Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Comeza o Rally das Rías Baixas

A erguer o asfalto polo sur do país

É a primeira proba do Campionato Estatal e arrinca en Galiza, cunha chea de pilotos da terra. O lugués Sergio Vallejo tentará manter o liderado.

Redacción - 12:47 30/05/2008

Comeza este sábado o Rally das Rías Baixas Redcom, a primeira das tres paradas que vai facer o Campionato Estatal de Rallyes en Galiza esta tempada, e a terceira proba puntuábel para o Desafío Peugeot Total.

Desta volta han participar moitas pilotos galegos, que queren correr na casa nunha carreira de primeiro nivel que chega xa á súa 44 edición (recoñecida como a mellor organizada do Estado en 2007, pola federación española).

E é un galego tamén o que xoga o liderado estatal: o lugués Sergio Vallejo (Porsche 911 GT3), a carón do seu irmán e copiloto, Diego Vallejo. Un dos seus principais rivais vai ser outro galego, Pedro Burgo, que ocupa a sexta posición na xeral, pero que ten a ollada posta na Copa de España de Grupo N.

Tamén procuran facer un bo papel os pilotos Manolo Redondo (Abarth Grande Punto S2000) e Víctor Senra. O primeiro querendo desquitarse da avaría do Rally Ría de Noia e da caída no Rally Cantabria Infinita (no segundo tramo cronometrado saiu da estrada, envorcou e deu voltas, até que terminou por "aterrar" sobre un automóbil aparcado); e o segundo buscando recuperar a gloria no Desafío Peugeot, e ademais guiando na casa.

A 44ª edición do Rías Baixas
Baixo o nome "44 Rally Rías Baixas Redcom Gran Premio Turismo de Vigo" agóchase a cuarta cita do certame estatal de ralis de asfalto, unha proba que por terceiro ano consecutivo se proclamou a mellor de todo o Estado.

Esta edición conta con 10 especiais (5 diferentes) parecidos, e en algún caso iguais, aos de anos anteriores, totalizando 575,95 kms., dos que 171,34 serán cronometrados. O coñecemento da zona xoga un papel fundamental para cada equipo.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: