Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aprobada en solitario por PSdeG e BNG

O PP rexeita por "intervencionista" a norma que multiplicará a vivenda pública

Os populares critican que Política Territorial asuma un proxecto deseñado por Vivenda e agoiran que a Fegamp se queixará polo proxecto.

Redacción - 09:00 14/05/2008

O incremento da reserva de solo para vivenda protexida marcará a porcentaxe do 40% nos concellos de máis de 20 mil habitantes e do 30% nos municipios de menos poboación, agás casos concretos onde se poderá reducir até o 20%. Para os concellos de menos de 5 mil habitantes estabelécese a posibilidade de que poidan quedar exentos desta reserva de solo. O proxecto de lei prevé ademais normas para que a vivenda pública sexa distribuída no territorio do concello, "evitando a súa concentración e a creación de zonas marxinais".

"Vivenda digna" e "cohesión social" foron dous dos argumentos sinalados pola conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, durante a presentación do texto este martes. María Xosé Caride salientou que se vaia poder crear unha "rede autonómica de solos dotacionais para vivenda pública", coa que o Goberno poida favorecer o acceso a vivenda "dos sectores máis desfavorecidos da poboación". Tamén indicou que a través deste proxecto se poderá "intervir" no mercado do solo e estabelecer por exemplo a construción de vivendas que poderán ser alugadas, pero non vendidas.

O PP oponse ao proxecto
"Seguen sen querer entender o que significa a palabra consenso, ou a palabra cooperación, e estano substituíndo por outras como prohibición, imposición e, sobre todo intervención", dixo Pilar Rojo, voceira do PPdeG en materia de Urbanismo.

O PPdeG considera que os informes emitidos polo Consello Económico e Social e pola Asesoría Xurídica Xeral da Xunta "alertaban da necesidade de determinar o alcance concreto das facultades que a Xunta pretende asumir en detrimento dos concellos a través da lei de medidas urxentes de vivenda e solo". Rojo asegura que a norma entra en colisión ademais coa argumentación da Federación Galega de Municipios e Provincias ao respecto de que "a sucesión de reformas puntuais da lexislación sectorial en materia de urbanismo implica un serio risco de“provocar unha alteración radical da propia lei que se modifica".


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: