Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Proxecto de sensibilización

Imaxinas unha Galiza sen lingua?

Na súa nova campaña, a Mesa apela á necesidade de protexer os símbolos de identidade dos galegos, como o mar, o monte... ou a lingua.

Redacción - 14:00 14/05/2008

Aproveitando a semana das Letras, a Mesa pola Normalización Lingüística presentou o mércores a súa nova campaña, que baixo o título Imaxinas unha Galiza sen lingua?, busca sensibilizar á sociedade para que non desaparezan moitos dos símbolos que definen Galiza, como o monte, o mar, e como non, a lingua. Repartiranse arredor de 350.000 folletos polas diferentes cidades e vilas do país a través do correo co fin de conseguir asociados, pero tamén de facer reflexionar á cidadanía.

En representación dos veteranos da Mesa, Avelino Pousa Antelo aproveitou a ocasión para animar a seguir loitando pola lingua, porque "fai moita falla" e demostrou que, aos seus 94 anos acabados de cumprir, aínda lle quedan forzas. "Mentres haxa xente como Manolo Rivas, Carlos Callón ou coma min, polo menos non calaremos, seguiremos reclamando a nosa condición de país que ten unha lingua, unha historia e unha tradición propia".

Rivas considerou moi apropiada a visión ecoloxista escollida para esta campaña da Mesa e o vínculo estabelecido entre amor á terra, benestar social e cultural e a saúde da lingua. O escritor e poeta transmitiu a súa sensación de optimismo e rexeitou os dous discursos que poden danar a lingua: o apocalíptico, "se insistimos en que o galego está ao borde da extinción, podemos afundir a propia lingua" e o discurso de antipatía, o que está en contra do uso do galego, "utilizado durante a época da ditadura e transformado agora en termos como liberdade de ensino escollida polos pais, ou bilingüismo harmónico".

Fronte á antipatía, Rivas propón "desenvolver lexemas de simpatía" e cultivar tamén un "espazo de simpatía" para a lingua, fundamentado sobre todo no eixo do ensino e no dos medios de comunicación, ademais do das letras e a cultura.

Manifestación pola lingua
O presidente da Mesa, Carlos Callón, lembrou que todos os cidadáns están chamados a acudir á manifestación pola lingua, como resposta da sociedade ante as agresións exercidas contra ela, que se celebra o domingo en Compostela, incluídos os que habitualmente se expresan en castelán "xa que o noso idioma é un elemento de unión e a maior parte da sociedade desexa a súa promoción".

Anteriores:


4,83/5 (23 votos)


Comentarios (21)

OBSERVADOR #1 14/Maio/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E é tão difícil de imaginar? Cada dia estamos mais perto.

galegasenprexuizos #2 14/Maio/2008 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pouco lle ha de faltar, grazas ós papahostias que por nacer no País xa se cren galegos.

BonKarallan #3 14/Maio/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.e-dazibao.com/crite...

Sabrexo #4 14/Maio/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu si a imaxino, por desgraza.

Cesare #5 14/Maio/2008 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galicia sempre terá varias linguas.

Ghaviotero #6 14/Maio/2008 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cesare:

Non te equivoques, Galiza tan só ten unha lingua: o galego. Neste país fálanse moitas linguas pero tan só unha é a lingua deste país.

Gaviotero #7 14/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Imagino una Galicia sin la Mesa por la Falsificación Lingüística.

Sin duda alguna será una Galicia más libre.

Gaviotero #8 14/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Manolito Rivas...¿cuántos libros te compraron para la Feria-Chanchullo de La Habana? Menudo ejemplo de corrupción...

mceleiro #9 14/Maio/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por desgraça uma língua moribunda que está bem treinada para ser muda quando tem que falar e lamber os olhos traseiros das gentes bem trajadas.

LOIS_DE_SILAN #10 14/Maio/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non vos é doado imaxinar unha Galiza sen lingua; mais, si que volo é imaxinala sen a súa lingua propia ou de seu.

Por outra banda, A Mesa debe ter coidado cos seus pinchacarneiros; pois, da sectorización galegoexterminadora brinca á hiperglobalización gora dun romantismo trasnoitado.

Amor á terra, ó mar, ... á lingua temos moitos abondo. Estamos fartos de tanta emoción. O que falta, o que falla évos unha acción ben orientada, contundente e masiva contra os galegoexterminadores obxectivos (conscientes e inconscientes).

Faltan argumentos e accións. De emocións imos sobrados!

carrizo #11 14/Maio/2008 carrizo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A NOSA LINGUA NON TEN FIN!!!

E A NOSA IMAXINACIÓN TAMPOUCO!!

VISITADE: http://www.amesalugo.blogspot....

E o xoves, 15 de maio, ás 20h. GRAN ACTO FARANDULEIRO REIVINDICATIVO NO SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO... QUEN O DIRÍA!!!

Cesare #12 15/Maio/2008 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ghaviotero, en Galicia fálanse moitas linguas e, por conseguinte, todas elas son linguas dese país. Se algunhas delas se falan dende hai catorce séculos, oito séculos, catro séculos ou trinta anos, é bastante pouco importante. Xa houbo outras linguas antes, e haberá outras despois.

Xeonllo #13 15/Maio/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non, Cesare, os países só teñen unha lingua. Os estados, que son outra cousa e poden ser plurinacionais, poden ter varias linguas, mais os países non. A lingua de Galiza é o galego, e o castelán é unha lingua invasora, é dicir, imposta dende hai séculos, aínda que só dende o século XX se pode dicir que está seriamente no trance de acabar co galego. De feito, estao a facer aceleradamente. Non pode ser que un país teña máis de unha lingua en condicións normais porque iso vai contra a economía da linguaxe, e todos os pobos tenden a simplificar e non a complicar a linguaxe.

cidadan77 #14 15/Maio/2008 cidadan77
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Di Rivas: "se insistimos en que o galego está ao borde da extinción, podemos afundir a propia lingua". Pois non creo que haxa nada máis apocalíptico que o lema da campaña e moitas das declaracións do presidente da Mesa.

Gaviotero #15 15/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No es el miedo a que se "muera" el gallego, que sobrevivió a 40 años de franquismo, sino a que se les terminen las subvenciones a los vividores totalitarios de siempre: Manolito Rivas, Suso de Toro y demás tropa a la que como no le lee apenas nadie, tienen que comprarles miles de libros con nuestros impuestos bajo el supuesto objetivo de defender la cultura gallega, cuando lo que defienden de forma corrupta es el enriquecimiento ILEGAL de esta gentuza.

Gaviotero #16 15/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, si la única forma de que sobreviviera el gallego (en el supuesto de que peligrara, que no es cierto...) fuera la imposición de un régimen totalitario y fascistoide como el que pretenden los dirigentes del bipartito, pues matemos cuanto antes a ese idioma del que pretenden apropiarse los camisas pardas de PSOE y BNG.

teixugo #17 16/Maio/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NINHADA DE RATOS!!!!!

teixugo #18 16/Maio/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!

DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY
VAI SER TÃO PRESIDENT COMO RAJOOY...

CUÑAAOOO

ecoe #19 17/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Será ben millor que matemos o idioma castelán na GZ, pois é o minoritario ata 1960 en toda a población galega: só algúns membros de unha minoría das clases poderosas e a (escasa) administración pública o utilizaban.

Os galegos ata esa data podían/mos vivir plenamente ó 100% en galego, e había abondo galegofalantes de cuna, de lingoa materna. E sin escolarizar!!

ecoe #20 17/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aviso a navegantes: Irlanda é independente NO IDIOMA COLONIZADOR!!

Xeonllo #21 20/Maio/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Efectivamente, Irlanda xa perdeu práticamente o seu idioma. O inglés é o idioma case exclusivo que hoxe se fala alí. O idioma colonizador acabou co idioma propio, e Galicia vai no mesmo camiño. O galego está sendo progresivamente esquilmado polo castelán, e cada vez máis de présa. Calquera persoa pode comprobalo, non só polo estudio histórico da evolución do idioma, mais incluso pola experiencia da propia vida, cousa que historicamente é unha insignificancia. Cada vez o galego se fala menos e cada vez o que se fala está máis castelanizado. Isto é unha evidencia. Para mostra vou pór unicamente dous botóns: hai dúas ou tres décadas era moi raro oír ENTONCES por ENTÓN ou AHORA por AGORA. Hoxe, son o pan noso de cada día.

Insisto no exemplo irlandés, que demostra que ou se impón unha lingua ou a outra. E estase a impoñer a lingua intrusa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: