Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sáhara Occidental

A Fronte Polisario cumpre 35 anos de loita contra a ocupación

O 20 de maio de 1973 efectuou a súa primeira acción armada contra un destacamento militar español de Janguet Quesat.

Redacción - 12:15 20/05/2008
En 1976, a Polisario proclamou a RASD

En 1976, a Polisario proclamou a RASD

A Fronte Polisario celebra este martes na localidade de Tifariti -zona do Sáhara Occidental baixo o seu control- 35 anos de resistencia e loita contra a ocupación estranxeira do Sáhara Occidental.

O programa de actos inclúe exposicións sobre as tradicións saharauís, exhibicións musicais e folclóricas, un desfile militar e un acto oficial coa intervención do presidente da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), Mohamed Abdelaziz.

Arredor de 300 invitados de organizacións institucionais e non gobernamentais procedentes de Europa, África e Latinoamérica estarán presentes en Tifariti, localidade situada a máis de 400 quilómetros dos campos de refuxiados saharauís de Tinduf (Alxeria) e a perto de 60 do muro construído por Marrocos.


A policía marroquí carga contra unha manifestación no 34º aniversario

A Fronte Polisario creouse o 10 de maio de 1973 por un grupo de estudantes nacionalistas. A súa primeira acción armada efectuouse o 20 de maio dese ano, cando un grupo de sete guerrilleiros atacou o destacamento militar español de Janguet Quesat.

Crise humanitaria
En febreiro de 1976 o movemento independentista proclamou o nacemento da RASD. Tras 16 anos de guerra, en 1991, saharauís e marroquís asinaron en Houston (EUA) un cesamento do fogo. Ademais, acordaron realizar un referendo de autodeterminación, algo ao que Marrocos posteriormente se opuxo.

Dende entón, o número de presos políticos así como o de refuxiados segue a medrar e a súa situación a empeorar. A pasada semana, diferentes asociacións humanitarias volveron alertar da catástrofe humanitaria que ameaza os 158.000 saharauís desprazados, especialmente os cativos.


5/5 (11 votos)

Comentarios (2)

amoscaesquerdosa #1 21/Maio/2008 amoscaesquerdosa

A loita do Frente Polisario debe formar parte das loitas internacionais da esquerda.
Se queres ler unha boa análise do acontecido en italia, por exemplo, visita amoscaesquerdosa.blogspot.com

ecoe #2 21/Maio/2008 ecoe

O €$tado €$pañol irresponsablemente apoia con armas e na política internacional a OCUPACIÓN do Sahara por Marrocos.

O Internacionalismo está cos anceios das e dos Saharauis!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: