Segundo os principais medios deste país, Guillermo León Sáenz Vargas é o novo líder da guerrilla.
Guillermo León
Pedro Antonio Marín, “Tirofijo” ou "Manuel Marulanda", o histórico dirixente das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia faleceu o pasado 26 de marzo. Isto é o que sostén o exército colombiano, que este mesmo domingo fixo público un comunicado oficial. Segundo fontes do goberno de Colombia, o novo máximo responsábel da guerrilla é Guillermo León Sáenz Vargas, tamén coñecido polo nome "Alfonso Cano".
Esta versión non especifica cal foi a causa da morte do, aos seus 78 anos, cualificado o “guerrilleiro máis veterano do mundo”. Aínda que o goberno de Uribe sinala que bombardeou as posicións onde se atopaba Marín, tamén sinala que hai outras informacións que apunta a un paro cardíaco como causa do óbito. As informacións do goberno, que procederían dos servizos de intelixencia, están a ser tomadas con cautela xa que dende 1970 publicouse até en catro ocasións a súa morte.
Un cerdo terrorista menos en el mundo...un paso más hacia la paz en Colombia.
Pode-se ver o vídeo do comunicado das FARC-EP sobre a morte do seu líder em http://anncol.eu/
Morrer polo povo é viver!
Falta de velocidade. Novamente o “DESINFORMADO” goberno de Colombia deu unha noticia antes que as propias FARC.
E aínda hai persoas que din que este grupo terrorista esta forte e que é unha alternativa de poder en Colombia. E ata o prócer apocalíptico que goberna a Venezuela, hai pouco atrevíase a sinalar que Venezuela limitaba coas FARC e non con Colombia e ata suxeriu darlle status de beligerancia a practicamente un cadáver insepulto.
As razóns que levaron a Marulanda para iniciar unha loita puideron ser validas e altamente xustificadas no seu momento. Pero do mesmo xeito que moitos líderes no pasado cambiaron. E pasaron da xustiza ao perverso e da loita de clases a unha ensalada que mesclaba delincuencia, narcotráfico e a utilización das persoas como moeda de cambio ou extorsión.
Se algo sobra en Colombia e Hispanoamérica son os mortos. Ojala este fose o último e puidésemos ver unha Colombia mais pacifica.
O golpe dado ás FARC coa morte de Raúl Reyes e o comiso dos computadores desarmou a este grupo terrorista e desenmascarado a individuos como Chávez que debutaron na vida política venezolana coas súas mans cheas de sangue, que por imperfeccións da xustiza logro acceder ao goberno. Agora está á defensiva. Xa que todo o sinalado sobre os computadores confirmou moitas cousas que antes eran comentarios e sospeitas, hoxe son realidades. Xa vimos que no último cume, Chávez non realizo ningún escándalo. Pola contra, limo asperezas coa presidenta de Chile e ata baixo o ton de de as descualificacións contra o goberno alemán e deu por resolto o problema con España, ata falo co mesmo Uribe. E aclaro, non é a primeira vez que este señor pide desculpas, fala de amor e paz e abraza ata un crucifixo e logo ataca novamente con todos os recursos cos que conta. Hoxe en día só ten a favor un barril de petróleo a máis de 100 dólares o barril. Co cal segue comprando conciencias. Pero os escándalos do maletín arxentino onde xa son tres os implicados que confesaron a descarada intervención do goberno de Venezuela na política Arxentina do mesmo xeito que a confirmación que os militares venezolanos e a enxeñeiro de PDVSA asasinados no estado Apure foi realizado polas FARC. Simplemente quedo desenmascarádo.
Ojala os novos dirixentes das FARC permitan que as persoas secuestradas retornen ás súas familias e que eles escollan vías máis pacificas para defender os seus puntos de vista.