Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Este sábado

Triatlón solidario en Ferrol

Este sábado 10 cidades de todo o Estado celebra o ‘Triatlón para todo@s', no que se recadarán fondos para unha decena de proxectos solidarios por todo o mundo.

Redacción - 18:55 03/06/2008

Este sábado 7 de maio desenvolverase en Ferrol unha décima parte do Triatlón para Todo@s-Día do Triatlón, toda unha festa deste deporte na que están programadas unha serie de probas e onde o prato forte ha ser o II Triatlón da Muller.

Ademais da cidade galega, outras nove de todo o Estado acollen esta celebración na que se han recadar cartos para dez proxectos solidarios distintos. A inscrición custa 2 euros, e os cartos van destinados á ONG Mundo Unido, que creou a iniciativa "Carreira Solidaria", co fin de canalizar a solidariedade dos deportistas e sensibilizar a sociedade sobre os problemas da pobreza extrema, a marxinación e a exclusión social existentes en moitos países, así como difundir proxectos e accións que contribúan a mellorar as condicións de vida dos máis desfavorecidos.

En Ferrol, en solidariedade con Cuba
Deste xeito, cada cidade apadriña un dos proxectos desta ONG, aínda que a recadación final se reparta entre os dez. En ferrol os triatletas, e todo aquel que o desexe, ha correr polo proxecto "Canastas Básicas" para Cuba, dedicado a cubrir a asistencia alimentar de familias, anciáns e nenos e nenas que están en situación de precariedade económica e de extrema pobreza a través do programa homónimo que desenvolve o goberno cubano.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: