Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A escolla das favoritas

Anímase a peneira dos ghits do verán

Este ano hai novidades para garantir a limpeza no proceso de votación, como a necesidade de estar rexistrado e só poder emitir un voto diario.

Redacción - 13:45 03/06/2008

Mentres comezan a chegar os primeiros temas e en apenas dúas semanas de concurso, xa se emitiron case 300 votos en A Polo Ghit!, repartidos entre os 13 temas que participan até o momento. E iso tendo en conta que cada usuario só pode emitir un sufraxio virtual ao día.

A pesar do pouco tempo que levamos con A Polo Ghit 2008, xa se van notando as preferencias dos internautas por algúns temas. Superan os 30 votos Os ocelotes, de Ulträqäns; Planeta 19, de Boy Elliott; Que o demo me leve, dos John Deeres, e, destacados xa a certa distancia, Rosiña, dos Mostoboys, e Chuliboy, de Projecto Mourente.

Como se detalla no punto 6 das bases do certame, para garantir a fiabilidade do voto electrónico, dende este ano é preciso rexistrarse para efectuar a elección, e non se poderá premer descontroladamente o botón de "votar", unicamente unha vez ao día. Ademais, agora, apoiar un tema implica que ese é o preferido de todos os candidatos, polo que tamén desaparece a posibilidade de valorar a canción do 1 ao 5.

Cada un os temas pódese escoitar en liña ou ben descargalos para gozar deles en calquera lugar, e máis agora que se achega o verán. O prazo de recepción de temas segue aberto, e xa seguen a chegar masivamente contribucións a esta edición de A Polo Ghit, que de seguro baterá marcas de participación.


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: