Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A PARTIR DO XOVES 5

O Galeusca dos editores busca en Lleida políticas comúns para os tres países

Entre outros asuntos, tratarán as axudas á edición, a gratuidade dos libros de texto, os dereitos de autor e a proxección no exterior.

Redacción - 13:00 03/06/2008

O encontro terá lugar en Lleida entre o xoves e o sábado e servirá para analizar a situación do sector e posíbeis políticas comúns, con especial atención á industria editorial nas nacións sen Estado na Península. En concreto, participarán editores cataláns e valencianos, vascos e galegos. En representación da Asociación Galega de Editores (AGE) estarán en Cataluña o xerente de Ir Indo Edicións, Xelasio Suárez; o presidente da AGE e director de Rodeira, Afonso García Sanmartín; a xerente de Editorial Galaxia, Alicerce Sampil; e a directora de Baía Edicións, Belén López.

O venres terá lugar unha mesa redonda sobre 'As axudas á edición', na que se reflexionará sobre a situación nos territorios con lingua propia en España e tamén a que se dá no conxunto do Estado español e en Europa. Na xornada do venres, tamén se abordará a 'Repercusión sobre a edición en linguas minorizadas da gratuidade no libro de texto' e 'A colaboración entre editores no intercambio de dereitos de autor'.

Proxección exterior
Para a tarde do venres desenvolverase a mesa redonda 'A proxección exterior das culturas. Experiencias das distintas asociacións. Posibilidade de accións conxuntas: vantaxes e inconvenientes'. A xornada rematará coa presentación da campaña de fomento da lectura promovida polo Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.AGE espera que deste novo encontro editorial poidan saír definidas "algunhas das políticas de actuación que marcarán o devir do libro nos próximos anos en catro realidades culturais con lingua propia e con moito que ofrecer no mundo da cultura en xeral e a edición en particular", como son Cataluña, País Vasco, Comunidade Valenciana e Galiza. O primeiro dos encontros Galeusca de Editores celebrouse en San Sebastián no mes de maio de 1996, mentres que Santiago de Compostela, foi o marco elixido para o terceiro encontro, celebrado en marzo de 2001 e que virou ao redor da diversidade lingüística ante a cultura global.


4/5 (6 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 4/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comunidades autónomas...sois, somos, Comunidades Autónomas. Salvo en la imaginación de los nacionalistas, que ahí si sois países, naciones milenarias y algunas mandangas más.

ecoe #2 4/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gracias á invotada -pola población actual, salvo nunha minoría insignificante- (con P) "constitución" -ademáis non foi constituínte-, e á cegueira seguidora incondicional -cuios maiores votaron daquela na sua contra, como os de Fraga-, a cencia xeográfica conta xa desde hai 35 anos, ca INCORPORACIÓN UNIVERSAL ( !!) e a aparición, de un novo concepto e termo xeográfico: comunidade autónoma!

Onde queira que merquedes revista Herodote ou libro de Xeografía, de Lacoste e George aquí, da xeografía Radical á Perceptiva, universalmente, atoparedes o novo achádego xeográfico. En calqueira idioma do mundo capaz de conter a Xeografía!

Outravolta e desde sempre: Spanish is diferent! Por xénese!

ecoe #3 4/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esquecía: e a tal con P, xa me entenden, rexirá per sécula seculorum, amén, os destinos da cencia xeográfica, que xamáis cencia ningunha poderá desmentir as VERDADES FUNDAMENTALES!

Ufff!

mceleiro #4 4/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E cada "comunidad autónoma" tem a sua correspondente "lengua minorizada/minoritaria". As línguas com estatus normal ficam para os nacionalismos dos estados.

Gaviiotero #5 6/Xuño/2008 Gaviiotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, he reabierto mi blog.

http://gaviotero2.blogspot.com
http://gaviiotero.blogspot.com

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: