Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REVOGA O AUTO DO XUÍZ PEDRAZ

A Audiencia Nacional exculpa os militares implicados na morte de Xosé Couso

A familia anunciou que recorrerá a decisión, segunda do mesmo tipo, perante o Tribunal Supremo.

Redacción - 17:21 13/05/2008

A Audiencia Nacional acordou este martes revogar a decisión de procesar tres militares estadounidenses pola súa presunta implicación na morte do operador de cámara Xosé Couso en Bagdad o 8 de abril de 2003. A Sección Segunda da Sala do Penal do tribunal anulou, deste xeito, o auto de procesamento do xuíz Santiago Pedraz por considerar que non había indicios suficientes.

A Fiscalía alegara que non houbera "intencionalidade por parte dos militares para acabar coa vida de Couso". Tamén insistira en que "non era un crime de guerra nin un asasinato", polo que solicitou o arquivo definitivo da causa.

A familia do finado, por medio do seu irmán Xavier, adiantou que recorrerá a decisión perante o Tribunal Supremo como xa fixera na anterior ocasión en que Audiencia Nacional arquivara a causa.

É a segunda vez que a Audiencia rexeita a decisión do xuíz Pedraz de investigar os tres militares, o sarxento Thomas Gibson e mais os seus superiores, o tenente coronel Philip de Camp e o capitán Philip Wolford.

Voto particular
Porén, un dos catro maxistrados da sala da Audiencia Nacional, José Ricardo de la Prada, cualificou o ataque das tropas estadounidenses contra o hotel onde se atopaba Couso de "indiscriminado", "desproporcionado" e "intencional", e criticou a decisión do tribunal por dar a entender "que na guerra non hai normas que regulen as condutas dos combatentes nin protexan as vítimas civís".


2,57/5 (7 votos)

Comentarios (8)

Albert #1 13/Maio/2008 Albert

Desaparición do Tribunal de Orde Público xa! Perdón, da Audiencia Nacional.

Xabi1 #2 14/Maio/2008 Xabi1

Sí, produce noxo esta situación e sen quer comparar unha cousa coa outra, agás o Concello de Ferrol e a Asociación de Xornalistas de Galicia, qué outra institución tense solidarizado en público coa familia Couso?. A Xunta da Facultade de Xornalismo talvez?. Sí, a Facultade da centenaria Universidade de Compostela que lle guindou o nome de Mario Conde a unha aula da Facultade de Económicas.
Talvez o Consello da Cultura Galega amosou algún xesto de solidariedade durante os cinco anos que a familia Couso leva pelexando, pero eu non o coñezo. Ou, ao mellor, algún político local, como os Alcaldes de Pontevedra e Compostela, pertecentes ao BNG e ao PSOE, fixeron caso da solicitude que lles foi entregada por rexistro para que se dignasen tramitar na comisión correspondente a posibilidade de poñer o nome de Xosé Couso a unha das rúas da súa cidade. Como se escoitaran chover. Así de solidarios son os nosos políticos.
E saben por qué a memoria de Couso non se lembra en Galiza, a súa Terra?. Porque Couso non era de ningunha corda política nen sindical, e os seus irmáns, tampouco. Ou sexa, que a foderse.

OBSERVADOR #3 14/Maio/2008 OBSERVADOR

E que se podia esperar dos defensores de um estado anti-democrático como é o Reino de EspaÑa?

Xabi1 #4 14/Maio/2008 Xabi1

Home, Observador, parece-me que queres desviar o tema.
Vale que a túa opinión sexa esa pero os responsabeis do que se fala e do que se cala son os protagonistas dos discursos e dos silencios.

ecoe #5 14/Maio/2008 ecoe

Nada a esperar, concordo. Desaparición, ata que non haxa, non hai democracia, tan só plutocracia, e bipartidismo (h)único.

Os exércitos "libertadores", esto é, aqueles que exclusivamente fan labor "humanitario", como p.e. os de USABush ou mesmo o do €$tado €$pañol NON MATAN INTENCIONALMENTE: POLA MESMA LEI pola que a Policía e a Guardia Civil, disparando ó aire para intimidar, (cuestión que nunca está en total pasado) mataba manifestantes ou activistas, agora os militares "humanitaristas" FAN VÍCTIMAS(civís, periodistas, cámaras, etc.) POR DES-INTENCIÓN.

A Física ainda non variou seus postulados centíficos!

ecoe #6 14/Maio/2008 ecoe

No historial de sentencias da AN/TOP, ademáis das condeas dos asasinos Galindo e Vera (pode que ainda sen probar "xudicialmente"), ten inculpado por asasinato ou desaparición a algún outro axente "institucional", militar ou policial??

Gaviotero #7 15/Maio/2008 Gaviotero

Vaya, cuando a los progres una sentencia no les gusta hay que ver cómo se ponen...José Couso, que no Xosé, murió accidentalmente por el impacto de un proyectil del ejército americano en un hotel en el que se encontraba en medio de una guerra.

Que los progres y su familia quieran por motivos exclusivamente políticos convertir un accidente en un asesinato no se sustenta más que en las portadas de los medios progres antiamericanos.

Y a partir de ahí, ajo y agua...

Xabi1 #8 16/Maio/2008 Xabi1

Vala, Gaviotero. Polo teu comentario vexo que suspendiches a asignatura de Caridade Cristiá.
Couso non morreu só, tamén palmou un xornalista de Reuters no Hotel Palestina.
Un acidente..., non o vexo así. O exército ianqui sabía que no Hotel Palestina estaban acubillados os xornalistas e que non había francotiradores nen forzas inimigas. Penso que:
1. Os milicos do tanque estaban mamados e drogados e tiraron a matar nunha arroutada.
2. O mesmo que antes pero ademáis receberon a orde de guindar-lles un pepinazo. Couso estaba filmando.

E, mira, non é cousa de progres este tema. É unha causa social. Pra que vexas que "progre" é a familia un tío de Couso é militar na reserva...

Moi fea a última frase. Moi fea, Gaviotero.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: