Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Comezará este ano

8 de xuño: A 'Festa do Deporte'

Celébraa a Dirección Xeral para o Deporte en coordinación con varios concellos galegos e coas federacións dDeportivas.

Redacción - 13:11 20/05/2008

O obxectivo é levar o deporte aos parques, xardíns, rúas, amosando que a práctica deportiva é moito máis do que competición. Por isto a Dirección Xeral para o Deporte, en coordinación cos concellos, vai celebrar o vindeiro 8 de xuño a "Festa do Deporte", baixo o lema O deporte galego une.

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, reuniuse esta segunda feira de tarde cos presidentes das Federacións deportivas galegas e de preto de cen concellos galegos, para explicarlles en que consiste esta iniciativa, que se está a desenvolver dende hai sete anos en Cataluña e Euskadi, do Estado español, e en Italia, por exemplo, en Europa.

Nesta reunión, a directora xeral explicou como xurdiu a idea hai xa sete anos en Barcelona e Torino e animou a todos os concellos a sumarse a esta iniciativa, que "ten como obxectivo final crear o Día do Deporte" na Unión Europea, "xa que o deporte é parte da nosa vida e non só das grandes estrelas, dos que conseguen marcas. Calquera persoa pode, ten e debe practicar actividade físico-deportiva".


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: