Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En servizo a central de ciclo combinado

As Pontes convértese na localización de maior produción eléctrica no Estado

O que pasa por ser xa un dos maiores focos contaminantes de Europa engade unha peza máis ao complexo de produción enerxética.

Redacción - 09:00 04/06/2008

A nova central de ciclo combinado de Endesa nas Pontes, en probas desde hai poucos meses, entrou esta terza feira en fase de "operación comercial". Remata así un proceso iniciado en 2005 e no que a empresa investiu 367 millóns de euros. O resultado: o incremento en 850 megavatios do parque de xeración enerxética de Endesa, e de xeito concreto o aumento en até un 50% a potencia gasista que fornecía no conxunto do Estado.

A central de ciclo combinado xorde ademais a pé da vella central térmica, de 1.400 megavatios, e nun área onde Endesa xa dispoñía tamén de instalacións eólicas e hidráulicas con capacidade respectiva de 160 e 60 MW. O conxunto, convirte as infraestruturas da empresa en As Pontes na localización que reúne maior capacidade de produción eléctrica a nivel estatal. A nova central comparte coa térmica a captación de auga do río Eume e aproveita terreos desta para unha subestación pola que traslada a enerxía producida.

A central botará man para a súa actividade da veciña planta de Reganosa, onde contratou o equivalente a unha capacidade anual de 800 millóns de metros cúbicos de gas natural. Trátase dunha subministración que estivo en dúbida até hai pouco tempo, no cambaleo do acordo de Endesa con Gas Natural, que prefería optar por outra regasificadora para o traslado do gas, ofrecendo así un argumento engadido en contra da viabilidade da regasificadora mugardesa, que confiaba ter nesa contratación o seu principal cliente.

Outra peza nun "grave foco contaminante"
Durante a construción da central, desde o colectivo ecoloxista Verdegaia cualificaron de "inxustificábel" o proxecto de ciclo combinado d'As Pontes, laiándose de que se afondase no impacto ambiental, cualificado de "mínimo" pola empresa. Citan desde o colectivo un informe realizado pola consultora inglesa EMRC, que cualifica a central térmica de Endesa no lugar como "o foco emisor de toda Europa que maiores danos á saúde humana provoca por emisións de dióxido de xofre (SO2) e de óxidos de nitróxeno (NOX)".

Tamén desde a asociación Guerrilleiros das Fragas, sinalan que se trata dun proxecto "innecesario" non ámbito como o de Galiza "excedentario en enerxía". Desde o mesmo colectivo, advirten do perigo socio-ambiental e critican a proximidade á zona urbana.


3.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: