Un colectivo estadounidense calcula que até 80 mil persoas puideron pasar por estes centros de detención desde 2001.
O diario británico The Guardian revelaba esta semana a investigación da asociación Reprieve, colectivo en defensa dos dereitos humanos, segundo a cal desde 2006 producíronse ducias de detencións de sospeitosos de terrorismo en instalacións secretas, malia que o presidente dos Estados Unidos, George W.Bush, anunciara daquela que lle poñía fin a esas prácticas.
Pola contra, un informe do colectivo revelaría que para este tipo de detencións á marxe da legalidade internacional, o goberno dos EUA usou buques militares funcionando ao xeito de "cárceres" no mar. Os interrogatorios prodúcense nos barcos, onde estas persoas son retidas por tempo indefinido, até que son trasladadas a centros de detención existentes en terceiros países.
Máis en The Guardian: Os EUA acusados de reter sospeitosos de terrorismo en barcos cárcere
Lo de los barcos es todo mentira que lo sabe Gaviotero de buena tinta. En cualquier caso, hagan lo que hagan el PP y los EEUU, el Bloque y el PSOE son y siempre seran infinitamente peores, por definicion.
O portaaviões Eissenhower (ou como se escreva) tem uma dotação de 7000 pessoas, com bancos, centro comercial, e McDonalds incluídos. Agora ponheran-lhe outro módulo mais. E em Europa caladinhos. Bom, ou participando.
Hai unha xa vella experiencia que ven probablemente de máis atrás ainda no tempo.
A dereitona neocon, esto é, a dereitona NEOFASCISTA, agora de novo cuño -pois poden contar con votos abondantes, tras do desbaste que a socialdemocracia criou no electorado de esquerda-, ten EXPERIENCIA NO RAMO, e dos SEUS MAIORES; fascistas e nazistas!
Na Ría de Vigo, á beira do buque prisión máis grande na altura -a Illa de San Simón-, non séndolle de abondo para as "capturas" realizadas polos "tan valentes fascistas", o alto mando franquista e falangista, fletou o UPO MENDI como buque prisión, de triste e ainda non condenada nin renegada (por €$paña) MEMORIA!.