O CSD xa fixo as xestións precisas coa embaixada española para que as xogadoras e o adestrador da pontevedresa poidan saír do país.
Tres tenistas do equipo estatal, Lourdes Domínguez, Marta Marrero e Eva Fernández Brugues e máis o adestrador da primeira, están retidos nun hotel perto de Beirut a causa do conflito que se está a vivir na capital do Líbano, onde os enfrontamentos entre os partidarios do goberno e as milicias de Hesbulá causaron esta quinta feira máis dunha decena de mortos.
As tres tenistas estaban no Líbano para participar nun campionato da Federación Internacional de Tenis (ITF), dotado con 50 mil dólares en premios, cando se viron atrapadas no conflito.
Segundo informa a axencia Europa Press, o goberno español, a través do Consello Superior do Deportes (CSD) fixo xa as xestións precisas a través do embaixador español no Líbano, Miguel Benzo, para que as tenistas españolas e o adestrador poidan abandonar o antes posíbel o país.
As xogadoras están preocupadas, pero atópanse nunha zona segura, onde vive unha colonia formada por perto de 1.500 cidadáns do Estado Español, a uns 10-15 quilómetros do centro da cidade. A saída que lles queda é o aeroporto de Damasco.
Son riscos, que o organismo internacional sabe e "ignora" (despois de un falanxista e franquista de toda a vida como Samaranch presidir organismos internacionais, calquera outros como ele poden ser os CORRUPTOS executores de torneos de ese tipo, é dicir, de TIPO POLÍTICO), pois o Líbano non é precisamente un lugar tranquilo para as suas xentes.
É unha sociedade en crise e quenes manteñen a crise permanentemente, serán seguramente os máis interesados en "normalizar" eses torneos (ó millor traficantes de armas e outras lindezas piores, se cadra).
Así entre os interesados (uns, polos cartos que se xogan, entre quenes se inclúen as xogadoras, que igoal non levan a maior parte; outros, para dar "sensación" de normalidade e seguridade PARA OS NEGOCIOS), agora atopan os atrancos propios da pura REALIDADE, que é ben distinta de faranduladas como o tal torneo. Ou que llo pregunten ás xentes da rúa.
co que leva chovendo pola populaçóm libanesa este tipo de titular sensacionalista nom é digno dum jornalismo digno do seu nome.
Espero que volvades ao rego da profesionalidade e ao sentido do equilíbrio ético na informaçóm que, na minha opinióm, até agora era a vossa linha normal.