Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EVOGOD

Un programa informático determina que a relixión provén da evolución

Segundo o software creado por James Dow, as crenzas só puideron prosperar pola boa actitude da xente non relixiosa coa relixiosa.

Redacción - 16:50 28/05/2008
Catedral de Lugo

Catedral de Lugo

A relixión é froito da evolución, segundo unha investigación que publica a revista New Scientist. Para chegar a esa conclusión, James Dow, antropólogo evolucionista da Universidade de Oakland, creou o programa informático Evogod, que determina baixo que parámetros pode evolucionar a relixiosidade nunha comunidade.

O software amosa que a relixión prospera se as crenzas se transmiten por unha predisposición xenética e mais mediante a transmisión de información non verificábel, coa condición de que os non crentes axuden os crentes, quizais impresionados pola súa devoción. "Se alguén está disposto a sacrificarse por un deus abstracto, entón a xente pensa que tamén está disposto a sacrificarse pola comunidade", di Dow.

O programa céntrase nos beneficios evolutivos que a xente recibe nas súas relacións cos demais. Dow asumiu que un número reducido de xente tiña predisposición xenética a crer na vida despois da morte e que lla foi transmitindo tanto aos seus descendentes como á xente coa que tiña trato. O modelo estudou o éxito reprodutivo dos dous tipos de xente: os que pasan información real e os que transmiten ideas falsas. Na meirande parte dos casos, os "crentes no irreal" extinguíanse, pero cando Dow engadiu a presunción de que os non crentes se verían atraídos pola xente relixiosa, a relixión florecía.

"Dalgún xeito, os comunicadores de información irreal atraen os demais a comunicarlles información real", di Dow, especulando que os non crentes son cativados pola fe dos relixiosos. O tamén antropólogo da evolución Richard Sosis, da Universidade de Connecticut, xa descubrira que nalgunhas poboacións a xente máis relixiosa recibe máis axuda dos demais ca os menos crentes. Pero as forzas que manteñen a relixión nos humanos modernos poden ser moi distintas das que levaron ao seu nacemento, hai miles de anos. Segundo Solis, os humanos paleolíticos dependían probabelmente máis da súa comunidade: "Hoxe podes ser luterano unha semana e decidir a seguinte que queres ser budista".


3/5 (2 votos)

Comentarios (6)

Gaviotero #1 28/Maio/2008 Gaviotero

¡Dios, qué tontería de noticia!

Sara_Mago #2 28/Maio/2008 Sara_Mago

Concordo com o Gaviotero. A religiom nasce do medo à morte (que para qualquer ser vivo é a maior fonte de angustia). Qualquer supercheria que conjure a noçom da morte tem o sucesso assegurado.

rufus #3 28/Maio/2008 rufus

#1 Pero se anda por aquí o gaivotas!!! cantas horas sen saber de ti.
E pensar que andabas dando o coñazo na páxina de frijolito...
Debeuse aburrir. Alí a xente que comenta sonche da mesma corda de esquizofrénicos, e claro o neno non ten conquén xogar.
Á mínima danche unhas hostias chamandoche fascistas e reclamando a liberdade bla bla bla...
Xa se sabe que se insultan entre si, non falan e claro...
O que máis me extrana deste caste de persoas é esa teima en meterse o dedo do cú e despois lambelo. Que aficións máis curiosas esas de recrearse coa propia merda.
Non lle vexo cura á cousa, problematico non é, pero socialmente a cousa tira moito pa tras. Así despois carece un de amizades e ten que pasarse o día na internes...
Non quero pensar a onde lle leva a cabeciña vendo cartaces de Lara Croft na soidade que produce a asociabilidade...
De todas formas, non te preocupes neno "te queremos"; en todas as familias hai unha mascota, e nos xa atopamos a nosa. Saichesnos un pouquiño rebelde pero ao tempo eres divertidiña.
Claro que non tanto como as túas compañías "ideolóxicas" pero, tampouco queremos esaxerar.

baltar69 #4 30/Maio/2008 baltar69

fai xa uns anos un persoaxe de john updike, dale kohler, estaba convencido de poder probala existencia de deus usando outro software. a informática avanza paralela á estupidez humana, non cabe duda.

Barcelos #5 30/Maio/2008 Barcelos

É necesaria ter moita fe para crer o que di esta noticia. Se non a teñen as persoas relixiosas, menos a van a ter os non relixiosos.

Quen é Deus? O programa informático, ou o informático que o programou? Dow...Deus? Parécese pero non é.

O que seguro que non pinta nada nesta noticia é a catedral de Lugo.

semoncho #6 30/Maio/2008 semoncho

Há mentirinhas, mentiras, mentiras podres, estatísticas e já a repanocha: as simulações informáticas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: