Nunha resposta parlamentaria, o director xeral da CRTVG anunciou que a programación se baseará nas emisións internacionais nunha primeira fase.
O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, confesou este venres que o proxecto da segunda canle da TVG aínda está sen rematar, mais avanzou que, nunha primeira fase, a súa grella estará baseada na da canle internacional, a través dunha "programación específica claramente diferenciada".
Sánchez respondeu unha pregunta da deputada do BNG Modesta Riobó sobre as previsións da posta en funcionamento da segunda canle, anunciada para o 25 de xuño exclusivamente pola TDT. O director xeral do ente público afirmou que tiña que ser "especialmente prudente", porque aínda se está traballando na súa definición pero asegurou que será unha canle dixitalizada de calidade, con total vocación de servizo público e dirixida a unha audiencia que a canle xeralista non atende.
Adiantou, ademais, que os contidos serán divulgativos, culturais e deportivos durante as 24 horas, aínda que diferenciando dúas franxas, de 7:00 a 0:45 e de 0:45 a 7:00, con especial atención aos deportes minoritarios na fin de semana e aos restantes programas de luns a venres. Tamén se prevé incorporar novos produtos, potenciar o audiovisual galego e incorporar os programas senlleiros da primera canle.
O orzamento, anunciou Sánchez, será de 2 millóns de euros, un custo mínimo procedente dos fondos da Compañía. Pola súa banda, Modesta Riobó lembrou a vella demanda de contar cunha segunda canle e reclamou, ademais, un novo múltiplex dixital, do que xa dispoñen outras comunidades autónomas. Xustificouno porque "os medios públicos deben contar coas canles suficientes que nos permitan ampliar a programación, que nos permitan atender os grupos singulares de audiencia ou a posibilidade de emitir e recibir sinais doutras televisións (mesmo a portuguesa)".
E os cativos, polo que vexo, tamén seguirán sen canle galega... a seguir vendo os debuxos en castelán, non? :-(
Algumhas sugestões de programaçom
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
Que dirija el canal Antón Losada, que siendo el segundo de Ángel Quintana ya dio buenas muestras de manipulación...
#1 cando quitaron o xabarín club das tardes para sustituilo por telenovelas dixeron que o os nenos terían mais de 5 horas de programación infantil na 2ª canle... cumplirano?
#2 HAHAHAHAHAHAHA
Televisão brasileira na Galiza já!!!
alguen me pode dicir por que a canle americana da galega emite os informativos en castelan?????
A TVG DE GALIZA EUROPA NON PASA O XABARÍN.
QUE?
EN CASTELAN?
SERÁ UNHA BRINCADEIRA.
CARLINHOS , COMO QUE EN ESPANHOL? EXPLICA O TEMA.
Ainda mais propostas de programaçom infantil:
http://www.youtube...
Escatumbararibe
http://www.youtube...
Batom Lenga la lenga
http://www.youtube.com/watch?v...
Avó a bordar
http://www.youtube...
Cocorícó Galinhas globais
etc...etc...etc...