A Federación de Presos e Prisioneiros Políticos asegura que hai máis de 400 mil persoas presas.
O presidente da Federación de Presos e Prisioneiros Políticos de Iraq, o avogado Sahar Yasiri, sinala que este país hai máis de 400 mil cidadáns privados de liberdade. Segundo revela Yasiri nunha entrevista no portal Rebelion.org, entre os presos hai 6.500 menores de idade e e dez mil mulleres, á vez que calcula que o 95% dos reclusos sofre malos tratos.
A asociación que preside Yasiri denuncia tamén a existencia de presos que non están rexistrados oficialmente. Segundo os datos que baralla esta asociación, o número de 'presos ilegais' pode chegar a un milleiro. "Os prisioneiros que están alí retidos non teñen ningunha orde xudicial, pero seguen alí sen acusación nin xuízo, e iso se teñen sorte de saír con vida".
Un novo blogue dende a esquerda:
http://amoscaesquerdosa.blogsp...
A seguir estará o país da "libertade" por antonomasia, e a seguir, o outro adalid da libertade e dos todos "iguais", o libre €$tado €$pañol!!
En Cuba hay presos políticos desde hace décadas y estos tipos no parecen muy preocupados por ello...¡y la Consejera Bugallo incluso se abraza alegremente a sus carceleros!
Fraga ía a Cuba fustigar a Fidel, iso lembrámolo todos. Que este señor entrara aquí unha vez á semana, bombardear as súas mensaxes "totalitarias" un día, e logo non se lle volvía a ver, aínda era tolerábel, era un puntiño gracioso. Pero se ten pensado seguir así, eu prefiro ir a outro lado, xa abonda de ler os seus insultos ao pé de cada noticia. Que o ature Vieiros.