Chega á súa XIV edición a xornada Ponte nas Ondas, que une a rapaces galegos e portugueses na defensa do patrimonio cultural común.
"Penso que o que sucede sobre o territorio é un texto; os pobos, as sociedades, escriben sobre o territorio. (...) ... e vexo tamén o territorio como ese libro en que ás veces se escribe ben e moitas veces mal". Con esta reflexión de Manuel Rivas, presentan desde Ponte nas Ondas o que este ano será o centro de interese da xornada escolar do 6 de xuño e cara á que xa levan tempo traballando numerosas escolas de Galiza e Portugal.
Deste xeito, a reflexión sobre a identidade e o territorio será nesta ocasión o obxectivo fundamental. "Nesta Fisterra atlántica existe un modo particular de ver e de interpretar o mundo que ao longo do tempo produciu unhas prácticas sociais que deron lugar a expresións dun patrimonio común compartido por Galiza e o Norte de Portugal", expoñen os promotores do proxecto.
A XIV edición da Xornada de Comunicación Ponte nas Ondas e mais a VII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa, foron presentadas este venres no Museo do Verbum-Casa das Palabras, en Vigo.
O convite da Unesco ao patrimonio galego-portugués
A xornada servirá ademais para seguir pulando pola inclusión das Tradicións Orais Galego-Portuguesas na futura lista indicativa da Unesco. Recordámoslles que, logo dunha primeira tentativa, a propia Unesco felicitou a calidade da iniciativa e animou a Ponte nas Ondas a recabaren todos os apoios necesarios e redeseñar a proposta para presentárena de novo en canto se abrise o proceso.
Jobar, boto de menos os comentarios do Gaviotero... :D
Gaivotas á terra, mariñeiros á merda...
mara... non tentes... a mais o Gavi xa sabes, é o tipico que aburrese no traballo e adicase a entrar aqui para protestar por todo, se esto fora un pais independemte mesmo estaría protestando por algunha causa tan perdida coma el he he he, se lees isto Gavi é con cariño creeme.... (para que me entendas, fasnos rir tanto que.... bufón non te vou chamar, que non creas, era o unico que podía rirse do mesmo rei, pero bufón ten caracter despectivo, asi que coma é con cariño... soio direi que algo toliño si que me es Gavi.. e por iso o cariño que te temos...)
¿non é maragota?...