Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornada "educativo-militar" en Ordes

Na escola: Educación para a Paz, na rúa: Día das Forzas Armadas

Iniciativa de discutíbel valor pedagóxico a realizada no Concello de Ordes este xoves e á que acudiron centos de cativos.

Redacción - 12:00 23/05/2008

Tres milleiros de veciños e arredor de 200 rapaces asistiron este xoves no campo da feira a un conxunto de actividades organizadas polo exército, no que se presentou como "Día das Forzas Armadas" en Ordes.

Entre outros os rapaces tamén probaron cascos de visión nocturna, asistiron á explicación de tácticas de camuflaxe ou fixeron descenso en rápel. Pero ademais, e coa escusa de "achegarlles aos veciños a realidade cotiá destas forzas de seguridade", en palabras do rexedor ordense, Manuel Regos, velaí poden ver nas imaxes a pé do texto o dubidosamente didáctico encontro dos cativos con toda unha mostra de armamento.


4,6/5 (5 votos)


Comentarios (9)

Lead_bocas #1 23/Maio/2008 Lead_bocas

Intolerable!!!

xacataca #2 23/Maio/2008 xacataca

Supoño que haberá dimisións, porque isto ten que ser por forza ilegal, non?

Xabi1 #3 23/Maio/2008 Xabi1

Estamos ben. E cando o BNG fala da Policía Galega de Nazón, qué, eses non portarán armas? E cando falaba a UPG do "exército galego", qué, era un exército pacifista?. E cando hai que babexar diante do traxe de milico de Raúl Castro, qué?.
Un pouco de seriedade.

baltar69 #4 23/Maio/2008 baltar69

e logo, toda esta retórica pacifista cree o cidadán que é para outra cousa máis que para que as clases nobres e poderosas teñan de súa man un exercito que as protexa, pero, eso sí, pagado por tódolos contribuíntes? a tropa de reemplazo non profesional pode ter unha ou outra ideoloxía, pero a soldadesca profesional ten soio unha: obedecer ó que paga.
este paulatino alonxamento da sociedade civil do feito militar é un erro máis dun tipo de esquerda acomodaticia e banal, que cree que a cousa xa está feita con solbes de ministro-tiopa e con susan sarandon no xurado de cannes. recórdame o tinglado o debate da enerxía nuclear nos primeiros anos oitenta: ideadas e planificadas unha serie de centrais nucleares, a movilización popular conseguiu paralizalo proceso...
pse.
eso é o que decían os medios de entón, pero a realidade é que antes de empezar a facelas obras, esas centrais eran xa deficitarias o empregar tecnoloxías obsoletas e contar cuns plazos de execución demasiado largos. qué mellor, pois, que montar unha resposta popular axilizada por " ecoloxistas " e pasarlle a cada cidadán, no recibo da luz, unha comisión por esa moratoria nuclear?
míntennos e manéxannos cada día ó séu discreto modo!
entón, levemos ós nenos nados en parís e transportados polas cegoñas até estas terras de promisión velas vacas que pastan mansamente nas cortiñas, mentras a primaveira enche de flores a ribeira do río pedregoso e bullangueiro.
si,levémolos ahí. e a madroa velos tigres e a sanxenxo chamuscarse na area de silgar, mentras mirámolo cú daquela moza que pasea apurada entre a madama e o hotel.
pero cando pregunten por esa construcción grisácea con teito de uralita das aforas da vila, non lles digamos que é o matadoiro municipal, o lugar donde eses rumiantes de ollar manso e húmido apenas alcanzan a ver o marronazo que lles ven directo á frente antes de que, áxil, o matarife lles dé un certeiro tallo que lles corte a gorxa polo lugar donde empezará a tirar do pelexo mentras avanza o gancho para pasala á sáa de corte na que, a súa vez, potentes serras as despezarán en menos tempo que un de estes infantes desmonta o muñeco de lego.
cá, protejamos la infancia, cómo va a ser didáctico enseñarle a un niño esas cosas? a ver, pepito, otra vez: del salón en el ángulo oscuro, de su dueño tal vez olvidada...

pampo #5 23/Maio/2008 pampo

Menos mal que a cidadanía e a escola van por diante e o militarismo forma parte xa do pasado. claro que aínda encontra espazos para "xustificarse". O vergoñento é que utilice aos xoves para facer un exercicio "ridículo" de demostración da forza da sinrazón.
Por certo, Sr. Alcalde de Ordes, é que no seu concello non hai outros asuntos dos que ocuparse ?
Gustaríame coñecer a súa "sensiblidade" coa cultura deste país. Averiguareino...

ecoe #6 23/Maio/2008 ecoe

Ignorando a Historia non se poden entender as razóns polas que suceden os feitos.

O €xército €$pañol xamáis defendeu a ningún súbdito de ninguén, nunca gañou unha guerra qsaue non fora contra a sua propia población (sublevamento militar 1936/1939)!.

Ademáis pasóu tal cal, como o resto das institucións franquistas, da Dictadura á "auto"denominada (desde o poder) democracia, ó igual que o bourbon, a (con P)"constitución" de factura franquista (que non resolve ningún dos problemas que prantexa o €$tado €$pañol ós seus súbditos desde 1977), etc.

A Obxección de Conciencia, Dereito Básico recoñecido internacionalmente (en especial tras das Guerras Mundiais do século XX),para enfrontar nun principio as levas no servicio militar obrigatorio para baróns), que, con motivo engadido do coñecimento interior e nefasto que a maioría da población sofréu no campo militar, acadou, -tras dura loita colectiva de oposición, de fortes custos personais (cadea)- facer imposible a obrigatoriedade.
Nunca desde esa data, -tal é o desprestixio social acadado entre a población por esta "institución", xamáis poideron acadar o mínimo de tropas necesarias para a sua operatividade.
Nun €$tado xeralizado de paro, escabroso no sector da xuventude, con taxas altas ata cáseque os 3 millóns de parados na época do Mister X chefe do GAL, e ofrecendo tódalas facilidades para o acceso (2+2 e o que escriba 4 desbotado), nunca nin hoxe, a pesares de abrirse claramente ó mercenariado (regalan nacionalidade ós inmigrantes latinoamericanos!), a población do €€ segue a darlle as costas.

Así pois, recrutamentos diante de Institutos de secundaria, satands en feiras xuvenís, aproveitamento de oportunidades dos concellos, etc, etc. para tratar de qsue a población VOLVA a tragar o que ata tan só o ano 1994/96 foron xuízos e condeas, incluso chegando os insumisos a desertar NO INTERIOR das tais forzas de seguridade do posfranquismo socioeconómico, que é a quen serven.

Comparar o exército en xeral (poñamos o inperialista USA, ou o IFA), o tradicional ou o do €€, con un exército libertador de toda a sua población, (maioritariamente os negros e os pobres), defensor da mesma e do que ela forma parte como compoñente armada, con funcións clarísimas de aprovisionamento e desenrolo alimentar básico da población (aspecto militarizado por motivos estratéxicos do criminal bloqueio do Imperio USA apoiado desde U€, esto é, con TODOS os países capitalistas inxerenciando DENTRO da Illa), é deixar atrás a intelixencia e o razonamento, para fácilmente deixarse levar polas ondas da ausencia de pensamento crítico.

Escusen a extensión.

Sara_Mago #7 23/Maio/2008 Sara_Mago

aproveitam a fascinaçom das crianças polas armas (armas-brinquedo?) para ir adoutrinando os cadelos de amanha.

Atlantico #8 24/Maio/2008 Atlantico

A miña dubida é se escollen premeditadamente o lugar da función, zonas onde non existe tecido industrial dabondo para que os rapaces teñan outra saida.

Porque traer colombianos para alimentar o exército é problematico, logo matanse cos ultras, militares de vocación e xenofobos.

Dogma #9 24/Maio/2008 Dogma

VERGONZA...
Iso é o que me dá...
Van a pobos de ceerto nivel de habitantes e cunha media economica por debaixo da normal, poñendolles o caramelo para que piquen...
¿porque non van a facer propaganda aos colexios de pijos de Madrid ou Barcelona???
AHHHHHHHHHH, non vaia a ser cun deses fillos de rico se meta no exercito e despois o pai non poida apoiar ir a guerra coma a de Irak e así perda negocio... para a guerra os pobres... se incluso era mellor facer a mili que isto, onde quen vai a morrer e o fillo do pobre...

SOIO PENSADE NUNHA COUSA... ¿CANTOS HOMES E MULLERES DE ESPAÑA LEBAN MORTO DENTRO DE CONFLICTOS DENDO O EXERCITO PROFESIONAL?... ¿CANTOS HOMES E MULLERES DE ESPAÑA MORRERON EN CONFLICTOS SEMELLANTES CANDO EXISTIA A MILI?¿A CANTAS "OPERACIONS HUMANITARIAS" IAMOS CA MILI?¿CANTAS GUERRAS APOIOU ESPAÑA CANDO EXISTIA A MILI?...

O fascismo dos ricos e poderosos segue ahi señores, e o peor é que temos concellos como o de ORDES que parece que quere sacrificar aos seus fillos... NON DEBERIAS DE CONSETIR ISTO.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: