Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Berto Yáñez, creador de Chuza!

"A rede é esencial para a promoción do galego. Temos que pensar no futuro"

Salienta a coincidencia no 17 de maio do Día das Letras e o Día de Internet.

Redacción - 14:25 15/05/2008

"O Día das Letras leva xa funcionando moitos anos e iso está moi ben. Para que teña un maior efecto ten que ter continuidade ao longo do tempo e penso que iso se está a conseguir. O que me parece que tamén está moi ben é que estes últimos anos fixeron coincidir o Día das Letras coa semana da Internet. A rede é esencial para a promoción do galego, xa que é unha das maneiras que ten de saír ao mundo.

A través da rede, o galego consegue unha presencia fácil, directa e inmediata a nivel global. É unha ferramenta que ten o noso idioma para a supervivencia. Pero non só o galego, senón tamén outras moitas cousas, debido á evolución da nosa forma de comunicarnos. Hai que traballar para o futuro.

Persoalmente, vou celebrar esta data indo á manifestación do domingo en Compostela, é unha manifestación especial e gústame que se xunte moita xente a prol do galego. Hai que darlle visibilidade"


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: