Porén, o BNG considera que se trata dun "acordo de mínimos", namentres que o PSdeG fala dun "bo" pacto.
Houbo consenso á fin entre os tres grupos con representación parlamentaria, malia que en realidade se trata dun acordo de mínimos. Co obxectivo de acelerar o debate e conseguir un texto que as tres formacións políticas estivesen dispostas a aceptar, retiráronse da negociación algunhas cuestións clave.
Deste xeito, PPdeG, PSdeG e BNG coinciden en solicitar que se garanta o voto en urna dos emigrantes para as eleccións galegas en 2009, caso de que finalmente non haxa adianto a outono de este mesmo ano.
BNG: 'Acordo de mínimos'
En declaracións aos medios á saída da xuntanza, o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, subliñou que se trata dun acordo "de mínimos que garanta que estea vixente nas eleccións autonómicas".
Aymerich explicou que por esa razón o Bloque renunciou no foro de traballo a temas que os nacionalistas consideran clave, tal como son a limitación de voto nos comicios municipais ou o regulamento sobre "quen ten dereito a voto" dentro dos residentes no exterior. Ademais, Aymerich desafía a PSOE e PP a manteren en Madrid "o compromiso" asinado agora en Galiza.
PSdeG: 'Autonomía das Cortes'
Pola contra, o socialista Xaquín Fernández Leiceaga falou dun "bo" pacto e advertiu que hoxe (por este martes) é un "día para a unanimidade", polo que eludiu o debate con Aymerich.
No entanto, respecto á apelación do voceiro nacionalista de "ir traballando" en Madrid para axilizar a aprobación do texto tamén alí, sinalou que as Cortes gozan de "autonomía" e pediu que se respecten as "regras do xogo".
PPdeG: 'Cuestionamento dos emigrantes'
Pola súa banda, o popular Aurelio Miras Portugal salientou a importancia de que Galiza se sitúe á cabeza na mellora dos procesos electorais na diáspora, como, ao seu xuízo, "sempre" fixo en materia de medidas políticas para o exterior.
Ademais, o ex conselleiro de Emigración opinou que coa entrada en vigor da lei deixarán de correr "ríos de tinta" sobre o voto emigrante, e cedeulle a palabra ao seu compañeiro no relatorio Manuel Castelao , emigrante en Arxentina.
"Eu formo parte desa xente cuestionada cada vez que hai unha convocatoria electoral", manifestou Castelao. "O que se cuestiona non é aos que están alí, senón o que fan os que están aquí", retrucoulle o nacionalista Iago Tabarés, que tamén participou na comisión.
Como deixarían de correr ríos de tinta sería se os galegos do exterior puideran elexir aos seus propios deputados nunha circunscrición electoral propia. É unha vergonza que os partidos galegos o demanden para España e o neguen para Galiza. Outra oportunidade perdida!!
As nosas reclamacións seguen a caer en saco roto: http://www.quintaprovincia.inf...
Seica non lles convén que teñamos deputados de noso... Quizáis temen un cuarto grupo parlamentar formado por deputados da diáspora? Doutro xeito non comprendo o que están a (non) facer.
Muito bem, já não usam o termo "furna" por "urna":
-------------
furna
do Lat. furnax?
s. f.,
caverna;
antro;
cova;
lapa;
fojo, covil;
Fís.,
veio de água quente e vapor de água provenientes do interior da terra.
----------------
urna
do Lat. urna
s. f.,
caixa de forma variável;
caixa em que se recolhem os votos nas eleições ou os números numa lotaria, rifa, etc. ;
Bot.,
espécie de cápsula coberta por um operáculo;
vaso que servia aos antigos para guardar as cinzas dos mortos, para recolher a água das fontes, etc. ;
caixão funerário;
ant.,
vaso para água.
A Praia das Furnas não se chama assim por ser muito democrática, mas por ter cavernas... ;-)
Trátase dun bo avance xa que os tres grupos políticos do Parlamento de Galicia están de acordo en que a diáspora non é mercadoría. Poida que comece unha nova etapa na que os emigrantes teñan os mesmos dereitos que temos nós. A reforma é necesaria porque aínda que parcial abrirá as portas para que no futuro haxa circunscrición propia e para que contabilizen aos emigrantes e tamén para que nas municipais voten os que aquí residan. Hai moito por facer...pero para min é un paso adiante.
Por fin parece que avanzamos. Xa era hora de que os emigrantes deixasen de seren considerados coma menores de idade aos que cun "chupa" xa se lles merca. Cando se aprobe a reforma (esperemos que en Madrid non haxa freos)comezará a verdadeira loita para máis de 328.000 galegos conten e Galicia poida aumentar en 5 deputados a súa representación.A futura reforma deixará de considerar a provincia como referente e así nós teremos máis forza (por certo que non pedimos nada raro). Non é xusto que voten nas municipais aqueles netos de galegos (e non teño nada contra deles)que non coñecen a terra dos seus avós ou aqueles emigrantes que levan fóra 30-40-50 anos. Ben...a cousa comeza a clarexar.