Aínda con menos poboación, as comarcas de Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e mesmo O Salnés, amosan taxas de ocupación máis altas.
Sería necesario crear 27.300 postos de traballo máis "para converxer coas demais áreas metropolitanas galegas en materia de emprego", sinalan os autores do informe asinado por Terra Galega. Segundo a análise realizada, a taxa de ocupación de Ferrolterra queda nun 39,7%, lonxe do 47,8% do Salnés, a seguinte na lista, e máis afastada da media do resto de contornos metropolitanos analizados, un 64,6%.
O estudo repara nos números de Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra, O Salnés e Ferrolterra, e conclúe que a bisbarra ferrolá "sae moi mal parada" na comparativa das áreas urbanas do país. Apuntan exemplos como o de Lugo, que con 50 mil habitantes menos (163.477 cidadáns fronte 116.840), suma até 11 mil ocupados máis (43.740 fronte 54.540). Reparando no número de grandes e medianas empresas e no total de traballadores empregados nestas, a área ferrolá aparece tamén como pechacancelas, por baixo das sete comarcas antes mencionadas. Tamén no que lle toca ao total de empresas, segundo esta análise, con datos tirados directamente da estatística do Ministerio de Traballo, Ferrolterra é unha vez máis a coamarca con menor dinamismo empresarial das oito analizadas.
Desde Terra Galega falan de "fume e desinformación" desde o goberno galego e español, e cualifican de "lamentábel" a situación laboral na comarca. De paso, aproveitan para asegurar que neste contexto, o consello de Narón, gobernado por Terra Galega, sería "exemplo económico" de dinamismo, coa creación nos últimos anos de até catro millóns e medio de solo industrial nos polígonos do Río de Pozo, A Gándara e As Lagoas.
No suplemento de La Voz de Galicia "ENERGIA de FUTURO" de data 2 de agosto de 2001 dicí que a planta de gas de Reganosa "supoñerá o principio do fin da lacra do desemprego na comarca de Ferrolterra"
Ou Terra Galega mente ou ben Reganosa e La Voz de Galicia non cumpriron co prometido.
Tendo en conta que nas obras de Reganosa traballaron case tres mil persoas durante tres anos e que agora Reganosa mais os gasodutos mais os ciclos combinados xera mais de oitocentos postos de traballo (a maioria no Ferrol, Mugardos e nas Pontes) penso que Reganosa ten feita unha contribucion importante ao emprego en Ferrolterra, que ningunha persoa cabal pode disputar.
Un dos maiores problemas de Ferrolterra son alguns ociosos xubilados de ouro ou funcionarios cuxa unica tarefa dende que levantan pola maña e montar "comites" antialgo e historias para ver que proxeto ou industria paran, que lio montan e que postos de traballo destruen.
Non falo de algunhas plataformas veciñais formadas para defender abusos ou inxustizas REAIS e que merecen todo o noso apoio. Falo especialmente dos "comites" que IMAXINAN problemas, explosions ou incendios que nunca pasaron.
Que se vaian de vacacions ao Caribe ou que deixen traballar a xente dunha vez!!
Ou que dediquen algo das enerxias que lles sobran para crear postos de traballo en vez de destruilos!! A ver se son capaces de facer algunha cousa positiva como crear empresas para intentar acabar coa lacra do paro e a emigracion da millor xente nova de Ferrolterra!!
Acabo de ver o informe ese de Terra Galega en pdf, o cal, por certo está bastante completo, e o que máis me chama a atención e ao que non fai referncia o artigo é unha clasificación de ata 97 áreas urbanas en todo o Estado, clasificadas segundo o seu nivel de ocupación. Pois ben, Ferrolterrra aparece no posto 96, na penúltima posición, só cu 39,7% de taxa de ocupación fronte por exemplo o 88% de Alcobendas, Madrid, Barcelona, Pamplona ou o 69% de Lugo e A Coruña. Tamén me parece moi interesante a comparativa que fixeron con outras comarcas que tamen tiveron fortes reconversións industriais como Avilés, Cartagena, Bahía de Cadiz ou Bilbao. Aí, na miña opinión, os datos aínda son máis dolorosos...Responsbles???Habería que preguntarlle ao PP e ao PSOE porqué tardaron en facer maís de dez anos 7kms de circunvalación (os que somos da zona aínda nos botamos a tremer cando lembramos os famosos atascos o seu paso por Fene, a maioría das veces superiores á media hora), ou de como se fixeron esas reconversións do naval, ou sobre o retraso das obras do AVE(tardaron máis de seis anos en facer un estudio sobre as obras do AVE Ferrol-Coruña para logo anulalo e aos dous anos volver facer outro estudio que terá que estar acabado o 2009, co que, no mellor dos casos teremos AVE en ....(deixo o oco para que o enchedes vos, a min xa ma dán arrepío só de ter que botar cálculos.
Un saúdo pra todos/as
Non estou xubilado. Obviamente ti debes traballar en Reganosa e se é así me parece ben que defendas á empresa pero, por favor, con argumentos que se sustenten.
Con respecto á información manipulada de La Voz e citada no meu comentario anterior xa vexo que non a desmentes. En canto ao número de traballadores utilizados na planta nunca apreciei que fosen máis de 600 (lidos na web de Reganosa) e en calquera caso eses traballadores serían tamén empregados se a planta construísese no porto exterior de Ferrol.
Confundes a miña oposición á localización da planta cunha oposición hipotética a Reganosa ou ao Gas natural.
Aproveito para dicirche que no mesmo documento de La Voz (2 de agosto de 2001) dicíase que non se ía a utilizar o sistema de regasificación con auga de mar (páxina 3) "non se pode empregar auga da ría para a transformación, aseveran desde Reganos". Agora o teu Reganosa querida quere duplicar a vaporización para pasar a verter na ría 600.000.000 de litros de auga ao día impregnada con hipoclorito sódico a cal MATARIA a todo organismo vivo que se achegue a ela, incluindo aos cultivos de ameixas.
En data 29 de novembro de 2005, o señor felix Alonso Aciñeiras, presidente de Reganosa solicita o cambio de vaporizadores de SCV polos de tipo ORV mediante auga de mar e anula a famosa turbina de gas que Tojeiro dicía que ía utilizar para quentar o gas "igual que en Brujas". Sóache isto?
Sorte e saudos, amigo Espartano.
Carballo: Pode que non sexas dos xubilados de ouro que son o nucleo duro público do "comite antireganosa" pero como non dis nada debes seren do outro nucleo duro: os funcionarios que como cobrades todos os meses a fin de mes fagades algo ou non fagades nada (e pido desculpas aos honrados funcionarios que si que traballan e duro) NON COMPRENDEDES AINDA O PROBLEMA GRAVISMO DO PARO DE MOITAS FAMILIAS EN FERROLTERRA, problema que intenta explicarvos o artigo de enriba e mais os comentarios, pero como vos seguides ao voso, NON VOS ENTERADES!!!
Por iso a xente non vos fai p... caso e a pesares das axudas que tedes e a colaborazon dos meios de comunicazon asturianos ou catalans, etc, etc non xuntades nin QUINCE persoas nas vosas manifas (trinta o outro dia grazas a publicidade gratis da "prohibizon").
Sodes incapaces de entender ainda de que esta todo o mundo a falar en Ferrolterra e mais neste artigo: FALTA TRABALLO EN FERROLTERRA!!! A XENTE NOVA ESTA A EMIGRAR HOXE!!! A XENTE NON COBRA A FIN DE MES E PASA APUROS ECONOMICOS SERIOS!! NON TODOS RECIBEN DO ESTADO A PAGA SUCULENTA DA PREXUBILAZON A FIN DE MES!!!
Poñedevos a traballar en algo util para resolver iste gravisimo problema!!
E deixade a Reganosa e ós seus traballadores tranquilos. Reganosa leva xa mais de un ano traballando con todos os seus permisos e papeis en regra, con impato ambiental CERO E CON TOTAL SEGURIDADE.
O problema da xente de Ferrolterra non e a vosa fixación coa ubicazon de Reganosa (ubicazon moi boa e moitisimo mellor que a burrada ecolóxica do porto "exterior"). Escoitade a radio, leede os xornais, leede os artigos de Vieriros coma este para informarvos dos problemas REAIS da nosa xente HOXE.
Por certo polas chorradas tecnicas que dis debes ser ou estar asesorado polo inventeiro do "comite" que sabe moito de regasificadoras porque busca en Google e corta e pega tonterias de internet sen ton nin son pero que nunca na sua vida unha soa regasificadora ou metaneiro pisou.
Dille ao cuñado da vosa avogada xefa que che dia unhas visitiñas de campo as suas regasificadoras catalanas de ENAGAS de Barcelona, Huelva, Cartagena ou Bilbao e que che aprendan un pouco coma traballa de verdade un ORV e un SCV. E que che expliquen de paso a diferenza do hipoclorito sódico o cloro e o cloruro sodico (o sal xa sabes).
Porque o que vota Reganoasa a Ria non e hipoclorito senon auga con SAL (si, auga salgada). Por iso os TECNICOS ESPECIALISTAS das universidades de Santiago e Vigo QUE SABEN DO QUE FALAN CERTIFICARON no proceso de avaliazon ambiental con informazon publica, que se fixo no seu momento como ti ben sabes, que o retorno de auga de Reganosa non ten impato ambiental NENGUN.
Ti, en cambio, escoitache un dia campanas e falas do que non tes z... idea ou intentas manipular, cousa que non che esta ben.
Os gravísimos problemas ecolóxicos da Ria do Ferrol que todos os ecoloxistas de verdade da ría coñecen son os verquidos urbans sen depurar e o dique de abrigo do voso querido porto "exterior" de dentro da Ría, que Greenpeace denunciou repetidamente coma o mais grave atentado ecolóxico da historia da Ría e da Galiza. Ese dique que tanto defendes e que tanto che gusta e a causa de que se teña reducida a renovazon das augas da ría coa cosecuenza do cambio de clasificazon dos bancos marisqueiros, etc, etc.
Amigo Espartano:
Como non rebates os meus argumentos anteriores entendo que teño razón e xa que logo estamos así: Espartano 0 - Carballo 2.
Outra parvada técnica, pero esta é túa. Vexamos o que dixeron os técnicos da USC (Sr. Urgorri) e de UDV (Sr. Tojo) no seu famoso informe, citado na túa réplica:
a) A auga de mar volve á ría nas mesmas condicións químicas coas que foi captada páx. 5). ¡que horror!
b) Punto 6.3 do informe, apartado 2: Este volume de auga será devolto ao mar nunhas condicións diferentes ás de entrada. ¿En que quedamos?
c) A auga de mar de saída do sistema será ESTERIL sen fitoplancton, larvas e outros zooplanctontes. ¡que horror!. Será a mesma auga de mar?
d) Xerarase unha alta velocidade de saída da auga de mar que transformará a granulometría dos fondos. ¡Alá van as ameixas!
e) O único efecto importante do IMPACTO podería ser o debido ao achegue de contaminantes do sistema antifouling, que tería unha influencia contaminante NEGATIVA sobre as comunidades biolóxicas e os bancos marisqueiros circundantes.¡Qué informes tes tí?
f) Etc. etc. etc.
Como podes apreciar o informe que citas non di que o sistema de regasificación con auga de mar sexa inocuo.
Creo que poido marcar outro tanto: Espartano 0 - Carballo 3
Non me escribas mais sen respostar.
Saudos
O que non respostas a nada es ti. Segues sen falar do tema deste artigo: O PARO E A GRAVE CRISE E A EMIGRAZON EN FERROLTERRA!!! A ver si espertas dunha vez!!
E para ver as respostas as tuas chorradas seudo-tenicas so tes que aprender a ler dunha vez.
Por certo a tua atitude de prepotenza e inoranza simultanea e carateristica do profesor de universidade que fala do que non sabe (porque non e o seu tema) e como colle a tiza e os alunos escoitanlle (porque estan obrigados, claro), pensa que sabe de todo e que todo o mundo faille caso.
O dito, que che dian un par de teóricas e mais algunhas praticas (sobre todo as praticas e o que mais precisas) os tenicos das plantas de Enagas, compañeiros do cuñado da vosa avogada xefa.
Pues la que se avecina es buena...pero nada, nada, ¡seguid votando a los socialistas al mismo tiempo que os vais quedando en el paro! ¡jajajaja! Ellos crean el problema y ellos se apuntan a resolverlo...y algunos os lo creéis.
A nova di: "o consello de Narón, gobernado por Terra Galega, sería "exemplo económico" de dinamismo"
...o certo é que a conclusión do "estudo" semella un tanto näif: cifran o dinamismo de Narón nos m2 de polígonos industriais, unha situación puramente coxuntural debida á súa situación xeográfica entre o concello cabeceira da bisbarra e o resto.
O certo é que, se utilizan os mesmos parámetros que usan nos epígrafes anteriores no mesmo informe, Narón sae bastante prexudicado como concello, pois ten -se non a máis alta- unha das máis altas taxas de paro de Ferrolterra!... e iso sen contar outros indicadores de calidade con ollada prospectiva, como por exemplo a educación, onde Narón ten unha das taxas máis baixas de estudantes universitarios... desde logo non parece que se estean a crear as mellores condicións de futuro máis aló do ladrillo, onde hai que recoñecer que este concello sí é un referente :-(
ps: #3 Ola asterix, terás algo que ver co asterix85es que sube os documentos de Terra Galega ao Scribd?... só por curiosidade ;-)