O goberno provincial quere aplicar a Lei da Memoria Histórica e promover a revisión das distincións que lle outorgaron ao ditador.
Esta terza feira informabamos de que o ditador Francisco Franco Bahamonde seguía a presidir a Deputación Provincial de Lugo, de xeito honorario (título que se lle concedeu en 1944 e se ratificou un ano a seguir), así como a ostentar certas distincións dende hai décadas.
Esta cuarta feira o xornal galego La Voz de Galicia publica unha información na que, após unha consulta a dous dos tres grupos que conforman o goberno da entidade provincial luguesa, se aseguraba que o título de presidente honorario, concedido ao ditador, vai ser revogado, baseándose na Lei da Memoria Histórica. Así mesmo, vaise proceder á revisión das distincións que se lle concederon a Franco durante a década dos corenta e cincuenta por parte da Deputación. Mais primeiro aínda se ten que desenvolver un pleno do que saia un acordo sobre o xeito no que aplicar a Lei.
A relación de distincións concedidas dende o último terzo do século XIX foi publicada no último número de la revista Lucensia polo xefe de protocolo da entidade provincial, Juan Carlos Rodríguez Pulpeiro.
¿Querrán poner a Hitler? Al fin y al cabo son los mismos que se negaron a condenar el nazismo...
#1 en serio, non credes que lle podiamos sacar partido ao gaivotas? a min ocorrense algunhas ideas.
Como vedes o tipo cuspe pola boca que da gusto, e dado que o podemos adoptar como mascota, pois utilizalo un pouco, non?
Vou ir poñendo ideas do uso que podemos facer del:
-Espantallo: agora que chega a froita, podemos alugalo de espantallo, co que chía, non hai becho que se achegue.
-Colaborador nun programa do corazón: hai sacamos pasta gansa. E co que chía este, temos programas para anos. Ademais, parece que ten repertorio de insultos abondosos, non???
eu propóñoo para Cifras y Letras, polo seu excelso coñecemento do idioma castelán, pero "hayá vosotros"
As cousas vam chegando; devagar mas estám a chegar. Estará-se a produzir agora a famosa transiçom?
como se picam os "liberales" quando se lhes toca o "caudillo"!
vanlle por o nome de gaviotero, k parece irman de pakillo