maio/2008 bertus

O PSOE de González xa quitara a filosofía de asignatura obrigatoria no bachelerato. Agora continúa o reducción e os convenios cos curas. Unha vergonza. No instituto os APAS e na Universidade os pedagogos sociais á quitarlle a autoridade aos docentes.
Hai unha asignatura que se chama Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Segundo estiven investigando (http://www.fq.profes.net/apiea... esta asignatura "servirá para que los alumnos aprendan a distinguir lo que es información científica de la que no lo es"; pois para iso deben pensar que mellor non saber nada de filosofía da ciencia. Pero como ese saber semella pouca cousa a asignatura servirá tamén pra "valorar el respeto al medio ambiente y a conocer cómo influimos los hombres en el calentamiento global del planeta; también tendrán la oportunidad de acercarse a las llamadas energías renovables, al reciclaje, a los nuevos materiales". As APAS queren que lle ensinen aos fillos a reciclar, debe de ser porque non o fan na casa. Menudas chorradas, agora resulta que a xeografía, a bioloxía, a física a historia ou a filosofía non serven pra explicar o quecemento global. Nestes tempos de pensamento único quérese facer ver que a historia e a filosofía nada teñen que ver co presente. As APAS van queren que lle ensinen aos fillos a reciclar, debe de ser porque non o fan na casa...

Dogma #7 8/Maio/2008 Dogma

¿e cando sae a relixión das escolas para pasala dunha vez á catequese coma é o loxico???????

sozinho #8 9/Maio/2008 sozinho

Bertus (#6). Non concordo con algúns excesos guerrilleiros, pois eu en todo caso estaría no bando guerrilleiro das Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Non o estou por carácter e porque ademais o nome e algúns dos seus contidos son pelín horteras. E para demostrar que a cultura sempre estará unida fronte á politiquiñas propagandeiras, concordo contigo en que o que máis urxe en educación é unha Historia e Filosofía da Ciencia (iso si, impartida por profesores de ciencias, preferentemente). Quero crer que este é un primeiro paso nesa dirección (co toque hortera de ZP, pero é o que hai). Por experiencia persoal e programas de filosofía, non concordo en que a Filosofía do Bacharelato coide suficientemente ese aspecto. Resumindo: Platón, Descartes, Marx... saíronme polas orellas mentres que Demócrito, Aristóteles, Newton, Bacon e Galileo ou non existiron ou só falaban de entelequias metafísicas, que en absoluto fan fe á súa grandeza de pensamento.

lea_de_castro #9 9/Maio/2008 lea_de_castro

e digo eu que mais dá como lle chamen as asignaturas? que máis dá que lle metan un tema máis sobre a reciclaxe(que sempre luce máis)?..ao fin serán asignaturas impartidas polo mesmos profesionais que "cumplen" ano tras ano cas súas obrigas como bós funcionarios...¿que faría cada un de nós se non tivesemos xefe no traballo ao que darlle contas?...Os servizos públicos coma educación son necesidades básicas na sociedade,con problemas obvios de solucións sinxelas, que a clase política emprega, unha vez tras doutra, no seu xogo estratéxico...(evidentemente sen importarlles un carallo a preparación, e pólo tanto á vida dos rapaces)

sozinho #10 9/Maio/2008 sozinho

#9. Lea, amiga. Lea.

Clausewitz #11 11/Maio/2008 Clausewitz

Mis amigos filósofos
http://es.geocities.com/filoso...

bertus #12 25/Maio/2008 bertus

sozinho, a filosofía da ciencia é unha rama da filosofía, non de ningunha ciencia particular. Anque sería moi bo para a disciplina que os estudantes de física, e outras carreiras de ciencias particulares, cursasen asignaturas de filosofía da ciencia. Pero mentres isto non sexa así, os máis capacitados para ensinar o que é coñecemento científico do que non o é son os lincenciados en Filosofía. Porque nas facultades de ciencias estúdase o cómo e non o por qué.
Poñer nun grupo a Platón e noutro a Aristóteles amosa, efectivamente, un prexuizo común acerca do que é a ciencia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: