Co apoio das plataformas na defensa do litoral, o acto reivindicativo pretende amosar a oposición ao texto que tramita a Xunta.
Adega e as plataformas na defensa do litoral convocan para o 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, unha manifestación de protesta contra o Plan Acuícola do Goberno. O documento, que se prevé aprobar antes do verán, non conta co respaldo de case ningún dos informes necesarios.
O secretario executivo da asociación ecoloxista, Fins Eirexas, amosouse partidario de "continuar coa loita", co apoio das plataformas na defensa do litoral, para pedir "a retirada do Plan Acuícola" e que se presente "outro que atenda a criterios medioambientais".
A mobilización está convocada para o 8 de xuño ao mediodía na Praza das Praterías de Santiago. Fins Eirexas fixo un chamamento á cidadanía para pedir "a defensa da costa galega". Non descartou, ademais, acudir aos xulgados e presentar recursos contra o plan. Se chega a aprobarse, asegurou que, cando as máquinas estean nas zonas costeiras "atoparanse cos veciños e con Adega".
Deficiencias
Eirexas, criticou que mesmo o documento encargado pola Consellaría de Medio Ambiente sobre o plan recoñece "graves deficiencias, pero non lle pide a Pesca a súa retirada nin a súa redefinición".
Aínda que o informe de Medio Ambiente menciona "cautelas medioambientais" que xa foran denunciadas dende o principio por Adega, como non cumprir co tratamento de vertidos nin cos espazos protexidos, demora a obriga de atender a criterios ambientais até os proxectos concretos de instalación das piscifactorías no litoral do país.
Fins Eirexas cualificou de "absurdo e ridículo" que non se teña en conta a avaliación ambiental dun plan "insostíbel". Por iso, criticou que a Xunta siga "co trámite", o que considerou "unha tomadura de pelo" e "lexislación dunha república bananeira". Ademais, advertiu de que, se o Consello da Xunta aproba o texto, terá ao PSdeG como "promotor" e ao BNG de "cómplice".
Será casualidade? O mesmo día o Comité de Emerxencia convoca unha manifestación no Ferrol contra os novos plans de Reganosa para ampliar as funcións da planta de gas.
Creo que Adega anda por libre e así o demostra ao deixar a GALIZA NON SE VENDE. É absurdo rexeitar unha convocatoria que podería ser máis ampla co groso das asociacións ecoloxistas galegas por figurar como únicos protagonistas. Unha irresponsabilidade que ademais de custarlle caro a Adega, "dinamita" o primeiro intento de confluencia do ecoloxismo galego e que tanto éxito acadou na manifestación do 17 de febreiro en Compostela.
Galiza precisa hoxe máis que nunca a unión de todos os galeg@s que estamos moi preocupados polo acontecer da política medioambiental que nos impoñen os grandes "lobbys" económicos.
Aclaración:
O acto do 8 de xuño é a tradicional concentración con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (que coincide o xoves 5) e aproveitando que ese domingo 8 é tamén o Día Mundial dos Océanos. Nesta concentración darase lectura a un manifesto duplo consensuado por diversas organizacións ecoloxistas e sociais galegas, sindicatos, organizacións de produtores/as..etc en referenza ao abandono do carbón e ao coidado do litoral.
O pasasdo ano, a mobilización nacional en Ferrol contra Reganosa, tamén coincidíu coa concentración do DMMA (convocada dende antes), polo quese decidíu trasladar esta última de día malia a estar os materiais (cartaces, dípticos, etc.) xa editados e participarmos todos/a nela.
Neste 2008, a concentración do DMMA para o día 8 estaba anunciada dende hai semanas, durante as que se estivo a elaborar o Manifesto e demáis actos complementares da Semana Galega do Medio Ambiente.
A mobilización en Ferrol deste ano volve a coincidir con este acto. No entanto, os organizadores da nova manifestacion de Reganosa insistiron dende un principio no seu carácter comarcal.
Por todo isto, non consideramos necesario adiar de novo un acto tradicional de carácter nacional como é a celebración do DMMA.
Quen queira ver outras motivacións na convocatoria da concentración en Compostela (Praterías ás 12) apoiada ADEGA, Amigos da Terra, FEG, CEMMA, SLG, SGEA, 6 plataformas en defensa do litoral e outras organizacións sociais do país, está sinxelamente trabucado/a.
Pois sendo o Dia Mundial do Meio Ambiente talvez seria melhor não centrar as revindicações num tema concreto e combinar com o resto das associações ecologistas.
Serão coincidências, mas a imagem que dais não é a melhor de todas.
Ultimamente quando há algo convocado, aparece uma organização satélite do BNG a apropriar-se da convocatória, de forma unilateral tomar o mando, as decissões, fazer auto-publicidade, e REBAIXAR as petições.
Passou com A Mesa pola Normalización Linguística e também parece passar agora. Algo cheira.
Acaso alguem está a utilizar organizações civis como barreira de contenção dos cidadãos?
Se há algum fio que vos ate, melhor cortá-lo. Porque as marionetas sempre são marionetas.
Adega debería reconsiderar esta convocatoria, lle esta a facer un fraco favor á oposición ao Plan Acuícola, non sodes vos os únicos que estades a loitar contra este plan e iso se demostrou en Corrubedo
Os que cheiran e non a frescura son os do "Comite de Emerxencia" antireganosa que ainda teñen de presidente de honra a un militar que defendia a OTAN no meio do Ferrol e que loitou con Hitler e Franco e que e o sogro do presidente de Enagas!!!!(que esta a facer a pranta de Xixon competidora da galega Reganosa coa axuda de IU). Por mais, estes nimbys puros e duros (que nunca ecoloxistas porque só critican a ubicazon da pranta) teñen de avogada xefa a CUÑADA DO PRESIDENTE DE ENAGAS. O "comite" defendeu ou esqueceu sempre as instalazons gasistas de Enagas (mesmo no meio do Ferrol) e mesmo acetan nalguns dos seus comunicados na Internet que pode haber "intereses empresariais da competenza de Reganosa que alentan as suas protestas".
O principal valedor do "comite" derradeiramente na Internet e un terratenente latifundista chamado Villar Hernandez (ou os seus amigos ou parentes ou defensores) que anda algo encabritado por non sei que pleito que ten con Reganosa por uns cartos por unhas fincas.
O "comite", por cima, sempre defendeu e ainda defende a BURRADA ECOLOXICA DO PORTO "EXTERIOR" de dentro da ría do Ferrol que esta no meio da rede Natura 2000 (incribel pero e asi) e cuxo dique pecha a boca da ría. Esta ubicazon "alternativa" que apoian esta recoñecida coma a grande salvaxada ecoloxica de toda a historia da ria do Ferrol por Greenpeace, SGHN, ADEGA, Estazon maritima da Graña (USC), universidades de Santiago, Vigo, etc., etc.
Andar na ria do Ferrol protestando só contra Reganosa (que ten impato ambiental CERO) como sempre pretende o dito "comite" e esquecer totalmente as agresions do porto "exterior" de dentro da ría e unha coña e mostra que as cousas do "comite" non parecen ir de ecoloxia precisamente e que "pode haber intereses empresarias da competenza de Reganosa" polo meio.
TOTALMENTE IMPRESENTABEL
"impacto ambiental cero" .. parece que vos estades quedando sin a máis mínima credibilidade..
Coamparado co porto "exterior" de DENTRO DA RÍA de Caneliñas que destragou totalmente a zoa Natura 2000 LIC "Costa Artabra" e cuxo dique de abrigo provocou aterramentos e enfangamentos na ria e a contaminazon dos bancos marisqueiros por falta de renovazon das augas e CERO E MIL VECES CERO (e o comite nunca fala diso aunque si Greenpeace e a SGHN e a USC).
Se temos en conta que o unico verquido e auga salgada (coma a do mar), que NON PRODUCE RESIDUOS e que non ten FUMES NEN OLORES NEN RUIDOS (date unha volta por Mugardos para comprobalo si non o acreditas) e que permete sustituir combustibeis moito mais contaminantes o resultado e CERO OU MENOS CERO.
Isa e a realidade e os feitos: en todos os pleitos que o "comite" meteu e en todos os seus comunicados de prensa do seu gabinete de comunicazon so falan de historias e contos chineses.
Isa e unha das razons principais (outra e a enorme cantidade de postos de traballo de calidade que xera) pola que IU de Xixon, Asturias e España estan a apoiar a morte a pranta de Xixon.
Mamarrachadas, a ADEGA non lle importa o medio, se non a imaxe do BNG. Lembremos que dende hai poucas semanas, xa non está no colectivo de Galiza Non Se Vende. Parece que os “ecoloxistas” da UPG por orde e mandato de Paco Rodríguez partiron en retirada para non dana-la imaxe do "partido".
Jajajaja, menudo show!
Terá o mesmo ímpetu Adega contra o plano eólico do Bng-industria que contra as piscifactorías-Psoe? xa se verá. Mentres a cobrar subvencións. Qué lle dixeron ao Conselleiro Patxi na reunión de hoxe? van negar que estiveron reunidos?
Para combatir as mentiras do militante do BNG
"espartano"
Contrario ao manifestado por REGANOSA nos medios de comunicación (ano 2001), o sistema para regasificar o gas natural licuado (GNL) na súa planta de gas será de tipo aberto (ORV) o cal necesitará inxentes cantidades de auga de mar (máis de 300 millóns de litros ao día). Con obxecto de eliminar as incrustaciones biolóxicas que danarían os sistemas e equipos da planta, a auga de mar impregnarase con hipoclorito sódico. Este biocida utilízase xa que logo para MATAR a todo organismo mariño que circule por este sistema de regasificación eliminando, deste xeito, as larvas e ovos das próximas xeracións do peixe e moluscos da zona así como tamén o diminuto plancto que forma a base da súa cadea alimentaria. A zona de verteduras converterase nun área con degradación permanente pois a auga retornará estéril, contaminada e ademais moi fría, engadindo así un factor máis de agresión á fauna e flora mariña da ría.
A estas conclusións chegaron a NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration), a CCA (COASTAL CONSERVATION ASSOCIATION) e a EPA (ENVIRONMENTAL PROTECTION AGENCY), así como científicos das universidades de Pisa e Bolonia en Italia e os de Lusiana en Lafayette (EE.UU.) nos estudos que realizaron sobre este sistema ORV de regasificación.. Por esta razón as plantas de GNL xa situadas na costa de EE.UU. e as novas en proceso de aprobación, non usan este sistema. Os organismos antes citados así como os científicos e asociacións medio ambientais tampouco están de acordo co seu uso en alta mar e actualmente están librando unha batalla política e legal para evitar que se autorice o uso deste sistema nas plantas Offshore. A doutora Susan Mopper, directora de Tecnoloxía do Medio Ambiente e Ecoloxía da Universidade de Louisiana en Lafayete, que escribiu un magnífico artigo sobre os efectos deste sistema, bautizou a área das verteduras da auga de mar de regasificación do GNL como "zona morta".
Consecuentemente, os gobernadores dos estados ribeiregos de EE.UU. como California, Lusiana, Alabama e Mississipi xa vetaron algunhas plantas regasificadoras solicitadas para operar en alta mar porque pretendían usar este sistema de regasificación con auga de mar. Ante estas decisións gobernamentais algúns promotores de regasificadoras de GNL xa notificaron que modificarán o sistema de regasificación polo de tipo combustión mergullada (SCV) que utiliza o propio gas para regasificar o GNL. O problema é que é moitísimo máis custoso xa que perderían de gañar millóns de euros ao ano ao utilizar o gas do seu negocio para a regasificación do GNL. Xa que logo a razón de utilizar a auga de mar é de tipo económico aínda que, loxicamente, non están de acordo os ecoloxistas e por suposto os mariscadores da ría pois ven ás súas empresas e traballo nun serio perigo.
Pola súa banda, Reganosa informa que "o funcionamento da instalación non afecta á calidade da auga nin da fauna mariña da ría, segundo os informes elaborados por un equipo de científicos das universidades de Santiago e de Vigo, coa participación da Estación de Bioloxía Mariña da Graña". Eu lin o informe e non di iso. O lector estará de acordo comigo se lese este informe. Nel pódese ler, entre outras cousas o seguinte: "o único efecto importante podería ser o achegue de contaminantes (antifouling ou biocida) ao sistema que tería unha influencia negativa sobre as comunidades biolóxicas e os bancos marisqueiros circundantes", "A auga de mar de saída do sistema será estéril sen fitoplacton, larvas e outros zooplánctontes", "A utilización do cloro do sistema antifouling durante o paso de auga das instalacións provocará unha esterilización da auga do mar e en consecuencia un lixeiro empobrecimiento do placton nas áreas circundantes, incluíndo as larvas presentes nel", etc.
Ao non cuantificarse no informe os danos, non debería, na miña opinión, ser aceptado como válido nin ser considerado como "favorable" por parte da Administración medio ambiental de Galicia. Non cabe dúbida de que os biólogos e expertos en ecoloxía de EE.UU. e Italia e os que elaboraron o informe (así como os que aprobaron a Avaliación de Impacto Ambiental destas verteduras) estudaron en libros diferentes. Espero que o noso probable e futuro alcalde de Ferrol, Sr. Irisarri, cumpra coa promesa de ir ata o fondo neste asunto das verteduras da auga de mar de Reganosa, xa que afectan á súa ría e aos seus mariscadores. Non é soamente un tema do municipio de Mugardos.
Manuel Afonso Domínguez, é profesor de Plataformas Offshore da UDC, membro do Colectivo Universitario Opositor á Planta de Gas da Ría de Ferrol - http://www.f-cape.org
Nota.- Por ser de interese para mariscadores e cidadáns que viven na ría de Ferrol enviamos o artigo publicado en Diario de Ferrol o pasado xoves día 7 de Xuño
Victoriano Urgorri o biologo da Graña fixo un informe favorable a Regonoxo pagado por Reganoxo. Non sei se polo o parente que ten traballando en Reganoxo.
Soldadinho espartano, informa-te bem do ZERO E MIL VEZES ZERO:
1
REGANOSA usa água da ria para vaporizar de novo o Gás Natural Liquado. No projecto construtivo autorizado consta um retorno de 5.000 m3 /hora de água do mar, 6º C mais fria, misturada com cloro para matar microorganismos no vaporizado, para a primeira fase, ou seja 120 milhons de litros/dia. Na segunda fase detalham 15.000 m3 /hora (360 milhons de litros/dia) desse água mais fria com cloro (150-300 kg/dia). Mas em realidade os vertidos serão muito maiores e modificam a temperatura da baía. Amais, os vertidos destes altos volumes de m3/hora de águas arrefriadas (até 10º C menos), esterilizadas e com restos de cloro provocarám a graves consequências no ecosistema marinho, especialmente quanto ao marisquisco, por ser muito sensível às condições da água.
2
REGANOSA ocultou que projecta dragar o canal de entrada, o que require dinamitar 2 Km, de fondos entre os castelos Sam Felipe e A Palma, porque os buques gaseiros tocam o fundo com marea baixa.
Das consequências ambientais dum accidente melhor não falar.
Que o porto exterior seja uma mais de tantas burradas, não evita que Reganosa (Regadeles) seja uma autêntica BARBARIDADE, projectada por mentes dementes, aprovada por corruptos e consentida polos cipaios que chegaram detrás.
Podes defender quanto queiras aos TRAIDORES, mas não mintas, amigo.
o que eu dicia NIN IDEA!!!!!!pois nada a seguir falando sen pensar que é o voso e deixando que outros o fagan por vos...como digo sempre ai moito tecnico que sabe de vaporizadores e de quenturas da auga, por favor dicide-lo para que todos o entendamos ou facedes como Xustiza copiar+pegar?dragar a canle de entrada da ría?cando vai ser iso?que vai ser só para Reganosa ou beneficiara tamén os barcos de Navantia?
Cipaios?non tes nin idea do que significa iso así que vos deixo, e non vos preocupedes que vos vou respostar, como fixen sempre.
Ta lojo
Outra cousiña, se imos falar de parentes traballando para a empresa...o voso presidente de honra (o que loitou contra o comunismo na Rusia da II Guerra Mundial enrolado na División Azul, que pelexaba ó lado dos nazis)ó mesmo tempo que fundaba o comite antireganosa, tiña unha filla casada co presidente de Enagás (empresa competidora direita de Reganosa)...
Para xogar a aprendiz de Robespierre e esixir adhesion inquebrantabel ao que dis polo unico motivo DE QUE O DIS TI (ainda que esteas en contra do que din TODOS OS ESPERTOS DO MUNDO NO TEMA) non podes SER CUÑADO DE MARIA ANTONIETA E POR CIMA AXUDALA PUBLICAMENTE e ademais teren de axudantes AOS TERRATENENTES BURGUESES LATIFUNDISTAS (que presumen de selo).
Non se pode ir de purista antiempresarial e antiburgues da man de terratentes latifundistas coma Villar Hernandez e non se pode ir de defensor da seguranza publica e a eliminazon de todos os riscos INDO SÓ CONTRA REGANOSA e esquecendo os barcos de guerra, os polvorins do Ferrol e OS GASODUTOS URBANS DO FERROL DE ENAGAS.
O voso e de coña total. Aceitades xa a grande burrada ecolóxica no oceano do porto "esterior" pero contra iso NON FACEDEDS NADA ¿POR QUE IDES SÓ CONTRA REGANOSA no dia DOS OCEANOS? CHEIRA.
¿PORQUE METEDES PLEITOS CONTRA A ¡¡¡COMPETENZA!!! QUE LLE FAI REGANOSA A ENAGAS? ¿PORQUE PARECE QUE MOLESTAVOS A COMPETENZA QUE INTRODUCEU REGANOSA NO SETOR DO GAS NA GALIZA E QUE PODE BENEFIZAR AOS CIDADANS GALEGOS? ¿PORQUE IMPORTANVOS UN C.. OS PROBLEMAS AMBIENTAIS REAIS DA RIA DO FERROL?
A vosa alineazón aparente cos intereses do monopolio catalán do gas (co que o comite ten por cima conexions familiares) e que segundo vos mesmos poderia alentar as vosas protestas e impresentabel e incalificabel e recordoche QUE OS CIPAIOS eran os que defendian os INTERESES EXTRANXEIROS en contra dos da sua patria!!!! ¿QUENS SON AQUI OS CIPAIOS que estan a traballar ou a coincidir ou a alinearse cos intereses extranxeiros opostos aos inetreses da nosa patria???
Por que non podedes respostar a nengunha disas cuestions e polo que antontes estabades ONCE chiflando e berrando contra Reganosa no Ferrol.
Finalmente aprendimos o nome e a especialidade dun dos profesores do "comite", rama f-cape que esta a sentar catedra e ditaminar acerca de Reganosa.
Resulta que e un profesor ¿de ecoloxia? NON ¿de bioloxia mariña? NON ¿pesca e marisqueio? NON ¿de enerxia? NON ¿de gas natural? NON ¿de seguranza y/o meio ambiente? NON ¿oceanografia? NON ¿quimica? NON
E un profesor, e polo tanto algo saberá, sobre ....¡¡¡Plataformas Offshore!!! (e decir, BASES ou plataformas nas que se poñen cousas variadas coma explotazons petroleiras, acuiculturas, muiños de vento, etc., etc)
Iso sinifica que pode falar con AUTORIDADE E COMPETENZA sobre... ¡¡PLATAFORMAS OFFSHORE!!
Iso tamen sinifica que NON DEBERIA FALAR COMA TENICO COMPETENTE E SUPOSTO ESPERTO SOBRE:
ECOLOXIA, BIOLOXIA MARIÑA, PESCA E MARISQUEIO, ENERXIA, GAS NATURAL (INCLUINDO REGASIFICADORAS), SEGURANZA, MEIO AMBENTE, OCEANOGRAFIA, QUIMICA, ETC., ETC., especialmente en CONTRA DOS VERDADEIROS ESPERTOS ACREDITADOS E QUE FIRMAN OS SEUS TRABALLOS.
Coma cidadan pode falar sobre o que queira (iste e un pais libre) pero permitirse ditaminar, baseado en copias e pegas do internet, busquedas no Google, etc. etc. O ERRO DOS MILLORES ESPERTOS DO MUNDO EN CAMPOS DOS QUE NON TEN P.. IDEIA E/OU NINGUNHA ESPERIENZA PRATICA E REIAL e, coma pouco un atrevimento incalificabel e impresentabel, especialmete nun tenico.
Profesor: un consello: FALA DO QUE SABES E CALA DO QUE INORAS!!! Asi evitaras facer o ridiculo tenico mais terribel.
creo que se este home se calara habería menos razóns de chamar traidores aos actuais rexedores do BNGas
E cómo se explica que nunha manifestación contra Reganosa Adega estivera presente e mesmo leera un manifesto, na seguinte nin asistira e nunha terceira convoca unha manifestación coincidente?
Asi "dialogan" os do "comite antireganosa" (ou algun que parece membro ou simpatizante ou amigo deles). Collido de Chuza, comentario dun tal "antibombo"). Cita textual:
"Espartano:
Sabemos onde vives.
Sabemos quen che paga.
Sabemos que cus lambes.
Vamos a por ti (a darche unha colleja)"
O dialogo amosa claramente o talante e a atitude dalguns que non terminan de aceitar a DEMOCRAZA (a voluntade EXPRESA DA MAIORIA DE MUGARDOS, FERROL, GALIZA, ESPAÑA, E EUROPA).
O carater intolerante, fanatico, antidemocratico, radical e totalitario do "comite antireganosa" ou de algun dos seus membros queda perfeitamente retratado nise comentario ameazante e insultante (e posibelmente delitivo).
Son un cidadan galego ao que non lle gustan os cipaios (-a palavra sacouna un do "comite antireganosa"- e desina aos que traballan alineados, ou por conta, ou coaligados, ou coincidentes cos intereses EXTRANXEIROS e contra os intereses DA PATRIA).
Tamen son un cidadan ao que non lle gustan nada AS MANIPULAZONS MASIVAS DE INFORMAZON e as CAMPAÑAS DE PROPAGANDA-AXITAZON SEN BASE REAL E TENICA NINGUNHA QUE FAN ALGUNS, especialmente en meios de comunicazon extranxeiros.
Tamen gustanme os postos de traballo (OITOCENTOS ENTRE DIREITOS E INDUCIDOS NO CASO DE REGANOSA) en empresas sostenibeis na nosa terra, os de Reganosa (uns DOUCENTOS) por cima nunha empresa mixta publico-privada que non son empleos basura nos bares, ou nos comercios, ou nas praias no veran (Axo que isto pode ser dificil de perceber para os prexubilados de ouro do "comite" e mais para os funzonarios e para algun profesor do comite)
Tampouco me gustan as campañas de AMEAZAS, COAZONS, DANOS E PERXUIZOS que fan alguns con escusas pelegrinas (ver comentario do "antibombo")
Tampouco me gustan os que disimulan intereses particulares e privados variopintos persoais, empresariais ou os que sexan con supostas campañas de defensa da seguranza publica ou o meio ambiente.
Respostar a Sabrexo, Gaviotero ou Espartano é unha absoluta perda de tempo
ANTE AS MOBILIZACIÓNS DO 8 DE XUÑO
Os colectivos integrados na rede A Ría Non se Vende, como xa expresamos ao final da gran manifestación do domingo en Vigo, apoiamos e facemos nosa a mobilización convocada para o día 8 de xuño en Ferrol contra Reganosa, e para facilitar a asistencia á mesma contrataremos un servizo de autobuses. Tamén expresamos o noso apoio e facemos noso o chamamento aos actos programados polo colectivo vigués Voces polo Litoral de Teis na ETEA.
Por este motivo lamentamos moito non poder asistir á manifestación convocada con posterioridade para o mesmo día contra o Plano Acuícola. Un Plano que rexeitamos totalmente polo que significa para toda a costa galega (e tamén para esta ría coas ampliacións das piscifactorías de Oia e de Punta dos Castros en Cangas) e unha mobilización, polo tanto, na que nos houbera gustado poder participar.
Non podemos entender que habendo unha convocatoria en Ferrol publicitada desde hai tanto tempo, veña escollerse a mesma data para outra manifestación en Compostela que coincide cos mesmos obxectivos de defensa do patrimonio natural, da paisaxe e do territorio.
Dividir é peor que restar e nós estamos por sumar.
Alén deste desafortunado erro, queremos manifestar a nosa solidariedade con todos os colectivos que loitan contra este Plano Acuícola inxusto e destrutor do noso litoral, solidariedade que xa temos evidenciado sobradamente noutras ocasións coa nosa presencia en Quilmas, Merexo, Corrubedo, etc.
Desgraciadamente esta vez prívasenos desa posibilidade.
Ría de Vigo, 30 de maio de 2008
A RÍA NON SE VENDE
Parabens aos colectivos integrados em A Ría Non se Vende, este comunicado é um signo de coerência e independência, ao tempo que de valentia, entre tantas plataformas submetidas a determinado partidinho.
A Ria se a vendem ou não está por ver, o que fica claro é que a gente que a defende NÃO SE VENDE.
Parabens aos compañeiros de "Galiza non se vende".
Ides ao Ferrol a manifestarvos en contra de Reganosa que non ten impato ambiental e non ides decir unha palavra (porque o "comite antireganosa" non vos vai deixar) das verdadeiras brutais agresions ecolóxicas segundo Greenpeace e todos os ecoloxistas á Ría: O PORTO EXTERIOR DE DENTRO DA RIA, EN PROCESO DE AMPLIAZON E NO MEIO DO LIC E ZOA NATURA 2000 "COSTA ARTABRA", verquidos urbans, etc.
Ademais ides convocados por un grupo cuxo presidente e o sogro do presidente de Enagas(Repsol9 e a xefa dos pleitos e a cuñada do presidente de Enagas(Repsol) (ao mellor AGORA xa non e o presidente pero que vos diga a cuñada o carguiño que ainda ten ou tivo hai pouco e que vos expliquen os do comite porque defenden a posizon empresarial de Enagas metendolles pleitos a Reganosa por tentar de competir contra o monopolio catalan).
Ides ir en contra dunha empresa que non ten impato ambiental nengun e que e mixta estatal-privada coa Xunta no seu aczonariado e como ides da man do "Comite antireganosa" iredes a favor dun grupo monopolistico extranxeitro, privado e contra o que xa estanse manifestando os nosos pescadores e mariñeiros porque esta a asfixiar a nosa flota co seu control monopolístico dos combusteis: o grupo Repsol-Enagas.
Ides berrar contra os riscos de Reganosa, a dous km de vos (e que son inesistentes) e ides camiñar POR CIMA dos gasodutos de Enagas e a CEN METROS DO ARSENAL DE BARCOS DE GUERRA (riscos si que esistentes).
Ides axudar a ampliazon e crecemneto da planta de gas de Xixon que os compañeiros de IU apoian con todalas suas forzas e asi contribuiredes ao desenrolo sostenibel de ASTURIAS.
O mesmo tempo ides ir en contra do POBO DE MUGARDOS, FERROLTERRA E GALIZA qeu teñen apoiado sempre a Reganosa e ides cabrear a moitos traballadores-as galegos-as aos que non lles gusta que se ataquen os seus postos de traballo sen motivo nengun.
Ocurrenseme poucas ideias tan peregrinas coma protestar contra o risco ambiental e de seguranza de Reganosa calando o porto exterior os gasodutos e os barcos de guerra: e casi coma protestar na ria de Vigo contra a ponte de Rande E CALAR CONTRA OS RECHEOS DE BOUZAS (Casi).
ALGUNS NON VENDEMONOS AOS CATALANS E AOS ASTURIANOS.
Iste e un pais livre, vos, como e lóxico, facede o que queirades pero polo menos informadevos da MOVIDA a que vos apuntades: e brindade con sidra asturiana e butifarra catalana. Que vos aproveite.
Tamen podedes ir brazo en alto en lembranza do presidente de honra do "comite", cando xurou lealdade a Hitler (e que me diga o "comite" cando se arrepinteu o xeral disa fea historia).
En fin a historia non ten perda.