Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Voto exterior

Un informe desminte a versión de Presidencia e PSdeG sobre a suposta axente electoral

Documentación oficial á que tivo acceso un xornal madrileño proba que a muller non viaxou para coidar da súa irmá.

Redacción - 10:30 20/05/2008

Segundo publica este martes o diario madrileño El País, María Isabel Blanco Rodríguez, a suposta axente electoral que viaxou á Arxentina pagada pola Xunta para facer campaña polo PSdeG -tal e como denunciou a implicada a través do PPdeG-, non se desprazou para coidar da súa irmá enferma, María do Carme.

Esta foi a explicación dada pola Secretaría Xeral de Emigración, dependente da Presidencia, e polos socialistas para xustificar que a viaxe fose financiada con cargos públicos, dentro do convenio que a Xunta ten sinado coa compañía aérea Iberia.

Cando a deputada socialista Marisol Soneira comezou a tramitar os billetes, xa sabían que María do Carme Blanco Rodríguez ía estar en Galiza durante boa parte da estancia de María Isabel en Arxentina. Esta asegura que viaxou a Bos Aires para pedir o voto ao candidato socialista en Muxía, Félix Porto.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Comentarios (7)

CGB #1 20/Maio/2008 CGB

Pola Costa da Morte todos saben que en realidade a chamada "Axente Electoral" é unha vira-chaquetas sen personalidade ningunha. Vai onde haxa euros. Primeiro co PSOE e agora co PP. Pero hai polo medio unha interesante movida de xuntar votos para Fisterra (Terra Galega)e non para Muxía.Non hai ningún muxián que manifeste por Avellaneda adiante que Mabel lle pedise o voto pero si hai xente de Fisterra que recibiron un pequeno tríptico cunha foto do concelleiro García Pouso. Claro que a señora Axente tripla dirá que o de Fisterra era para facerlle un favor a un amigo e no caso de Muxía era realmente traballo (por certo moi mal traballou porque viñeron moi poucos votos para o PSOE). A reforma da Lei electoral acabará con tanta chafallada.

Gaviotero #2 20/Maio/2008 Gaviotero

Bueno, que la actual Junta de Galicia tiene entre sus altos cargos a una pandilla de embusteros es conocido por todos los gallegos, independientemente de que muchos para conservar sus prebendas decidan seguir apoyando a esta gentuza.

Touriñín, ¿dónde está esa Consejería de Pesca que le prometiste a los vigueses si ganabas las elecciones y que todavía sigue en Santiago? Y como esa, docenas de mentiras y falsas promesas más...

Es lo que tiene ser un embustero...que uno lo es aun cuando le hagan Presidente de Jalisia.

Barbara #3 20/Maio/2008 Barbara

Din que o actual alcalde de Vimianzo está rindo satisfeito porque a Axente Electoral deixou moi mal parada a Marisol Soneira. Así el pódese dedicar a pactar libremente co PP para seguir no atraso. Os do PP podían calar porque aí en carballo teñen a un ex alcalde que fixo calquera cousa coma por exemplo en Montevideo facer campaña electoral antes de que comezase (é delicto) ademais de a súa fotocopiadora botase fume no Centro Bergantiños da capital uruguaia. Hai centos de socios que o poden confirmar. A diferencia é que o de Vimianzo (que tiña un axente en B.Aires) segue estragando o concello e o de Carballo foi derrotado nas urnas.

Gaviotero #4 20/Maio/2008 Gaviotero

Este mismo viaje supuestamente institucional del Presidente de la Xunta se ha realizado con fines meramente electorales, pagados como siempre por todos pero al servicio exclusivo del PSOE:

http://www.laregioninternacion...

Touriño, te hemos pillado, por más que te escudes en algo tan vago como lo de las "falsedades", a lo que ya recurriste cuando apareció el caso de la agente electoral, por cierto.

Pero falso, lo que se dice falso, y con una cara más dura que el hormigón armado, TÚ.

Fendecroios #5 20/Maio/2008 Fendecroios

¡Meu Deus!, vamos de carallo.
Xa Deus non se pode fiar nin do Papa.
Pra min aos politicos tiñamos que aplicarlle a lei do Corán e a quen minte cortarlle a lingua, todos mudos (e mancos,das dus mans).

outrolector #6 20/Maio/2008 outrolector

Falsos e sectarios. En Galicia témolo claro, e fora xa o van cheirando .

Gaviotero #7 21/Maio/2008 Gaviotero

Vaya pinta de corruptos que tienen los dos tipos de la foto...¡¡¡si sólo fuera la pinta!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: