Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
COMPETENCIAS NA POLÍTICA CULTURAL

Cataluña aproba o 'Consell Nacional de les Arts'

Saíu adiante cos votos favorábeis do tripartito de esquerdas, e os contrario da oposición conservadora, que dubida da súa independencia.

Redacción - 10:16 09/05/2008

Despois de cinco anos de debates no sector, a través da chamada Plataforma de la Cultura per a un Consell de les Arts, o Parlamento catalán aprobou esta semana a creación do organismo. Porén, non se acadou a unanimidade pretendida, e aprobouse de xeito moi axustado, cos votos a favor dos tres partidos do goberno e a negativa da oposición conservadora, CIU e PP.

As once persoas que comporán o Consell serán elixidas polo parlamento, buscando deste xeito un perfil democrático para o organismo, fóra do control gobernamental. A súa función será asesorar ao Govern no conxunto da política cultural e organizar políticas de apoio e promoción da creación artística. Así mesmo, elaborará un informe anual sobre o estado da cultura e das artes en Cataluña, facer informes preceptivos sobre anteproxectos de lei relacionados co ámbito cultural, ou decidir o destino dos investimentos neste eido.

PP e CIU dubidan da independencia do organismo, cuxos membros, malia a ser votados polo Parlamento, serán propostos polo presidente da Generalitat despois de consultar co sector. A este respecto, Carme Vidal (CiU), cre que o Consell dependerá "das incertezas dos ciclos electorais e os favoritismos" e lamentou que non se aceptaran as emendas dos nacionalistas cos que se pretendía garantir un "Consell Profesional e despolitizado".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: