O recoñecido músico vasco escribe nun artigo no diario Deia a súa visión sobre a música que se fai en Galiza.
O xornal vasco Deia publicou esta semana un artigo do músico Kepa Junquera titulado "Galicia". O internacional artista bilbaíno salienta o bo momento que atravesa a música tradicional galega citando a formacións como Milladoiro, Berrogüetto e Luar na Lubre e a músicos como Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez ou Susana Seivane.
Poden ler aquí o artigo íntegro.
Pois ningún dos músicos que din que dixo é músico tradicional, pois.!
Abofé. Kepa Junquera ben puido comprobalo a pasada fin de semana na Mariña, na súa visita a Burela para participar no Festival Festa da Marosa 'goza do saber dos povos'.
http://www.vieiros.com/nova/66...