O estudo de Elena Ojea tenta averiguar o valoración das especies ameazadas, que se identifica co seu valor de uso.
As especies ameazadas que máis lles preocupan aos galegos son as cigalas e as pescadas, por riba das aves mariñas. A meirande parte da poboación estaría disposta mesmo a achegar cartos para evitar a súa extinción, segundo unha tese da Universidade de Santiago.
O traballo de Elena Ojea Fernández-Colmeiro baséase nunha enquisa que analiza como valoran as persoas as especies ameazadas, e chega á conclusión de que só incrementarían o investimento coas especies que teñan valor de uso, como son as comerciais mariñas.
A tese aplicou o método de Valoración Continxente, que pregunta á xente sobre a cantidade que estaría diposta a aboar para unha determinada mellora ambiental. O traballo, do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, dirixido pola profesora María L. Loureiro, conseguiu sobresaliente cum laude.
Galiza é um pais gastronomico ;)
Hai moitos miles de galegos que colaboran economicamente con asociacións ecoloxistas. Outros ademáis de cartos tamén dedican parte do seu tempo libre ao coidado do medio natural. Polo tanto penso que xeralizar como fai este artigo falando de "os galegos" é falaz e inxusto.
E para evitar a lectura de teses estúpidas canto pagarían. Isto é o que fan no Instituto de Estudos e Desenvolvmento de Galicia, para desenvolver economicamente Galiza? Mellor que non fixeran nada. Langráns!! Lacazáns!! Zumezugas!! Viva a CUM LAUDE. E des seguro que na comida de celebración o director pediu cigalas e ela as pagou.