Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Á procura dunha vida pasada

Fotos marcianas

Aterra en Marte a sonda espacial 'Phoenix', destinada a elaborar os primeiros estudos sobre auga noutro planeta.

Redacción - 10:45 26/05/2008
Unha das primeiras fotos con cor (clique para ampliar)

Unha das primeiras fotos con cor (clique para ampliar)

Unha sonda destinada a elaborar os primeiros estudos sobre a auga doutro planeta aterrou este domingo na superficie de Marte, segundo informaron representantes da Axencia Espacial de Estados Unidos (NASA).

A viaxe da Phoenix durou dez meses e percorreu 644 millóns de quilómetros. Aterrou na rexión polar do norte do Planeta Vermello ás 12:53 horas (en Galiza). A sonda estará tres meses analizando mostras de terra e xeo para determinar se algunha vez puido haber vida en Marte.

A misión púxose en marcha logo de que os científicos descubriran en 2002 que as rexións polares do planeta contan con vastas reservas de auga conxelada debaixo dunha fina capa de terra.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: