Acaba de chegar a Galiza, após gañar a 88 edición dunha das roldas con máis sona da península, a Volta a Cataluña.
Xa son tres os galegos que gañaron a Volta a Cataluña (unha das roldas de máis prestixio e tradición da península). Este domingo foi Gustavo César Veloso; hai vinte e dous anos, Álvaro Pino; e 61 anos antes xusto, en 1947, gañábaa Emilio Rodríguez. O segundo dos irmáns Rodríguez volvería repetir vitoria o ano seguinte.
Dous destes homes chegaban xuntos este domingo á noite a Labacolla: Pino e Veloso (acompañados do resto de corredores e equipo do KGZ). Abrazáronse aos familiares e amigos e abriron unha botella de cava. Veloso viña de sorprender a todo o mundo, co seu nome pouco coñecido e a súa forza. Ninguén desconfiaba dese tal Veloso, mais na última tirada da 88 edición da rolda catalá meteu no peto a vitoria. Cando subira, poucas horas antes, enriba da bici, por primeira vez ese día, nin pensara en gañar. Agora está un pouco abraiado polas chamadas que recibe ("levo horas ao teléfono"), mentres contesta unha e outra vez a pregunta que lle fixo todo o mundo, "como te sentiches?": "aínda non o sei!".
Comezou a andar na bici aos 18 anos. Antes xa tiña probado unha chea de deportes pero o ciclismo, aínda que se lle facía duro, gustoulle de veras. Saía co Club Cicloturista de Vilagarcía os domingos. Daquela comezou a competir (cousa que tamén lle gusta abondo) e a meterse "máis en serio".
Defínese como un corredor "bastante completo", a pesar de non ser un gañador na montaña ou na contrarreloxo, deféndese ben nos dous terreos. Non lle van as etapas rompepernas, pero se se lle dan ben, pode que todo saia redondo, como desta volta.
Vieiros: E eis a pregunta: Como se sentiu gañando unha rolda coma esta, e ademais dando a sorpresa na última tirada?
Gustavo César Veloso: Sempre sabe ben unha vitoria, pero cando se consegue no último momento é, se cadra, máis emocionante. Agora estoume dando de conta da importancia que tivo o que fixen (paso horas ao teléfono explicándoo!), mais estou aínda nunha nube.
Os seus compañeiros de equipo téñeno definido como un ciclista pouco ambicioso? Como o ve vostede?
Non é que sexa pouco ambicioso. O que ocorre é que sempre teño claro cando estou ben para correr para min, e cando non o estou, axudo aos compañeiros que teñan posibilidades de facer unha boa carreira. É cando estou ben cando corro de xeito ambicioso.
Cada ciclista ten o seu xeito de actuar, ben distinto dos máis. Hai quen, ao mellor sen crer que ten posibilidades, sabendo que non está ben, corre para el e dá o 40 ou o 50 por cento. Isto a min non me chega e prefiro facer todo o traballo para un compañeiro. Síntome máis realizado.
Despois deste moi bo comezo de tempada do equipo ciclista profesional galego, que lle queda ao KGZ?
O ano pasado xa deixamos o listón bastante alto, coa quinta posición de Ezequiel Mosquera (a terceira entre os ciclistas estatais) na 'Vuelta a España'. Agora obxectivo sería terminar no podio ou gañar unha etapa nesta rolda. Isto xa é moitísimo. Non todos os equipos, no seu segundo ano como profesionais, poden dicir que gañaron, no que vai de tempada, varias etapas na Volta ao País Vasco, a Volta a Turquía, a rolda catalá... ou quedar case sempre nos dez primeiros portos en algunhas competicións.
E que lle queda a vostede por facer esta tempada?
Non o sei moi ben... Se cadra facer un bo Campionato de España de contrarreloxo e de estrada. E tamén facer unha boa 'Vuelta a España'.
ESSSSSPETÁCULO!!
Para xente que,coma min,leva anos seguindo o ciclismo a aparición do Karpin Galicia,unido a uns moi bons resultados é un aire novo que ven moi ben.
Eu ata estou seguindo o Giro,cousa que non tinha pensado facer!
ADIANTE KARPIN GALICIA!
¡¡¡PERO SEÑORES REDACTORES DE VIEIROS!!! ¡¡¡CÓMO SE LES HA PODIDO ESCAPAR LA PALABRA "ESPAÑA" EN EL TITULAR!!! En todo caso, la "Vuelta al Estado" o como mucho, si cabe, la "Vuelta a la España Plurinacional"...¡jajaja!
Si,critican a fernando alonso por llevar la bandera española,pero cuando un gallego triunfa en algo,no les importa que paseen la bandera española....Como e galego!!!!!!!!!!.Si estos pateticos,tuviesen un gallego como fernando alonso,estaria ahora en los altares nacionalistas aunque tuviese la bandera española en las narices
#5 ?????? Meu deus, até nunha nova sobre unha vitoria ciclista necesitades insultarnos con nonseque das bandeiras. O que hai que aturar...
Bueno oh,xa nos apareceu un asturián resentido,falando de alonso!! impresionante o que está a lograr Vieiros..
Por certo mineru,eu non vin esa foto,non digo que non exista pero gustaríame vela. Gracinhas :)
non deixa de ter algo de razón mineru no que dí. este nacionalismo deportivo corre o risco de volverse tan insoportable como o de josé angel de la casa e michel ca selección de fútbol española á que, polo menos a metade da poboación do estado e eu de primeiriño, desexamos ferventemente os peores resultados e esa pataleta a mín, incluso, xa me chegou ó celta e o deportivo.
algúns dín que con todo se fai nazón: ca selección galega, co karpin galicia, co real clube náutico de sanxenxo...
si, quizás todo axude e o importante é que falen de ún, sexa ben ou sexa mal, e sair moito no google e no you tube. pero nos xa éramos un país sin que viñese ningún colón a descubrirnos.
ha alguns (#5) que deveriaqm agardar aos 18 anos (idade mental) pra opinar porque faltar aorespecto a quem celebra algo como quer e sem meter-se com ninguem nom merece ser insultado...seja galego, asturiano, checo, boliviano ou moldavo...O Sr #5 mostra umha actitude nom so patetica e infantil (que e distinto de dizer que ele seja essas duas coussas), mais ha que amossar um chisco mais de madurez ouh! A mim ha desportistas galegos que me caim milhor ou pior, ha asturian@s que nom "tragam" a Fernando Alonso e espanhois (vergonha internacional) que se mofam de Lewis Hamilton pola cor da sua pel...logo tamem os ha que se mofam (e levam maos a cabeza) dos espanhois (ainda que devera ser "desses espanhois" em tudo caso) nom so pola evidencia de racismo flagrante, senom polas ridiculas e "peregrinas" pseudo-explicazons que subseguiram...As vezes eu pergunto-me por que o sr #5 semelha procurar mais ser um anti (galego, catalam, whatever else...) que a prol de tudos os povos, comezando polo seu, ao que ninguem insulta e falta ao respecto, porque (agas algumhas gentes como em tudo o mundo) o povo asturiano e um pais irmao e bem formosso gosto de salientar...A que vem esses arroutos case xenofobos..que noxo e que magoa! A xenreira e o rancor jamais levaram a ningures e menos a quem os leva canda sim...