Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO PRESIDENTE CHÁVEZ

Colombia debe presentar ''serias probas'' de supostas relacións coas FARC

O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, cuestionou este domingo no seu programa dominical 'Aló presidente' as acusacións dalgúns voceiros colombianos con apoio da prensa de dereita, como El País de Madrid.

Xurxo Martínez Crespo - 10:08 12/05/2008

Na súa edición do sábado 10 de maio, vincularon os Gobernos de Venezuela e Ecuador coas FARC, baseándose na presunta información obtida dun ordenador que, segundo Bogotá, pertencía ao asasinado xefe dese grupo insurxente, Raúl Reyes.

"
A computadora de Reyes dixo hai pouco que Correa deu a orde aos militares ecuatorianos para que non perseguisen ás FARC. É un plan do imperio", denunciou o presidente venezuelano Hugo Chávez.

O presidente venezuelano cuestionou que "a Interpol demostrou que non houbo manipulación da computadora. Como que non houbo manipulación? Non que alguén a manipulara. É unha verdadeira ridiculez, pero hai que porlle coidado á ridiculez".

Así mesmo, lamentou que o Goberno de Colombia "segue mentindo, segue prestándose ao xogo do imperio".

"Queren presentar documentos saídos dunha computadora, que ninguén sabe de onde saíu para acusarme a min, a Venezuela e a Ecuador", asegurou, ao lamentar que agora as autoridades colombianas teñen "o aval da Interpol".

A situación interna de Colombia e a relación de Uribe cos paramilitares

O presidente Chávez referiuse ao escándalo da parapolítica (colombiana), no cal están involucrados máis de 60 parlamentarios membros da coalición de goberno.

"En calquera país serio, verdadeiramente democrático, o goberno cae xa", destacou Chávez. "Alí si que existen probas, tantas probas hai que están presos", agregou.

Alertou ademais que o presidente Uribe, ao cal acusou de ser "de extrema dereita", é capaz "de incitar un conflito armado azuzado por Estados Unidos, para ocultar a grave crise política interna que o corroe".

"Presidente Uribe, pense moi ben até onde é capaz de chegar vostede e asuma o seu papel ante a historia, fágolle un chamado á reflexión publicamente presidente Uribe", recomendou ao mandatario colombiano.

Venezuela denunciará campaña da oligarquía colombiana contra Chávez

O ministro de Relacións Exteriores de Venezuela, Nicolás Maduro, fixo un chamado ao pobo de Colombia a "que abra os ollos e que esteaná espreita", pois alertou que están buscando un escándalo de carácter internacional para tapar as verdades que están xurdindo en Colombia.
Véxase tamén:

Nicolás Maduro indicou que Venezuela denunciará ante todas as instancias nacionais e internacionais a campaña de descrédito contra a honorabilidade do presidente venezuelano, Hugo Chávez Frías, e a democracia venezuelana que lidera a oligarquía colombiana e o goberno de Estados Unidos.

O ministro Maduro deu estas declaracións a Venezolana de Televisión (VTV) no aeroporto Internacional de Maiquetía, onde desestimou as declaracións do ministro da Defensa de Colombia, Juan Manuel Santos, quen afirmou este venres que o xefe das FARC, Iván Márquez, está en territorio venezuelano.

Dixo que o ministro de Defensa de Colombia é "un provocador antivenezuelano" que de xeito irresponsábel faise eco da estratexia que o Goberno decadente dos Estados Unidos mantén contra o presidente Hugo Chávez, contra o noso Goberno e o noso país.

Así mesmo, destacou que é unha manobra "que non ten ningunha credibilidade", pois un suposto computador é o maior argumento para tratar de combater a un presidente democrático que o que fai é traballar polo noso país, pola independencia, soberanía, felicidade e democracia da nosa rexión.

Exhortou ao Goberno de Colombia a responder se as declaracións de Santos corresponden á posición oficial da súa administración, xa que destacou os esforzos de Venezuela para superar os últimos acontecementos e mellorar a relación comercial, económica e política entre os dous países.

"Nós desestimamos unha vez máis todo este tipo de campaña e de infamias e alertámoslle ao Goberno de Colombia que tome cartas no asunto sobre as declaracións insolentes e infames do ministro da Defensa", dixo.

Fixo un chamado ao pobo de Colombia a "que abra os ollos ben grande e que estén á espreita", pois alertou que están buscando un escándalo de carácter internacional para tapar as verdades que están xurdindo na veciña nación.

Sobre a suposta autenticidade de documentos de Raúl Reyes que presentará a INTERPOL o próximo 15 de maio, o ministro dixo que "o cronograma do show mediático continuará".

Con todo, comentou que o Goberno Bolivariano seguirá concentrando os seus esforzos na unión da rexión e anunciou que o próximo 23 de maio participarán na Reunión de Presidentes da Unión de Nacións Suramericanas (UNASUR), que se efectuará en Brasília, onde tamén presentarán esta denuncia.



Ligazóns

3.4/5 (5 votos)