Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Do 15 ao 17 de maio

Tres días para fomentar a cooperación entre as linguas minoritarias europeas

Dez comunidades lingüísticas de Europa intercambiarán información para coñecer máis a fondo as diferentes estratexias utilizadas para promover os seus idiomas e estimular a cooperación.

Redacción - 09:00 15/05/2008

Compostela acolle do 15 ao 17 de maio a Conferencia Internacional de Xornais en Linguas Minoritarias e Multilingüismo na Unión Europea. Baixo o nome de Midas, a asociación formada en 2001 por máis de dez comunidades lingüísticas europeas ten como finalidade a coordinación de estratexias e busca estimular a cooperación nas áreas do intercambio de información, de impresión e márqueting, organizar campañas, promover as publicacións dos seus respectivos membros e obter apoio de institucións europeas para as linguas minoritarias e para os seus medios impresos.

Tras pasar por diversas cidades europeas, como Palma de Maiorca, Bratislava, Helsinki ou San Sebastián, as conferencias de Midas chegan a Compostela organizadas polo xornal Galicia Hoxe e contan coa participación entre outros de membros da Xunta ou do Concello de Santiago de Compostela, da Universidade ou profesionais do xornalismo, a informática e a lingüística. Actualmente máis de 45 millóns de persoas da UE falan unha lingua distinta da oficial dos seus estados, a través destas conferencias ábrese unha oportunidade para a cooperación entre elas.


Documentos

4/5 (8 votos)


Comentarios (1)

moledo #1 15/Maio/2008 moledo

O galego não é uma língua minoritária, isso apenas é o que pretende a ideologia espanhola que contempla à nossa língua como fala regional de quatro províncias para impor a lógica da sua lengua imperial. Pois não, connosco não. A nossa língua, felizmente, é internacional, oficial na UE e em oito estados, entre eles Brasil e Portugal, e outros territórios espalhados polo mundo. De Macau a Goa -na India- de Timor a Angola. Na Galiza, o galego é língua minorizada polo espanhol a ainda maioritária entre a sua população.

Falar de galego como "língua minoritária" só pode fazer-se desde a perspectiva da sua satelização consciente ao espanhol. É hora de dizer basta.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: