Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIO CLIMÁTICO

As Pontes e Meirama emiten máis CO2 que 660 mil familias xuntas

O colectivo Verdegaia acusa ao Goberno de non ter actuado no que vai de lexislatura para reducir as emisións de CO2

Redacción - 19:30 04/06/2008

As centrais térmicas de carbón galegas seguen a ser o principal problema ambiental galego. Segundo Verdegaia, as factorías das Pontes e de Meirama emitiron o ano pasado tanto dióxido de carbono (CO2) como 660.156 familias con hábitos enerxéticos insostíbeis.

O colectivo ecoloxista subliña que, aínda que as emisións do transporte se duplicaron entre 1990 e 2006, a produción eléctrica nas centrais térmicas de carbón do país segue a ser “con diferenza” a principal causa do cambio climático. Nun comunicado Verdegaia sinala que “as centrais térmicas emitiron en 2006 1,9 veces máis de CO2 que todos os coches, autobuses, e camións que circulan polas estradas galegas”.

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra este xoves, Verdegaia pide unha posta para reducir “drasticamente” a produción eléctrica de carbón. Pola contra, denuncian que a Xunta aínda non presentou un plan para reducir as emisións de gases de efectos invernadoiro, aínda que o bipartito se comprometeu a facelo ao longo da lexislatura que xa remata.

Dende Verdegaia tamén consideran que o Goberno tería que ter endurecido a taxa autonómica que grava a contaminación atmosférica e que a Consellaría de Industria tería que contemplar no Plan Enerxético 2007-20012 unhas liñas estratéxicas para a redución das emisións nas centrais.


4,9/5 (10 votos)


Comentarios (3)

mceleiro #1 4/Xuño/2008 mceleiro

A Galiza bucólica é o contentor do lixo do reino.

sirgulinho #2 5/Xuño/2008 sirgulinho

Se às Pontes e Meirama, lhe sumamos o que emite a central de Endesa em Cubilhos (O Bierzo), e mais Cementos Cosmos em Torao dos Vaos (O Bierzo) (que agora vai começar a incinerar lixo), os dados da contaminaçom no nosso país som para se botar as maos à cabeça...

remexendo #3 13/Xuño/2008 remexendo

Non vexo ningún comentario do Espartano Cesio ó respecto. Ou é que só lle preocupa defender á Reganosa?.Por certo Reganosa está participada maiormente por Endesa e Fenosa, esas que contaminas desde As Pontes e desde Meirama

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: