O equipo vigués cóase nas play-off despois de lle gañar ao San Isidro no que foi o primeiro triunfo galego do campionato. O Fundiciones Rey de Vilagarcía xoga pola novena praza.
A primeira vitoria dun equipo galego no Campionato Estatal chegou na terceira xornada, a desta quinta feira. Despois de que na cuarta o Fundiciones Rei Caixanova de Vilagarcía pechase a primeira fase cun pleno de derrotas, na quinta a Compañía de María conseguiu desquitarse do primeiro partido, perdido ante o Caja Canarias (128-34), gañándolle ao San Isidro Covipro de Valladolid (64-53).
Esta sexta feira comezan os cuartos de final. As viguesas xogan ás 20:00 horas contra o Sarriá. Pola súa parte, as de Vilagarcía han loitar pola novena praza ante o Basket Mar de Xixón, a partir de las 11:00 horas.
Partidos para esta sexta feira, 23 de maio:
Polos postos do 9º ao 12º
9:00 horas: Helios Mann Filter 95 - San Isidro Coprivo 41.
11:00 horas: Basket Mar Grupo - Fundiciones Rey.Cuartos de Final
13:00 horas: GC La Caja Canarias - Ciudad Ros Casares
16:00 horas: Bera Bera RT - Oaxaca Antequera Guindos
18:00 horas: UNI CajaCanarias - C.B Majadahonda
20:00 horas: C.B.F. Sarria - CIA. María Vigo