Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Do 14 de maio ao 9 de xuño

O idioma a análise no simposio sobre 'Língua e Género'

O Conselho da Agal organiza en Compostela unhas xornadas que afondarán nas actitudes derivadas do xénero lingüístico.

Redacción - 12:45 12/05/2008

Compostela acolle do 14 de maio ao 9 de xuño un simposio no que baixo o título de Língua e Género se realizará unha análise de como nos comportamentos lingüísticos se dan actitudes que son determinadas polo xénero, e de como o machismo dominante determina certas actitudes na lingua.

Organizado polo Conselho de AGAL, este simposio quere chamar a atención sobre o deseño de políticas lingüísticas, que debería ter en conta estas variábeis á hora de facer unha planificación, de xeito que se lle dera unha maior relevancia ao xénero lingüístico.

Nestas xornadas, que terán lugar no Centro Social de Caixa Galicia, Pilar García Negro, Raquel Miragaia, Alexandre Banhos falarán sobre o papel da muller na transmisión da lingua e na socialización lingüística; lingua e xénero, a forma de clarificar o paradigma; e as políticas de xénero aplicadas á formulación lingüística. O simposio rematará o 9 de xuño cunha mesa redonda sobre este tema na que participarán integrantes de colectivos feministas, universitarios e da administración pública.


Documentos

5/5 (6 votos)


Comentarios (4)

laurinha #1 12/Maio/2008 laurinha

Parabéns, já era hora de fazerdes algo sobre este assunto.

Eu nom faltarei

Laurinha

Gaviotero #2 13/Maio/2008 Gaviotero

Las feministas son a la lengua como los caníbales a la gastronomía.

lavesedo #3 14/Maio/2008 lavesedo

caldeirada de ghavota para tod@s!!

Gaviotero #4 14/Maio/2008 Gaviotero

ójala se te atragante...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: