A pasada fin de semana, en Vilagarcía, tivo setecentos espectadores, superando mesmo a Indiana Jones.
A Rúa, O Barco, Ourense, A Coruña, Lugo, Compostela, Narón, Marín, Cee, Lalín, Leiro, Vilagarcía... Pradolongo segue o seu camiño por todas as vilas e cidade do país. Con atrancos, pelexando cada espazo para ser exhibida, pero co apoio do público, que proxección a proxección enche as salas. Pradolongo, un dos moi raros filmes rodados integramente en galego en toda a historia, está a demostrar que é posíbel, que se pode filmar unha película en galego e que, con esforzo, pódese distribuír e converterse en todo un éxito.
Leva corenta mil espectadores, comezando polos seis mil que viron os sucesivos pases que se ofreceron na comarca de Valdeorras, unhas cifras que o converten no filme galego de máis alta recadación. O éxito do filme fixo que varias vilas nas que non estaba previsto que se proxectase o solicitasen, como Xinzo, Marín ou Leiro. E sempre en salas comerciais, agás en Santiago de Compostela, onde ningún cine quixo exhibir a película, malia ao éxito colleitado noutras cidades, estreándose finalmente no Teatro Principal, co apoio do Concello.
"Non é doado, pero hai que estar aí: temos que empeñarnos, non nos podemos resignar", di Ignacio Vilar, que engade: o cinema galego ten que chegar ás salas comerciais". Pradolongo está abrindo un camiño para o futuro, para outros filmes: "o cinema galego pode facelo: trátase de contar boas historias".
Eu tamén quero o DVD!. E outra peli xa!. Aire fresco coma o de Pradolongo fai falta cando menos un par de veces ao ano. Superparabéns aos culpables.
BNon me enteréi do de Marín. En Pontevedra para cándo?
raro que non ande gavi por aqui decindo que este tamén vive da subención...
Ollo coas euforias desmedidas. En Vilagarcía o luns á tarde proxectaron a peli só para media ducia de persoas... Todos os meus parabéns aos da película, que é moi boa e bonita, etc., etc., mais poñamos os pés na terra, que hai moito que facer aínda para que a demanda de cinema galego e/ou en galego se note nas salas por activa e por pasiva.
#5: Un luns á tarde que película ten xente?
Vale, pois daquela é un éxito enormísimo que na área do Salnés, con perto de 100.000 habitantes, dos cales máis de 50.000 con idade suficiente para ir ao cine, só media ducia escolleran o luns á tarde para ver unha película que vai estar nas salas MGA canto... unha semana? e inda pro riba despois de que os responsables da fita, absolutamente meritoria, aplaudible e digna, insisto, pateasen nada menos que tres centros de secundaria cunha poboación escolar de máis de 2000 individuos/as (sen contar familiares e achegados)...
En fin, que uns danlle ghas ao ghlobo (ata que estoupe e levemos un chasco todos) e outros disimos o que hai, que non é por desgraza tan grande como debera ser.