Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MICROSOFT

Windows 7 será táctil

Bill Gates e Steve Ballmer presentaron como será a próxima versión do seu sistema operativo, onde as pantallas sensíbeis ao tacto cobrarán protagonismo.

Redacción - 11:30 01/06/2008

Os principais responsábeis de Microsoft, Bill Gates e Steve Ballmer, desvelaron algúns detalles máis sobre a vindeira versión do seu sistema operativo, que se chamará Windows 7. O éxito do iPhone de Apple parece ter moito que ver cunha das características que incorporará o software: o uso da tecnoloxía táctil.

O sistema operativo lanzarase antes do previsto, en 2009, quizais pola tépeda acollida de Windows Vista. Gates e Ballmer amosaron como o manexo dos computadores poderá ser máis doado pasando os dedos pola pantalla, o que fará innecesario o uso do rato e mesmo do teclado. O abaratamento da tecnoloxía táctil, xa xeneralizada nos teléfonos móbiles, será un factor importante para o seu paso aos computadores.

O adianto do Windows 7 produciuse durante a conferencia D. All Things Digital, organizada por The Wall Street Journal. Nela, Steve Ballmer confesou que Microsoft aprenderá a lección despois do lanzamento de Windows Vista. Velaquí unha demostración da próxima versión do software:


0/5 (0 votos)

Comentarios (1)

Dogma #1 2/Xuño/2008 Dogma

MICROSOFT volve a roubar as ideas de outras persoas....
Antes xa roubou as ideas de appel para crear o seu windows, anque agora vai mais lonxe e rouba as ideas de google, e tenta comercializar e cobrar unha tecnoloxia que é GRATIS.
Videos coma estes xa existen en youtube dende fai mais de 2 anos...

invitovos a ver http://www.youtube...

Coma dixen o sofware é GLU e estase desenrrolando por un monton de xente, podedes descargarlo na area de desenrrolo de google.

E QUE OS METIREIROS DE MICROSOFT DEIXEN DE ROUBAR IDEAS E QUE DESPOIS DIGAN QUE SON OS MAIS BOS, OS MAIS SEGUROS, E QUE LLES COPIAN TODO.... he he he...

E a vieiros gustaríame que deixara de por propaganda dunha empresa que non fai mais que roubar e impoñer estandares con dereito a taxas comprando votos no terceiro mundo, e enganar a todo o mundo para que segan a mercar os seus productos coma se foran orixinais.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: