Incluirá a reparación de buratos deixados polo anterior equipo de goberno, como é a débeda do canon enerxético con varios concellos.
A Deputación de Lugo reserva nestes orzamentos máis de cinco millóns de euros para pagar a débeda con varios municipios afectados polo canon enerxético (tres millóns ao Concello de Chantada e dous a diversos concellos tamén afectados polo mesmo caso). Trátase dun exemplo significativo da viraxe no temón provincial, despois de anos de preitos desde o sur lugués contra esta irregularidade e do daquela presidente, Francisco Cacharro, freando á execución das sentenzas xudiciais.
Desta volta, a institución provincial presentou unha proposta de orzamento para ser debatida a semana que vén, que suma 153,7 millóns de euros, un incremento dun 10% respecto do orzamentado o ano anterior. Será ademais o primeiro integramente confeccionado pola coalición de PSdeG e BNG.
Ao fío, o presidente da Deputación, o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro, destacaba este xoves que o proxecto servirá para "poñerlle fin ás débedas históricas" que mantiña esta institución "sen que se hipoteque o futuro". Por outro lado, o vicepresidente primeiro, o nacionalista Xosé Antón Bao, salientaba que as contas "recollen a vontade dun goberno integrado por dúas forzas políticas de facer posíbel unha nova Deputación", ademais de subliñar que permitirá que o ente dispoña dunha política social e cultural "cuns obxectivos claros".
ah, que sería daqueles mil millóns de fai anos, que cos xuros e todo case chegaba os mil quinientos!!!
menguarían, con tanta clase política e funcionarial nos recunchos administrativos de esta larga provincia...
pero hai estudos técnicos que aseguran que o diñeiro, tal como a enerxía, non se destrúe, se non que se transforma.
mellor que eso, cambia de poseedor, de peto. pero sempre está en algún lado.
ahora son 500 millóns. imaxino que o outro xa se terá gastado en ben do pobo, coma sempre: festas, comidas, putas, asesores, becarias e plans directores.
ah, que razón tiña eu cando teimaba en facer unha asociación para solicitar á fenosa que pagase directamente á cidadanía sen pasar pola deputación nin polos concellos, por exemplo arbitrando un desconto no recibo dos veciños dos pobos afectados...
ah, que cousas se me ocorren, como se vai entrar en tal tamaña discriminación...