Preséntase en Compostela a tradución dunha ducia de normas UNE, froito da colaboración entre Industria e Aenor.
As 12 normas UNE máis demandadas, e ditadas polo organismo de certificación español, Aenor, xa están na nosa lingua. Este venres presentáronse en Santiago de Compostela por mor da celebración o sábado do Día das Letras e das Telecomunicacións.
Grazas á colaboración entre a Consellaría de Innovación e Industria e mais Aenor, o galego ponse por diante do catalán (7) e o éuscaro (2) no número de traducións de normas UNE. Na presentación, o delegado da asociación en Galiza, Martín Pita, confiou en que a cooperación entre as dúas institucións se manteña no futuro.
Pola súa banda, a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, lembrou que as empresas precisan "cada vez máis as certificacións para ser proveedores". Tamén salientou que o acto se enmarca na campaña +Internet +Galego +Futuro, que se está a desenvolver durante o mes de maio "para propiciar a reflexión sobre a normalización e a difusión" da lingua.
Actualmente existen 27.000 normas UNE, das que o 73 por cento son adaptacións de normativas europeas, un 20% do Estado Español e 7,5% do organismo internacional ISO.
Estado Español no...se dice ESPAÑA, ES-PA-ÑA...
¡Venga, que hasta gente sin estudios como vosotros podéis decirlo!
Aenor só certifica un xeito determinado de producción, en ningún caso nin producción limpa (medioambentalmente) nin de calidade ningunha!
Este é tan só un xeito de facer "tragar" millor un infumable máis: ata ENCE-ELNOSA ten dende hai máis de 5 anos esa clasificación. Non vale para nada (para a población), sí para a Consellería e os seus acólitos preferidos, pois claro!
Jajaja...vaya, la noticia ha pinchado en hueso...
En todo caso, las empresas seguiremos utilizando la normativa en español, como debe ser.
AENOR certifica o cumplimento das normas ISO, que hai moitas por exemplo a ISO 9001 é a da calidade dos productos, a 14000 e a xestion ambiental,... (http://gl.wikipedia.org/wiki/I... E podes cumplir unha delas sen cumpli-las outras.
ISO é un organismo privado, con todo o que iso supón, e os seus estándares teñen moita aceptación internacional. A UE ten outro siustema de certificación (so no plano ambiental) chamado EMAS (http://www.xunta.es/conselle/c... que semella ter algunhas vantaxes respeito as normas ISO.