Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN

A Xunta aproba o decreto que obriga a que os secretarios e interventores municipais coñezan a lingua do país

Estes funcionarios de habilitación estatal terán que ter un nivel equivalente aos Celga 4

Redacción - 20:00 08/05/2008

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto que regula a obrigatoridade de que os secretarios, interventores e tesoureiros dos concellos (de habilitación estatal) teñan un coñecemento mínimo da nosa lingua tanto a nivel escrito coma oral.

Nas bases do concurso ordinario para a cobertura de postos reservados a funcionarios con habilitación estatal e nas convocatorias para a provisión de postos polo sistema de libre designación, esixirase o coñecemento do idioma.

Os aspirantes ás prazas teñen que presentar a documentación dos Celga 4 ou doutros seminarios equivalentes. Os que non posúan estes títulos oficiais terán que pasar un exame.


5/5 (11 votos)


Comentarios (7)

Sabrexo #1 hai 3 dias Sabrexo

Pero como? Non era xa obrigatorio? Eu quedo abraiado.

ranciadas #2 hai 3 dias ranciadas

Non, non era obrigatorio e a medida paréceme caralluda, ademais de que en moitos concellos a figura do secretario-interventor está de máis supervalorada, pasando mesmo dos alcaldes. Algúns teñen certa impronta da ditadura aínda e convértense en verdadeiros xefes de persoal.

mceleiro #3 hai 3 dias mceleiro

Sabrexo, se realmente queres "flipar", podes ir ao departamento do "Servicio de Normalización Linguística" da Crunha, no edifício dos Ministérios, noveno andar, e ver com os teus próprios olhos a todos os funcionários falar em castelhano. Se lhes falas galego, "por imperativo legal", dirigirão-se a ti em galego sunteiro de "cursiño de 3 dias", mas entre eles nem uma palavra.

El_pastorrr #4 hai 3 dias El_pastorrr

Ui, que se pasen polo Concello de Padrenda, a darlle ca lei esta na cabeza ó secretario a ver si lle activan a parte galegofalante do cerebro.

diegosm_gz #5 hai 3 dias diegosm_gz

por muito que poda ser (um algo) positiva a medida, temos que ver que o importante nom é o conhecimento, já que podem conhecê-lo mas nom usá-lo nunca, o verdadeiramente importante seria o efectivo cumprimento da obriga a usá-lo

ecoe #6 hai 2 dias ecoe

Só a obriga, constitucional, do coñecimento e uso do galego, podería salvar a situación do idioma.

Mentres non fagamos a NOSA CONSTITUCIÓN...só parches para seguir esmorecendo.

sophia #7 hai 2 dias sophia

É lóxico.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: