Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nas traíñas

Cabo de Cruz, Mecos e Tirán gañan o Campionato Galego

Despois das roldas clasificatorias disputadas en Meira o sábado, as tres tripulacións conseguiron praza para o vindeiro estatal de Cantabria, xunto con Samertolaméu e Vilaxoán.

Redacción - 11:12 26/05/2008
Os Mecos, nunha proba

Os Mecos, nunha proba

Os clubes Cabo de Cruz, en mulleres; Mecos, en xuvenís; e Tirán en sénior, gañaron o Campionato Galego de traiñeiriñas que terminaba este domingo en Moaña.

O sábado, o barco xuvenil do Grove demostraba a súa condición de máximo favorito ao gañar a serie por diante de Vilaxoán. Na categoría absoluta feminina dominou, con diferencia, a embarcación de Cabo da Cruz, gañando a serie e facendo o mellor tempo dos cinco finalistas. Na sénior masculina, a tripulación de Cabo contaba ao título, despois de facer unha boa serie, mais debía conseguir o permiso de Tirán.

A final e as prazas para o Estatal
No domingo, na final, os tres equipos exhibiron a súa forza, sobre todo na proba sénior. Nesta, dos cinco equipos participantes, catro deles entraron na meta con dous segundo de diferenza. Finalmente, os de Tirán proclamáronse campións con 38 centésimas de diferenza sobre Samertolaméu. A continuación entraron Chapela e Cabo da Cruz. Os dous primeiros clasificábanse para o Estatal, que se ha desenvolver na localidade cántabra de Castro Urdiales a vindeira fin de semana.

Tamén obtiveron cadansúa praza as mozas de Cabo de Cruz e de Samertolaméu, aínda que é posíbel que finalmente vaian as cinco tripulacións galegas, ao non haber abondos equipos doutras autonomías do Estado.

En xuvenís, os Mecos amosáronse moi fortes, e gañaron con rotundidade, seguidos de Vilaxoán (os dous han viaxar tamén a Cantabria), e das embarcacións de Cesantes, Pobra do Caramiñal e Cabana de Ferrol.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: