Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CEIP Antonio Insua Bermúdez

Sen feridos nun colexio de Vilalba logo de caer a parede dunha aula con 25 alumnos

O alcalde critica que a Consellaría de Educación faga obras na estrutura do centro en período lectivo.

Axencias / Redacción - 17:50 27/05/2008
Imaxe das obras no Insua Bermúdez

Imaxe das obras no Insua Bermúdez

Unha parede do CEIP Antonio Insua Bermúdez, no municipio de Vilalba (A Terra Chá), derrubouse este martes mentres se realizaban unhas obras no exterior do centro educativo e, aínda que había 25 alumnos de Educación Infantil no interior da aula, non houbo ningún ferido.

No momento do desprendemento, os operarios estaban a colocar un muro lateral de formigón para construír unha escaleira exterior, que "fixo presión" sobre a parede orixinal do centro.

O alcalde, Xerardo Criado (PPdeG), alertou de que "puideron morrer 15 ou 20 nenos", e criticou a Consellaría de Educación por facer este tipo de obras en período lectivo.

Ao lugar desprazouse Luís Manuel Álvarez, delegado provincial do departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón, así como persoal da unidade técnica para elaborar un informe sobre o ocorrido.

O centro decidiu suspender as clases de Infantil durante tres días mentres se realizan as tarefas de limpeza e adecuación de varias aulas. O peche afecta a 74 escolares.


1/5 (1 votos)


Comentarios (3)

outrolector #1 28/Maio/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Vilalba non houbo terremoto ningún, non?
Parede mal feita, obra mal planificada, mal realizada, mal controlada polos contratistas, pola administración...A explicación máis simple adoita ser a correcta.

Algúns pais e membros da ANPA do CEP de Ventín (O Milladoiro - Ames - A Coruña), e cun lamentable - por escaso - apoio veciñal, veñen de reclamar de diferentes xeitos (entrevistas con cargos da consellería de educación, concentracións e breve corte de tráfico) a necesidade de anular a implantación dunha "cuarta liña" o próximo curso nese centro, xa ateigado de rapaces e con carencias de atención aos alumnos, con infrestruturas en obras... Seica eses cargos dixeron que "despois xa faremos estudos de necesidades de ampliación do centro" (ie. dalle presión a ver se aguanta sen estoupar, e despois xa veremos).

Visto esto de Vilalba, esperemos que fagan as obras de noite, cos rapaces na casa.

baltar69 #2 28/Maio/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

sopoño que a a obra estará feita pola subcontrata da subcontrata con traballadores lusos que tanto poden colocar unha parede de ladrillo de portomarín como meter cableado estructurado draka de mos para voz e datos.
mentras, en santiago, uns fulanos toman café las antillas no bar do araguaney e pásanse a man mentras quedan par ir nos audis novos o fin de semana a portosín, ca muller e os nenos, a comer unha mariscada e argallar como reconducir esa pequena crise que sempre está a vivir o bipartito.

FROUXEIRA #3 29/Maio/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Puido ser algo moi grave, un vez dito e sabido o anterior e que non aconteceu un mal maior, non e de recibo que haxa quen ben por medios telefónicos ou de partido, queira sacar tallada do suceso.
O sucedido foi sobre as 12:45, e xa nos informativos das 3, se dice por parte do máximo rexedor que se paralizaran as clases 3 días, obviando que só para os nen@s de infantil, agravando a angustia dos pais.Ás 7:30, via chamada telefónica á súa vez avisada polo mesmo xeito, e sin saber de parte de quen se me convoca a unha CONCENTRACIÓN PARA PEDIR EXPLICACIÓNS, Ó DÍA SEGUINTE.
Coido que e armar unha escandaleira con pouco xeito, pois a cousa debería ser máis tranquila e tamén por que non dicilo, menos politizada.
Hoxe ás 8 hi unha reunión de pais e nais, agardo que haxa sentidiño.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: