Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
POLÍTICA EDITORIAL

Baltar quere que a Deputación de Ourense merque accións do xornal 'La Región'

O dirixente conservador está disposto a meter 1,5 millóns de euros públicos para reflotar o diario. Socialistas e nacionalistas opóñense á operación.

Redacción - 11:00 20/05/2008

O presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, pretende investir, a través do organismo provincial, 1,5 millóns de euros no diario 'La Región'. Fontes socialistas e nacionalistas da Deputación recoñeceron que Baltar lles comunicou esta intención alegando as dificultades económicas que ten nos últimos tempos o xornal ourensán.

Segundo El País, na reunión cos partidos, Baltar defendeu a necesidade da operación para que Caixa Galicia e Caixanova outorguen un crédito para que La Región faga fronte a seis millóns de débeda con Facenda e coa Seguridade Social. PSdeG e BNG opóñense a que a Deputación sexa socia do diario.

O xornal madrileño revela a existencia dun informe técnico que cualifica de “conduta ilícita” este tipo de operacións, xa que vulneraría a Lei de Defensa da Competencia de Galicia e representaría un intento de “control da opinión pública”.


1,8/5 (5 votos)


Comentarios (9)

Tino #1 21/Maio/2008 Tino

Isto é para compensar os 500 millons de ptas q lle dou touriño, e claro, pasaron de apoiar ao PP e apoiar tamén ao ppsoe, cousa q o pp non atura.
En fin, políticos co cu apegado á poltrona.

Gaviotero #2 21/Maio/2008 Gaviotero

Lamentable, aunque se limite a compensar las jugosas subvenciones de la Junta de Galicia que permiten mantener o mejorar los medios galleguistas.

Por cierto, ¿cuánto dinero público, incluyendo por supuesto publicidad de las distintas Administraciones, ha recibido Vieiros en los últimos 10 años?

Sería interesante saberlo y a lo mejor los 1,5 millones de euros de acciones nos parecían calderilla...

rufus #3 21/Maio/2008 rufus

@ que queredes que vos diga??? a min este tipo, co toque ese rebelde e asocial cheo de acné, ponme un lote.
Please, mandame o teu teléfono!!!
Vas goçar neno!!!

Sabrexo #4 21/Maio/2008 Sabrexo

Nin idea de canto recibiu Vieiros, pero estaría ben que a próxima vez que soliciten unha subvención lles amosen as mensaxes de Gaviotero e lles digan: "A partir de agora pedídella a este". Adeus.

prometeo #5 21/Maio/2008 prometeo

O de la "Junta de Galicia", foi moi bo, aínda me estou partindo con tanta orixinalidade.

Se fan unha nova entrega de Torrente, Santiago Segura debería fichar ao noso amigo Gaviotero, xa que a súa contribución ao universo friki da saga sería impagable.

Estamos ante o nacemento dunha nova estrela. Xa o estou vendo... "TORRENTE Y EL ALADO VENGADOR GAVIOTERO".

Gaviotero #6 21/Maio/2008 Gaviotero

Por cierto, el BNG y el PSOE APOYAN la medida de Baltar.

¡Glups!, redactores de Vieiros y comentaristas dóciles, vais a tener que tragaros vuestras críticas, ¿eh? ¡Jajajaja!

PP, PSOE y BNG de Ourense pretenden que la Diputación gaste 1,5 millones de sus arcas en ser accionista de «La Región»

http://www.lavozdegalicia.es/g...

baltar69 #7 21/Maio/2008 baltar69

diola, esto non hai quen o dé seguido. aínda onte lín, xa nin sei donde, que tanto o pesoe do paquiño viaxeiro coma o bloque do alexandre da tenencia non compartían o punto de vista do meu homónimo. hoxe xa vexo que sí ( ou que polo menos la voz de galicia, el periódico de la mayor totora de galicia ).
curiosamente foi un tema que tocamos na comida de hoxe varios cidadáns, máis ou menos vinculados a capital ourensana, e todos estivemos de acordo que non debe a cidadanía pagar os vicios privados da xerencia do medio. ademais, non pertenece este medio o grupo vocento? si tan mal andan as cousas, a que veñen todos esos enormes fatos de exemplares gratuítos que, tanto do abc como de la región, topo no campus universitario? habendo crise alimentaria en ciernes e tanto monte para cavar, sería moi descabelado que a familia outeriño collese por fin o sacho coma calquera?

Gaviotero #8 21/Maio/2008 Gaviotero

Bueno, aquí el problema es que si no fuera por el dinero público los medios gallegos, incluida La Voz, Faro y demás se iban al garete.

mceleiro #9 21/Maio/2008 mceleiro

Medios gallegos. Que mágoa de se perderem.

Igual nascia A Voz da Galiza, O Faro de Vigo, ou La Región seria substituida por A Nação.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: