A Policía puxo en marcha un operativo de seguridade para identificar e deter os autores do crime.
Polo menos 15 mulleres foron queimadas vivas en Nyakoe, unha aldea a 300 quilómetros ao oeste de Nairobi, capital de Quenia, logo de seren acusadas de bruxería polos seus veciños. Segundo as testemuñas, un cento de persoas levounas á fogueira.
A Policía puxo en marcha un operativo de seguridade para identificar e deter os autores do crime. "É inaceptábel", asegurou Mwangi Ngunyi, responsábel do distrito onde sucederon os feitos. "A xente non pode facer a xustiza polas propias mans, simplemente en base a sospeitas", subliñou.
Segundo fontes locais, polo menos dúas ducias de persoas foron acusadas de bruxería e asasinadas no país dende 1990, concretamente nesa zona. No entanto, segundo os correspondentes dos medios no país sorprende o elevado número de persoas axustizadas á vez.
Algen dira, e con moita razón, que están na idade media. E estes outros moitos estaemos espandados e indignados, ante salvaxismo tal.
Pero todos e todas deberamos ter esa mesma indignación cos que queimaron un pais enteriro, con acusación tan falsas coma as da bruxeria, logo enton que agardamos para facer a nosa parte? que agardamos para pillar a Aznar e aos seus complices locales?
Xuizo xa !!!!
Tes toda a razao.
NOT IN OUR NAME
Totalmente de acordo con Nelbraldam.
"Pero todos e todas deberamos ter esa mesma indignación cos que queimaron un pais enteriro, con acusación tan falsas coma as da bruxeria, logo enton que agardamos para facer a nosa parte? que agardamos para pillar a Aznar e aos seus complices locales?"
¿Como hai que calificar aos responsables dunha guerra como a de Iraq, baseada en mentiras única e exclusivamente? Unha, a da existencia de "armas de destrucción masiva" (que si ten Estados Unidos, e incluso Gran Bretaña, a outra potencia invasora), e outra, moito máis evidente xa desde antes da guerra, a de que o réxime de Sadam Hussein tiña relacións con Bin Laden, sabendo que o réxime de Sadam era o máis laico dos países de tradición islámica, e non tiña absolutamente nada que ver co integrismo relixioso dos que derrubaron as torres xémeas.
Pois por aquí, o recadeiro de don Xurxo Arbusto, Josemari Aznar, apoiando esa criminal agresión e dando por boas as mentiras do texano, chegando incluso a falar con ese acento despois de pasar uns días no rancho do seu xefe, alá en Texas, para falar da naquel momento inminente "falcatruada". Non era certo o que se dicía, ¡que brincallóns! Mais non pasa nada, que calquera se equivoca, ¿ou é que non temos sentido do humor?
Aquí coma sempre os homes pensando no seu, non teñen compaixón polas mulleres, un crime arrepiante coma este parécelles máis lene porque foi cometido sobre mulleres, que ten que ver nisto Irak?: nada. Irak non é o tema desta noticia.
A sociedade patriarcal que os homes non queren deixar...están a gusto nela, claro está. Só sendo muller se pode comprender.
Sophia: Gustaríame que a maior parte das mulleres comprendese iso que dis ti. Considero que a sociedade patriarcal non é cousa "dos homes" en abstracto e si, máis ben, das clases sociais dominantes, incluíndo mulleres, e a nivel popular, por medio da alienación, está tanto en mulleres como en homes, e refírome á mentalidade machista da sociedade patriarcal, porque as mulleres machistas abundan. Abundan as mulleres que defenden os roles establecidos socialmente para homes e mulleres na sociedade.
Os que comentaron esta noticia eran todos homes, ou que alguén me saque do meu erro, se estou nel.
O culpar ás mulleres machistas do propio machismo tamén é machismo. Non me expresei moi ben, pero coido que se entende.
As mulleres machistas tamén terán a súa parte de culpa, pero os homes foron os que instauraron esta sociedade na que a muller é persoa de segunda.
sophia, és umha auténtica maniquea. Eu nom instaurei nenhuma sociedade. Por quê nom te perguntas se hai homens para os que os roles de género impostos também tenham sido umha tortura?
Pois non sei, pon algún exemplo de roles de xénero que teñan sido unha tortura pra os homes, porque non sei a que te refires.
Claro, claro, como todos os homens somos exactamente iguais, e temos as mesmas expectativas, gostos, desejos, etc. na vida, pois todos nos adaptamos perfeitamente ao rol social masculino. E, polo visto, como parece que para tí, também todas as mulheres som cuspidinhas umhas e outras, pois nenhuma delas se tém adaptado perfeitamente ao rol social feminino. Eu, que sou gay, passei umha vida que foi um caminho de rosas; mas nom me custa imaginar homens heteros que também se tenham visto violentados por nom responder aos estereótipos masculinos que lhes vinham impostos. Algumha gente semelha que sodes incapaces de superar o essencialismo de género.
Estou de acordo contigo em que o tema da notícia nom tém nada a ver co Iraque, mas nom sei de onde sacas que mesturar temas tenha que ser necesariamente umha questom de machismo, nem que os que comentarom algo tivessem argumentado cousas distintas se na vez de ser mulheres as assassinadas "por bruxaria" fossem homens.
Fixa-te que no texto da nova, fala de que anteriormente já houve assassinatos de "pessoas" (sic), e também que quem atacou a estas 15 mulheres eram "pessoas" ( homens e também mulheres?). O machismo é umha actitude, nom umha característica anatómica da gente. E hai mulheres machistas, como hai racistas em todas as raças, como hai homossexuais homófobos que nom se assumem. Nom se pode andar a predicar a igualdade de todas as pessoas e a criticar os preconceitos e logo, á hora da verdade, aplicar outros preconceitos a outra gente.
As feministas que confonden defenderen os seus dereitos con atacaren por sistema aos homes sen distinción están prexidicando de feito a causa que queren ou que din defender. Péchanse a posibles solidariedades e desprestixian a súa causa, contribuíndo á imaxe caricaturizada e absolutamente falsa que a reacción fai do feminismo en xeral.
Eu si que creo que a noticia ten unha relación con Iraq porque o que se trataba de facer ver nos comentarios de quen me precedeu e o meu era que "en todas partes cócense fabas" e que nos escandaizamos, ou deberíamos facelo, moito co que pasa en países musulmáns, esquecendo as barbaridades que se fan por parte de países occidentais e ás que non se lles dá importancia, e non só iso senón que incluso se apoian. ¿Ou acaso a guerra de Iraq non foi apoiada pola maior parte de opinión pública norteamericana e por moitos votantes do PP en España, e por influíntes medios de comunicación da dereita, especialmente unha cadea de emisoras da Igrexa que todos coñecemos? A queima de mulleres por bruxería teríase feito igual se os acusados de bruxería fosen homes, por outra parte.
E por último direi que se a actitude dos países máis poderosos de Occidente cos países islámicos fose outra, neses países non se oprimiría tanto ás mulleres como se oprime. Non é precisamente por medio de guerras inxustas e criminais como se loita contra a opresión das mulleres nos países islámicos, países aos que se apoiou sempre cando conviña aos intereses das clases dominantes de países como Estados Unidos. Bin Laden foi apoiado, Sadam Hussein tamén, os Iraq e Afganistán ocupados teñen gobernos apoiados por Occidente e son gobernos opresivos aínda contra as mulleres. Do mesmo modo, son apoiados, seguen a selo, o réxime de Marrocos, a despótica tiranía de Arabia Saudita, etc. As mulleres que apoian e votan gobernos como os que fan esas cousas ou que as apoian son responsables da opresión das mulleres nos países musulmáns.
Aquí estamos, convertindo feitos atroces, contados da maneira máis atraente posible ("mulleres", non "persoas"; se se di mulleres a noticia atrae moito máis, igual que se son rumanos, negros, nenos ou vellos; Sophia, picastes na trampa)en excusas para despregar toda a nosa artillería intelectual, social e política (que progre queda)e para amosar os nosos rencores feministas de salón. Sophia, iso de "Só sendo muller se pode comprender" quedouche moi de Sexo en Nova York (fantástica serie, por certo).Tanto simplismo non é bo. Podería compartir, ou non, as túas ideas, máis acho que pegan tan pouco (ou tan moito) como as de Xeonllo e nelbrandam.
Veña, eu únome a botar culpas (xa postos). Que se os homes, que se Aznar... baaahhhh, todo é culpa de Deus e da Igrexa; se él non existise, a bruxería tampouco.
Paréceme unha tolemia que aínda pasen estas cousas.Síntoo moito polas PERSOAS falecidas.