Os sindicatos do país non secundarán a manifestación prevista para o venres en Madrid a prol do sector pesqueiro, aínda que a CIG é partidario de axudas ao sector.
Cariocas
Este venres ás once da mañá vaise desenvolver unha concentración do sector pesqueiro estatal en Madrid, ás portas do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, que irá seguida do amarre indefinido da frota. A convocatoria, apoiada pola patronal Cepesca e a Plataforma pola Defensa do Sector Pesqueiro, non será secundada polos sindicatos do país.
Xabier Aboi, responsábel de CIG-Mar, reiterou que a forza sindical non apoia a concentración: "Nós non apoiamos a manifestación de mañá. Non imos participar como CIG, aínda que vai haber afiliados da CIG na manifestación". Aínda que compartía as primeiras peticións, outras engadidas pola patronal de Madrid, como os desmantelamentos, "non as imos aceptar baixo ningún concepto".
Aboi amosouse favorábel a unha concentración unitaria pola suba dos prezos dos derivados do petróleo, "non só o gasóleo, porque hai moitos barcos galegos que usan gasolina", e polas importacións de peixe: "Como se pode consentir que se poida vender carioca de Boston como nosa en grandes superficies?", preguntouse, mentres "o noso véndese para fariña". Tamén afirmou que "hai normas da UE que prohiben pescar en determinadas épocas, pero nese tempo chéganos igual peixe de Europa".
Mentres, os responsábeis de Transporte e Mar de CCOO e UXT en Galiza manifestaron que non comparten a petición da patronal de pedir subvencións ao sector para o combustíbel para paliar a crise, afirmando que "dilapida" o diñeiro público. Para eles, a mellor fórmula para resolver a situación pasa pola reconversión da flota.
Estas medidas recibiron as críticas de Xabier Aboi, que dixo: "Nós non imos entrar en temas de reconversión, como a patronal, UXT e CCOO, que din unha cousa aquí e outra en Madrid. Mañá, se queren sentarse nunha mesa cuns obxectivos claros, poderemos saír adiante, como xa fixeron os franceses".
Carme Gallego tamén foi alvo das queixas de Aboi: "A conselleira de Pesca que esperte e deixe de ser un estómago agradecido de Madrid. Cóntanse cos dedos dun man as súas reunións cos sindicatos. É obediente a Madrid, que está coa política de desmantelamento".
Quintana pide sensibilidade
O vicepresidente da Xunta pediulle esta quinta feira "sensibilidade" ao goberno español para afrontar a crise do sector pesqueiro, do que lembrou que é "estratéxico para Galiza", aínda que non pese tanto no produto interior bruto estatal. Anxo Quintana salientou que, nestes momentos de crise, as diferenzas "nótanse demasiado".
Independentemente das acostumadas loitas intersindicais, justariame precisar que, unha cousa e que se vendan nas jrandes supeficies(arpías devoradoras da nosa cultura, e que convirten a jlobalisasion de conceptual a físico) carioca de Boston, cousa que fode, pero que é lejal (do mesmo xeito que pasa con pimentos "estilo Padrón", que veñen de Murcia, etc). O que si fode moito mais, e isto xa é ilejal, denuciabel e sancionabel; é o feito, de coma se explica mais abaixo, de que esa carioca de Boston, vendase como nosa. Justaríame saber se esa conclusión de Xabier, está fundamentada en denuncias que el coñece a través da oficina do consumidor, aljunha denuncia que fixera pública aljún orjanismo institusional, ou si parte dunha experiencia persoal. De calquer xeito, justaríame que houbera feito público cales foron as jrandes superficies que caeron nese "delito", pa os que adoiten a comprar nelas, sepan quen anda estrajando o traballo dun sector noso que esta xa moi puteado, e podamos saberes onde non debemos comprar, ademais así o espallamos os catro ventos, xa verás coma non o fan mais. Justaríame que Xabier, se houbera mollado un chisco mais, senon, esa mera denuncia que fai pra a jaleria, queda en ajuas mortas. O que si fan estes cabróns en aljunha ocasion (saltandose a lei polo forro dos collóns), é non especificar o lujar de procedencia na etiqueta da caixa onde tenhen exposto o peixe, e demais productos frescos. Cando pase iso, especialmente no peixe e demais productos que nos podamos trabucar, e pensar que son do pais, darlle conta ensejida de que lle ponhan a etiqueta de procedencia (eu o fixen e xa veredes como antes que canta un jalo, está posta, porque penso que non é coincidencia, que sempre que falta unha etiqueta de procedencia dun producto, aresulta que é de fora, o rives non pasa. Outro conto sería que trocasen as etiquetas, é dicir, que lle puxeran a unha pescadilla de Boston, o letreiro de procedencia de eiqui, practica que penso, ou non existe ou seria mais que residual, pola conta que lles trae.
Hai que aceptar una reconversión do sector porque o medre do combustible que actualmente usan o 99% dos barcos non vai volver ao nivel de antes: hai que reconvertir os barcos a tecnoloxías alternativas ou mesmo volver á vela.
E por outra banda esquecerse do comercio internacional de peixe xa que a mundialización non sobrevivirá ao declive da produción do petróleo.
É hora de pensar en redimensionar a nosa flota en clave sustentable enerxeticamente e en clave de soberanía alimentar.
>
Solbes será un neoliberal, pero aí ten razón. O que hai que facer é unha reconversión pero de tecnoloxía para deixar de mover os barcos con derivados do petróleo.
Carafio, non saiu o das declaracións de solbes, vai outra vez:
" El ministro de Economía y Hacienda, Pedro Solbes, ha afirmado este viernes que bajar los impuestos del gasóleo sería una "línea equivocada" que generaría mas tensión en la demanda, aunque avanzó que se están buscando "fórmulas alternativas" para ayudar a transportistas y agricultores "en la medida de lo posible".
"Han aumentado muchos los precios de los carburantes", dijo, pero si éstos bajan "el consumo será mayor y se generaría tensión de demanda, que es lo que se debe evitar" "