A empresa de telecomunicacións R valora positivamente a venda de terminais con menús na nosa lingua.
Tres dos móbiles que oferta R cos menús en galego
O operador galego de telecomunicacións R anunciou na véspera do Día das Letras o lanzamento de catro móbiles cos menús en galego, unha posibilidade de escolla que apenas tiñan os consumidores até o momento. En realidade, R xa lanzou dous deses modelos, o Sony Ericsson w380i e o Nokia 5610, hai un mes, mentres que outros dous aparellos de Nokia, o 2600 classic e o 3120 classic, saíron ao mercado o venres 16 con bos resultados de vendas xa no primeiro día.
O responsábel de produto móbil de R, Héctor Parra, amosouse satisfeito coa resposta dos clientes cara aos móbiles en galego. Os dous modelos que xa estaban no mercado acaparan o 4,2% das vendas, cifra positiva se se ten en conta que non son equipos de balde.
Dos móbiles postos á venda o venres salienta que, no día do lanzamento, vendéronse dez unidades do Nokia 2006 classic, "son números bastante optimistas", sinala Parra, se se ten en conta que o máis vendido distribúe 45 terminais ao día e que, por ser o primeiro día, aínda non existía coñecemento por parte dos comerciais nin dos clientes.
En todo caso, R está agardando a evolución das vendas nas próximas semanas para poder facer balance sobre a campaña dos móbiles en galego. Segundo explicou Héctor Parra, o feito de ofrecer aparellos cos menús na nosa lingua debeuse, tanto por interese da propia empresa, que desenvolve toda a súa comunicación no idioma propio, como polas peticións que recibiu dos usuarios na caixa de atención ao cliente. "Sabendo desa necesidade, foi un tema ao que lle demos prioridade", explica.
Para levar a cabo a iniciativa, R contou cun grupo de persoas especializadas na tradución, sen que houbese axudas económicas externas por parte das administracións públicas. Si chegou a un compromiso cos fabricantes dos teléfonos para poder achegar a lingua aos terminais. Dende a posta en marcha do seu servizo móbil, no pasado mes de nadal, R xa acadou os 10.000 clientes e espera rematar o ano con 40.000 liñas.
A compañía, ademais de traducir os menús dos terminais, tamén dispón da posibilidade de acceder a todos os seus servizos na nosa lingua, como a consulta de facturas, a caixa de voz ou o correo electrónico. Do mesmo xeito, o seu portal móbil está en galego.
A ver cando lles toca tamén aos que R entrega sen custo de terminal cos novos contratos. Ou temos que ser da "Jet" para termos móbiles "bífidos", perdón "bilíngües"?
mais que o menu, o que me interesa sobre todo e o diccionario T9 para escribir mensaxes en galego.
Sugiero que R, empresa servil del poder de turno, ya sea el fraguismo, el touriñismo o, si hubiera existido en su momento, el franquismo, siga indicando la demanda de móviles existentes en los próximos meses y años.
Vamos a ver de verdad cuánta gente solicita que sus móviles vengan en gallego...
Supoño que algún responsábel de R consultará os comentarios polo que desde aquí lles dou a miña enhoraboa e parabéns pola visión de mercado que teñen. Agora Telefónica fai publicidade en galego coma R porque a lingua é construtora de mercado. Somos moitos os galegos que preferimos investir en Galicia, dar o noso diñeiro a empresas que crean postos de traballo aquí e que xeran tecido tecnolóxico desde aquí para fóra. E como saber que unha empresa é galega? Utilizando a lingua galega, simple.
Iso si, o móbil en galego non é a 0 euros.
A min tamén me gusta que se me atenda en galego (sei así que as chamadas non están desviadas nin a Marrocos nin a outros países) e que me dean a opción de escoller. Simplemente iso. Poder ter un servizo na lingua na que me expreso todos os días. E polo que vin, o móbil máis barato si que é a 0 euros, iso si, con permanencia de 18 meses:
http://particulares.mundo-r...
Home, que digam melhor que aguardam uma gram procura de móveis com ortografia espanhola, porque móveis em galego já há tempo que há uma cheia deles ..
(eu tenho um e nom tivem nunca qualquer problema).
Hala, 'salude' !
Creo que non é o momento de discutir sobre normativas Xarope. Cadaquén que empregue coa que máis cómodo se sinte. Eu non considero me sinto cómodo co menú en portugués e isto paréceme unha boa oportunidade aos que agardábamos móbiles bos en galego (da RAG e do ILG), porque para ata o de agora só había uns Grundig (que a saber onde os venden) e os Alcatel que eu saiba.
"E como saber que unha empresa é galega? Utilizando a lingua galega, simple."
Toma ya...viva el totalitarismo.
Y aquí una muestra de lusismo:
Las aulas de Filología Portuguesa en Santiago tienen un único estudiante en primer curso.
http://www.lavozdegalicia.es/g...
Moi boa noticia,áinda que hai "xente" coma o do comentario anterior que lle parece mal.¿Como se pode ter tanto odio polo galego?
O importante non é o portugués(nin o castelán )na universidade.
O importante é o galego na rúa.
Gaviotero,ti es de Espe ou de Rajoy?Acouga meu.
Que pena, Gaviotero pasa por Vieiros, mais Vieiros non pasa por el...
Por certo, "persoas especializadas na tradución". E isto que veñen sendo? Serán tradutores?
Falo por min: os móbiles de R a cero euros coa permanencia esa non teñen nada en galego, ainda que cando os acendes amosan "Galego*" . O asterisco retranqueiro debe significar "un mes destes".
Javi Otero: ¿Como llevas los primeros metros de la gran travesía del desierto, majo? La biología no ayuda, ¿verdad?. Paciencia y perseverancia meu rei, y cuidado con los navajazos!
as aulas de filologia hispanica en Deusto para convencer aos seu alumnos de que entren, os poñen cun soldo a traballar nas bibliotecas da universidade.....
ou iso eran as ultimas novas que tiña eu....
Vamos GAVI... que para ter alumnos, teñan que pagarlles xa é moi forte...
"Y aquí una muestra de lusismo:
Las aulas de Filología Portuguesa en Santiago tienen un único estudiante en primer curso."
Dime canta xente está a estudar calqueira carreira de filoloxía pailán. Isto é terxiversación o demais é unha tontería.
O que fai R está ben, pero estaría moito mellor que tanto Vodafone, Telefónica e Orange fixeran o mesmo. De tódolos xeitos eu coido que tódolos teléfonos de R terán a partires de agora a opción en galego, como teñen a opción en castelán, francés, alemán...
E Xarope, como dician os teus amigos de AGAL o domingo, Os bos e xenerósos a nosa grafía entenden.
PD: xenerosos, non xenerósos =S
- Hola, le llamo de Moviestarr, conoce nuestrah ofertah...blablablaba
- Desculpe, chama vocé a um número dum galego. Não entendo o que me diz.
- Telefonica eh ejpañola... blablabla... yo soy de Madrid.... blablablaba...
- Sigo sem aperceber. Creio que quere vender-me algo, mas não entedo o que exactamente nem as condições.
- Usted... blablabla...Ejpaña.... blablablabla
- Puede ponerse alguien que hable gallego? Can you speak galician?
- Esto es Ejpaña...blablablabla....
- Já. Desculpe, vou desligar. Quando Telefónica queira vender-me algo que o faça em galego. Adeus e bom dia.
Pailanadas.
http://tsf.sapo.pt/audio/2008/...
Anti-lusista, erras meu. A pancarta dizia:
"Os bons e generosos, a nossa grafia entendem".
Saúde.
Dogma, no te creas las tonterías que te cuentan los RH negativos de las Vascongadas. Ya le gustaría al gallego, al vascuence y al catalán juntos tener la demanda que tiene el español dentro y fuera de España, con un Instituto Cervantes que no da abasto para crear sedes en todos los puntos del mundo en los que se les ha solicitado.
Anti_Lusista, la Filología Hispánica no tiene los problemas de la Filología Gallega o la Filología Portuguesa. Simplemente es así, aunque os joda.
Por lo demás, considerar que la defensa de la libertad para usar el español es ser antigallego o ir contra el gallego, demuestra bien a las claras vuestra concepción totalitaria.
Por mi parte que hable gallego quien quiera y que pongan los móviles en gallego o en chino, pero que lo hagan sólo si hay mercado para ello y no porque la Junta está soltando la pasta por detrás, aunque luego prácticamente nadie los compre.
#19 Em Galiza sim tem esses problemas, michinho, avonda com que mires a demanda que tem ;)
E a portuguesa... bom, no primeiro curso pode que não tenha muita, mas nos cursos seguintes nutre-se dos desencantados de Filologia Galega :D
Por outra parte, onde tem mais demanda o português é nas Escolas Oficiais de Idiomas ;-)
O que devia haver é o que havia há menos de vinte anos: Filologia Galego-portuguesa. Isolacionismos absurdos não, obrigado.
En primeiro lugar en Galicia non hay "Junta" senón Xunta, e non seas terxiversador aquí está a relación de xente que estuda Filoloxía na USC, menos filoloxía inglesa, unha miseria. E como ves isto ven dunha fonte oficial da propia USC http://firgoa.usc.es/drupal/no...
En primeiro lugar en Galicia non hay "Junta" senón Xunta, e non sexas terxiversador aquí está a relación de xente que estuda Filoloxía na USC, menos filoloxía inglesa, unha miseria. E como ves isto ven dunha fonte oficial da propia USC http://firgoa.usc.es/drupal/no...
A verdade e que a noticia e un pouco engañosa por non decir outra cosa, os moviles con menu en galego os ofrecen outrass compañias como orange tamen, e que o software e producido polo fabricante e distribuido polo proveedor.O que si no ofrecen outros operadores e a posibilidade de facturas en galego e outros servizos, mais alo diso pareceme que darlle coba a unha empresa como R, unha empresa de sanguijelas que leva aanos vivindo do poder de turno e que a maioria dos seus empregados son sub-contratas de veter outxourcing empresa declarada inimiga de calquer tipo de reivindicacion pois soame a traca de circo, a mesma veter outxourcing que contrata filologos galegos con contratos de auxiliar de administrativo para R, por iso un pouco de seriedade para a redacion de vieiros vendo as empresas as que lle fan a rosca.
E xa falando de despropositos deste tipo isto recordame a empresa de telemarketing GSS da coruña, que levaa un servizo de atencion da xunta o cero dez ou cero doce xa non me acordo ben , que nos seus procesos selectivos pedian xente con dominio do galego, para logo durante o curso de formacion a cordinadora de turno decir lindeces como o galego e de aldeanos, nos vos preocupedes que aqui nadie fala galego e se o fala que lle fondan e cousas asi todo isto subvencionado pola nosa excelsxa xunta de galiza, unha amiga filologa galega que foi o curso non foi despois selecionada e quedouse sorprendida por que se selecionara xente que abertamente decia non saber falar en galego e case nin entendelo, e grazas que parte de ese servizo era para enviar buses no rural.
#19 Polo que leo, non recibiron cartos da Xunta, senón que o fixeron por propia iniciativa. E non entendo que se estea seguido a criticar que se R é o que o fai ou é o distribuidor. Eu que saiba, ata agora non había nin Nokia nin Sony Ericcson en galego, só Alcatel e algún Grundig. Que outras marcas ofrecían móbiles en galego e que modelos? Realmente son os provedores coma R e os seus clientes o que teñen que facer a presión para solicitar estas cousas dos fabricantes.
PARA GAVI....
Nada do que me contan os RH negativos...
Esto mo contou unha amiga miña de portugalete que estudiou hispanicas alí (en DEUSTO) así que o sei de boa tinta, de feito fixo filoloxía inglesa mais hispanica porque lle pagaban e era un plus de cartos que non lle viña mal estudiando por alí.
¿Agora que me querias decir sobre non sei que de los super estudiantes de non sei que filoloxía????
E mira Gaviño, eu xa lebo moito tempo coma pera ser tan pailan coma outros que soio falan de oidas... pero o certo é que """"la Filología Hispánica no tiene los problemas de la Filología Gallega o la Filología Portuguesa. Simplemente es así, aunque os joda.""""¿SE É ASI PORQUE SE TEÑEN QUE COMPRAR ESTUDIANTES DE HISPANICAS?, ¿SE É ASÍ PORQUE UN INSTITUTO CERVANTES?... Meu Gaviño.. que paternalista me es cos castelans, ¿eres de castela?.. coma xa che dixen eu estudiei en Valladolid e ainda teño moitos amigos alí, asi que se queres un día vemos, asi falamos mais tranquilamente...