Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Investigación parlamentaria

Feijoo pide a cabeza de altos cargos socialistas polo caso da axente electoral

Trátase dos conselleiros de Traballo e Presidencia, do alcalde de Muxía -que compareceu este xoves- e da deputada Marisol Soneira.

Redacción - 18:15 22/05/2008
Feijoo, acompañado por Afonso Rueda, esta quinta feira

Feijoo, acompañado por Afonso Rueda, esta quinta feira

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, pediu a dimisión dos conselleiros de Traballo e de Presidencia, Ricardo Varela e Xosé Luís Méndez Romeu, respectivamente, así como a do alcalde de Muxía, Félix Porto, e a da deputada Marisol Soneira.

Os catro poderían estar vinculados no financiamento da suposta axente electoral do PSdeG María Isabel Blanco, que esta cuarta feira asegurou na comisión de investigación parlamentaria que traballara "ás ordes" de Porto para solicitar o voto na emigración.

Feijoo considerou que o presunto financiamento con fondos públicos dunha suposta axente electoral do PSdeG supón unha "fraude económica, parlamentaria, laboral, electoral e política" que obriga a "que o Goberno asuma a súa responsabilidade".

É un feito "gravísimo e sen precedentes", afirmou Feijoo, "o suficiente como para actuar con contundencia", polo que emprazou ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a decidir de que lado quere estar, "do da ética e a democracia, ou do da fraude".

Touriño asumirá as conclusións da comisión
Á saída do Consello de Goberno, esta quinta feira, Touriño comprometeuse a asumir as conclusións ás que chegue a comisión de investigación que investiga o caso. No entanto, pediu que se deixe que os deputados "fagan o seu traballo", polo que evitou pronunciarse sobre como como transcorren as comparecencias.

Félix Porto, pola súa banda, anunciou esta mesma xornada no Parlamento -onde compareceu tamén como responsábel de Unións Agrarias- que "escoitará as barbaridades" que dixo María Isabel Blanco para "estudar a posibilidade de presentar unha querela".

O alcalde de Muxía insistiu en que actúa "por vinganza" porque non lle estendeu a vinculación laboral de Blanco co sindicato agrario -a través dun contrato con Viticultores do Castro e subvencionada pola Consellaría de Traballo- unha vez que este finalizou. Segundo a versión de Félix Porto, a suposta axente electoral ameazouno con que "se acordaría dela".


4/5 (4 votos)

Comentarios (5)

nelbrandam #1 22/Maio/2008 nelbrandam

Mira ti, home, mira ti.
Para que logo nos boten a culpa aos emigrantes das caralladiños co voto exterior, xa ves como son os mesmiños que fan outro tanto co voto "interior".
Esta vez tocoulle o PSOE de pagar, pero os de PP, hai o día que falen os que teñen que falar.
O asunto desto sempre son "as probas" e as probas xa se sabe que as ten que buscar, os organos competentes, que para eso están e cobran, e nons os cidadans de a pé, pero que investiguen, que investiguen. Claro que tamen hai outro problema, quen manda aos que investigan?.
Neste caso como brincou a lebre por outro lado foiselles da man, e xa se sabe...
Agora que veñan os xunta-letra de turno e os fala-barato a despotricar do voto emigrante.

subela #2 22/Maio/2008 subela

O PsdG segue no seu camiño de persecución do ronsel do PP, a señora Soneira xa é asidua das trapalladas do voto da emigración.
O señor Feijoo ten boa parte de razón, lástima que careza de credibilidade, o seu partido é o especialista das viaxes institucionais nas que se pedía o voto (coma a que está facendo agora Touriño)e el entrogou un cheque da Deputación de Pontevedra hai uns días coma quen di
Isto é fácil de amañar cunha regulación democrática do voto emigrante e non manter a actual sistema propio de paises africanos

Gaviotero #3 23/Maio/2008 Gaviotero

Han pillado a los socialistos y ya lo que nos faltaba es que pretendan que sean también de esto culpables los del PP.

Esta vez no. Os han pillado y os toca pagar, tíos.

moledo #4 23/Maio/2008 moledo

O facto denunciado é muito reprovável, mas uma vez mais comprovamos que apenas saem à luz os casos que tem como alvo pessoas, neste caso a alegada agente eleitoral, relativamente indefesas e vulneráveis. Com a tradição de décadas e décadas que temos, se esta agente eleitoral fosse a protegida dum vulto do partido não havia de acontecer nada. Como é uma pessoa vulnerável, um objectivo fácil, acrescentado a que o PSOE na costa da morte está imerso em batalhas internas e o PP, aliás, está cinicamente a espreitar, nos demais, "escândalos" isto sai e monta-se o barulho. Há gentes que são inimputáveis façam o que façam, outros pagam caro.

Feijoo pode ter razão na sua denuncia, mas realmente nem ele nem o seu partido têm legitimidade nem crédito moral para a fazer.

AURINEGRO #5 23/Maio/2008 AURINEGRO

Somos uns retrasadiños para todo. Agora resulta que os parlamentarios do PP descobren que hai "axentes electorais". Eles que foron os inventores deste oco de emprego na emigración...agora o Parlamento perde o tempo nun tema menor. O tema foi importante durante 16 anos nos que o PP mercou e mercou votos con contratados que ían polas portas recollendo sobres (cos votos dentro por suposto). Se a señora Blanco fose promocionar un partido político entre as súas amistades non estaría cometendo ningún delito (é un particular)pero iso non o fixo. A súa falta de ética foi aproveitarse da boa fe da deputada Soneira e logo vingarse cando o PP lle ofreceu "o ouro e o mouro". Acertan os que dirixen a liña de investigación aos socios PSOE-PP de Vimianzo porque eles son os únicos beneficiados desta trapallada. A señora Blanco non roubou nada nin tampouco mil euros son motivo para que os nosos parlamentarios deixen de traballar nos problemas que temos os cidadadáns galegos. Un pouquiño de seriedade, please.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: