A obra, que estará dirixida por Xavier Alcalá, presentouse este martes en Compostela, dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras, da Internet e das Telecomunicacións.
Un momento da presentación
Este martes presentouse en Compostela o Dicionario Enciclopédico Galego das TIC, unha obra promovida polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións e dirixida por Xavier Alcalá que pretende normalizar na nosa lingua o vocabulario relacionado coas novas tecnoloxías.
A presentación do proxecto e mais a reflexión sobre o futuro da lingua galega na era dixital foron as principais accións que promoveu o COETG para conmemorar, xunto coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008.
Alcalá, ademais de achegar os primeiros resultados do proxecto en canto a escolma de termos e criterios de selección, falou da intencionalidade do Dicionario, da súa produción e metodoloxía de traballo, así como da súa promoción e divulgación na rede. Como enxeñeiro, afirmou, “cómprenos a aplicación correcta dos códigos. O código fundamental para os humanos é a fala. Por iso, nós temos unha especial obriga na corrección e na economía dos termos”, de aí que para Alcalá sexa “obxectivamente encomiable o Dicionario que nos propomos levar ao dominio dos feitos”.
O Dicionario Enciclopédico Galego das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, no que traballan máis de 30 expertos, conta coa supervisión técnica e científica da Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo e coa supervisión lingüística da Real Academia Galega. A súa produción desenvolverase en tres anos e aloxarase na web corporativa da AETG e nos dominios de Internet da ETSET de Vigo e da Real Academia Galega, con actualización permanente e grupos de traballo na súa contorna para o desenvolvemento conxunto da lingua e das tecnoloxías.
Pois que recollan CAPITALISMO como tecnoloxía FATAL, acada no mundo o que intentaron os nazistas.
"Digámoslo claramente: no se podrá alcanzar el desarrollo sostenible, no se detendrán ni se revertirán los negativos impactos del cambio climático, no se asegurará la protección del medio ambiente a las generaciones futuras, si prevalecen los irracionales patrones de producción, distribución y consumo impuestos por el capitalismo"
(Palabras de Machado Ventura no Cumio AL Caribe-U€)
Parabens pola iniciativa.
paréceme fundamental para unha lingua viva que se adapte e mude cos tempos. As novas tecnoloxías traen unha chea de novos conceptos que debemos encaixar na nosa fala.
Lereino con interese.
Los colegios oficiales de ingenieros en Galicia son meros tentáculos de la Xunta al servicio de la Xunta. A los ingenieros no nos sirven más que para pagarles la cuota. Así le va a Galicia con las nuevas tecnologías...