As proposicións non de lei de BNG e IU pedían revisar os acordos coa Santa Sede e retirar símbolos relixiosos de actos oficiais.
"Unha das grandes asignaturas pendentes da democracia española é facer efectiva a laicidade do Estado, o seu carácter aconfesional e neutral en materia de crenzas", argumentou este martes Francisco Jorquera, deputado do BNG, na súa intervención no Congreso. Jorquera engadiu que "despois dunha lexislatura pasada marcada pola intromisión sistemática da xerarquía eclesiástica católica no debate político" trátase dun debate que non se debería adiar máis.
O deputado galego reprochou a existencia dun marco Estado-Igrexa católica "privilexiado e distinto aos das outras confesións, sendo vinculante para o Estado e coa blindaxe duns Acordos Internacionais". Ao respecto preguntouse sobre se é lóxico "que sigan inalterados uns acordos de hai trinta anos, e que aseguran o financiamento público da Igrexa".
No mesmo sentido ía a proposición non de lei presentada por Izquierda Unida, onde se facía mención concreta ao protocolo de diversos actos institucionais que inclúen a presencia de símbolos relixiosos diversos. IU-ICV solicitou que se deseñen novos protocolos para as cerimonias "acordes cun sistema aconfesional".
As propostas foron rexeitadas polo pleno cos votos en contra de PSOE, PP, CiU e CC. "Cremos que a laicidade avanza ao ritmo que fixa a convicción colectiva", comentou ao respecto o voceiro socialista, Ramón Jáuregui. "Non cómpren leis prohibicionistas, senón prácticas aconfesionais naturais e progresistas", afirmou, comentando ao fío que "España é como é". Sobre o mesmo tema, o voceiro popular Eugenio Nasarre, subliñou que "España non é un ente abstracto, senón unha realidade histórica con raíces xudeu-cristiás".
Até quando teremos que tolerar esta situaçom? Já nom é que se defenda o estado laico, nem sequera o "aconfessional" como eles dim. Nunca pensei (ou si) que o PSOE caisse tam baix e que o faga o PSOE de Zapatero é muito pior.
Pois a min seméllame moi coerente, tanto co crucifixo como ca espada (como din por ahí)
Unha mostra do talante de ZP ca espada é a detención pola GC xa de duas personas (Sevilla e Euskal Herria) por comentarios na internet considerados "apoloxía"!
Votaron juntos contra el anticlericalismo. Al BNG lo que le pide el cuerpo es quemar iglesias...pero como no está muy bien visto, pues por ahora piden lo de los crucifijos. Eso sí, los demás, a aguantar la simbología nazi que rodea a este partido, ¿no? Y claro, luego que no condenan el nazismo...
Home gaivotas, ti por aquí outra vez. E á mesma hora de onte. Debe ser no momento que a túa nais che deixa conectarte a internet, ou falo á agochadas???
Sigamos propoñendo cousas para as que podes ser útil:
-Levarte a unha reunión da comunidade veciñal; en tres minutos temolo insultando a todo o vecindario e disolvendo a reunión por antidemocrática. Perfecto para que non te volven a convocar a unha ou te propoñan a cargo algún. Sempre podes ameazar dicindo que o gaivotas vive contigo.
Tudo atado e bem atado. Assim ficou.